Guía de procedementos e servizos

IN117A

Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 28/02/2018 00:00 - 27/03/2018 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

1. A bolsa de formación na Escola Galega do Consumo ten como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da docencia e o seu ámbito.

2. A Escola Galega do Consumo elaborará un programa formativo que integrará aspectos relativos aos dereitos e deberes das persoas consumidoras e usuarias; a educación en materia de consumo responsable, tanto no eido do ensino regrado como non regrado; a innovación educativa e a educación e a formación en valores, e a investigación sobre os hábitos de consumo da sociedade galega. O programa formativo poderase estender a todas aquelas actividades de formación en materia de consumo responsable realizadas na Escola Galega do Consumo.

3. Así mesmo, a Escola Galega do Consumo nomeará un/unha titor/a responsable das actividades de formación que desenvolverá a persoa bolseira.

4. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2018 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira ata o 30 de decembro. Non se concederán bolsas para suplir baixas ou renuncias por tempo inferior a un mes.

Poderán optar á concesión desta bolsa as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999091 / 881999075

Email: igc.escuela@xunta.gal

http://consumo.xunta.gal

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Prazo de presentación: PECHADO

28/02/2018 00:00 - 27/03/2018 23:59

1. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. O prazo concluirá o mesmo día en que tivo lugar a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, o prazo expirará o último día do mes.

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. Só se lles concederá validez ás titulacións ou aos cursos homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.

c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias de licenciatura ou de grao: Maxisterio; Ciencias da Educación, especialidade de Educación Infantil, Primaria e Social; Pedagoxía; Psicoloxía; Socioloxía, ou equivalentes. A persoa solicitante deberá estar en posesión do correspondente título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter finalizado os estudos conducentes para a súa obtención no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.

d) Non desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.

e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.

f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.

g) Non ter sido beneficiario/a desta mesma bolsa en convocatorias anteriores por un tempo superior a catro meses.

h) Non incorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

i) Non incorrer en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Certificación académica oficial, na cal conste a nota media do expediente académico da titulación universitaria coa cal concorre.

    • b) Curriculum vitae, no cal se relacionen os estudos cursados e, se é o caso, a experiencia profesional.

    • c) Documentos acreditativos de todos os méritos alegados no curriculum vitae.

    • d) Xustificante do pagamento dos dereitos de expedición da titulación correspondente, se é o caso.

    • e) Títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, se é o caso.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) Certificado de empadroamento.

  • c) Celga 4 ou documento acreditativo do nivel de coñecemento do idioma galego expedido polos órganos competentes en materia de política lingüística.

  • d) Título/s universitario/s de licenciado ou grao. No caso de títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, será necesario presentar o documento orixinal ou unha copia compulsada e dixitalizada.

  • e) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa facenda pública da Comunidade Autónoma.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

  • a) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.

  • b) Non desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, ou non a autoricen expresamente cando sexa preciso, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Debido á capacidade técnica das persoas físicas beneficiarias da presente bolsa, que deben reunir a condición de tituladas universitarias, considérase que teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.

  • Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

  • Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 41 do 27 de febreiro de 2018).

    • Extracto da Resolución do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 41 do 27 de febreiro de 2018).

    • Resolución do 4 de xuño de 2018 pola que se concede unha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, convocada pola Resolución do 15 de febreiro de 2018 e se establece a lista de reserva (DOG nº 120 do 25 de xuño de 2018).

Outros procedementos relacionados

CO401A

Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.

CO401B

Denuncia en materia de consumo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED010A

Comisión de servizos do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.

Prazo aberto: 23/05/2025 00:00 - 05/06/2025 23:59

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano