Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IG501A - Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convocar para 2019 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende).
Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020 e, en particular:
Prioridade 6, área focal 6A: facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.
Medida 06: desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
Submedida 6.2: axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.
O restante 25 % correspóndese con cofinanciamento nacional, asumindo o 7,5 % a Administración xeral do Estado e o 17,5 % a Xunta de Galicia.
Esta convocatoria tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, e ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, existindo crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2019. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.
Proxectos obxecto de apoio
1. Serán subvencionables os proxectos dirixidos a crear emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
Para os efectos destas bases, a delimitación das zonas rurais establécese tendo en conta a clasificación proposta pola Comisión, denominada «grao de urbanización», que toma como unidade de referencia LAU2 (municipios) e na cal se definen tres categorías:
a) Zonas densamente poboadas (código 1): aquelas cunha densidade de poboación igual ou superior a 1.500 habitantes por km² e cunha poboación mínima de 50.000 persoas.
b) Zonas de densidade intermedia (código 2): aquelas nas cales menos do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais (onde as cuadrículas nas zonas rurais son as que están fóra das agrupacións urbanas) e menos do 50 % vive en altos grupos de densidade.
c) Zonas de baixa densidade (código 3): aquelas nas cales máis do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais. Os LAU2 cunha poboación inferior a 5.000 habitantes e co 90 % ou máis da súa área nas cuadrículas rurais foron reclasificados como rurais.
A definición das zonas rurais realízase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) nun territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración os 7 concellos dos núcleos de poboación máis grandes da Comunidade Autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).
A autoridade de xestión, xunto co Instituto Galego de Estatística, perfila as cuadrículas de estudo (1 km²) dentro de cada unha das zonas urbanas a nivel de parroquia. Neste sentido, as parroquias definidas como rurais ou intermedias de todos os concellos de Galicia poden ser admisibles para os efectos do financiamento de proxectos a través do PDR 2014-2020 e cofinanciados co fondo Feader. Porén, considéranse tamén non admisibles aquelas parroquias que están en concellos non urbanos pero si teñen parroquias que teñen esta característica (ZDP).
No anexo VIII inclúese a relación de parroquias non admisibles para os efectos das presentes bases.
2. Actividades. Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:
a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).
c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio retallista de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.
3. Para estes efectos, entenderase que existe unha nova actividade cando non coincida coa actividade preexistente a nivel de tres díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) e os gastos e/ou investimentos derivados da súa posta en marcha estean claramente vinculados á nova actividade.
Non se considera que existe nova actividade se a persoa física ou calquera dos socios dunha peme desenvolvese a mesma actividade por conta propia nos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.
4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
c) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea. A creación de emprego considerarase en unidades UTA. Para estes efectos, considérase UTA unha unidade de traballo anual, nos termos previstos no anexo I do Regulamento 651/2014, e equivale ao traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións de UTA. No caso de creación de emprego a tempo parcial, acumularanse as fraccións ata acadar a unidade, sen que computen creacións de emprego por fraccións as UTA restantes.
5. O plan de negocio que amose a viabilidade da iniciativa axustarase aos contidos definidos no formulario electrónico de solicitude da axuda e deberase referir exclusivamente a unha única actividade, á marxe doutras que poida desenvolver o solicitante. O plan de negocio describirá, como mínimo, os seguintes aspectos:
a) Antecedentes da entidade e/ou promotores.
1º. Capacidade técnica e tecnolóxica: recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, patentes I+D+i, certificacións de calidade e ambientais.
2º. Capacidade comercial: canles de comercialización, mercados, grao de internacionalización, exportacións.
3º. Capacidade económica: principais activos e aspectos máis significativos dos estados financeiros.
b) Proxecto.
1º. Orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto á entidade).
2º. Descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.).
3º. Necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).
4º. Necesidades de medios materiais (descrición dos materiais adquiridos e utilizados).
5º. Necesidades de persoal asociadas ao proxecto.
6º. Fases (calendario de execución) para a realización e para o logro dos obxectivos.
c) Produto e mercado.
1º. Tamaño do mercado, características e competencia.
2º. Análise comercial do produto (cota de mercado e comparación fronte á competencia).
d) Análise económica do proxecto.
1º. Previsións económicas.
2º. Estrutura do financiamento.
3º. Rendibilidade e previsións de tesouraría.
e) Obxectivos que se deberán acadar: realizar os investimentos e gastos necesarios para a execución do proxecto e contratación e/ou mantemento de postos de traballo. Débese incluír o detalle e desagregación de todas as partidas incluídas para cada un dos conceptos que se recollen no formulario. Con respecto aos gastos de persoal (custos de funcionamento), o dito detalle deberase facer por mes e traballador de xeito individual.
f) Dependendo da natureza e da magnitude da actuación proxectada, e con maior extensión e concreción en función destes principios, deberase incluír un capítulo específico sobre problemas relacionados co cambio climático, centrado nas medidas de mitigación e adaptación que se adoptarán. Debe achegarse información sobre:
– Aplicación de medidas orientadas a reducir o consumo de enerxía optando por elementos enerxeticamente máis eficientes: maquinarias, sistemas de calefacción e refrixeración, iluminación, equipamento de oficina.
– Aplicación de medidas orientadas a reducir as emisións: emprego de tecnoloxías de construción máis sustentables; instalación e funcionamento correcto dos equipamentos e dimensionamento adecuado deles; uso de sistemas de xestión de enerxía nos edificios (coxeración).
– Aplicación de medidas orientadas á redución de utilización, reutilización e reciclaxe de todo tipo de elementos.
Para os efectos de acadar un cálculo preciso do baremo definido no artigo 6.4 destas bases, será necesario que exista coherencia na información económico-financeira achegada no plan de negocio. Neste sentido será preciso que exista coherencia entre:
– A cifra de fondos propios recollida nas previsións económicas (balance) e na epígrafe de Estrutura do financiamento.
– As cifras recollidas nas previsións económicas (conta de perdas e ganancias) que supoñan custos de funcionamento (aprovisionamentos, gastos de persoal, outros gastos de explotación e gastos financeiros) e a recollida no concepto Custos de funcionamento da epígrafe anterior e obxectivos que se deberán acadar.
a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.
Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.
b) As microempresas e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.
Segundo a definición que resulta do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, ten a consideración de pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.
c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.
Para estes efectos, considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 1.1. destas bases reguladoras.
Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica. Para o caso das sociedades civís, poderán ser beneficiarias aquelas que acrediten constitución en escritura pública e inscrición no Rexistro Mercantil.
Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude da axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as sociedades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño), ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Non poderán ser beneficiarias as persoas físicas non empadroadas no medio rural, condición que se verificará no momento da solicitude e que debe cumprirse ata a fin do prazo de execución do proxecto fixado na resolución de concesión.
Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as persoas físicas ou xurídicas beneficiarias deste mesmo programa en convocatorias anteriores. Igualmente, non poderán ser beneficiarias empresas nas cales algún dos seus socios fose partícipe doutra empresa xa beneficiaria deste programa
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (Galicia rural emprende) (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2019).
Extracto da Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (Galicia rural emprende) (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2019).
Resolución do 1 de agosto de 2019 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (Galicia Rural Emprende) (DOG nº 161 do 27 de agosto de 2019).
Resolución do 19 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2020 (DOG nº 210 do 2 de novembro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
05/01/2019 00:00 - 04/03/2019 23:59
O prazo para presentar as solicitudes será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a) Para todas as solicitudes:
1º. Certificado de vida laboral na data de solicitude da axuda dos promotores (persoas físicas) e, no caso de sociedades, de todos os socios.
2º. Declaración responsable do representante legal da empresa de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda, que se deberá cubrir no formulario de solicitude.
3º. No caso de proxecto que recolla investimentos en obra civil, deberá achegarse:
i) Acta notarial de presenza ou control sobre o terreo ou certificado do técnico responsable da dirección de obra que acredite que na data de solicitude da axuda non se iniciaran os investimentos.
ii) Proxecto técnico visado elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de que sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.).
iii) Documentación técnica (proxecto técnico, memoria…) referida ao acondicionamento do local precisa para realizar a comunicación previa de actividade ou acreditación do concello de conforme non se require documentación ningunha para a posta en marcha da iniciativa, no caso de proxectos de execución de obras ou instalacións menores.
4º. Para poder atender a axuda Feader, as operacións de investimento irán precedidas dunha avaliación do impacto ambiental previsto de conformidade coa normativa específica aplicable a este tipo de investimentos cando poida ter efectos nocivos para o ambiente.
5º. Se o proxecto recolle a adquisición de equipamentos de segunda man, deberase achegar:
i) Certificación do vendedor conforme os bens non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
ii) Certificación de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial que inclúa a valoración desagregada dos activos que se van adquirir e coa mención expresa de que o prezo non é superior ao valor de mercado e non é superior ao custo dos bens novos similares.
6º No caso de proxecto que se localice en local arrendado, contrato ou precontrato de alugamento a nome do titular do expediente no cal se faga constar que o local se destinará ao fin concreto para o cal se solicitou a subvención. No caso de obra civil, a duración do contrato debe ser dun mínimo de 5 anos desde a data de finalización do proxecto; nos casos restantes, a duración do contrato debe ser dun mínimo de 3 anos desde a data de finalización do proxecto.
7º No caso de proxecto que prevexa a adquisición de edificacións, deberá achegarse un certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado no cal se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado e se detalle o prezo de compra, discriminando o valor do terreo do valor da edificación.
b) Para sociedades:
1º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores, de ser o caso.
2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
3º. De ser o caso, últimas contas depositadas no rexistro correspondente, relativas ao exercicio 2018 ou, de ser o caso, ao exercicio 2017, e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, en que figure o número de empregados do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance xeral.
c) Para membros de unidades familiares dunha explotación agrícola:
1º. Acreditación da inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
2º. Acreditación da cualificación de explotación agraria prioritaria.
3º. Acreditación do grao de parentesco co titular da explotación.
d) Para sociedades civís: escritura de constitución e a súa inscrición no Rexistro Mercantil.
De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se encontre en poder do Igape sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
De conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 7.2. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.
Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o cal se poderá requirir a exhibición do documento orixinal.
Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Para todas as solicitudes:
1º. DNI/NIE da persoa solicitante.
2º. DNI/NIE/NIF da persoa representante.
3º. Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
4º. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
5º. Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
b) Para sociedades:
1º. NIF da entidade solicitante.
2º. Documento acreditativo de alta no réxime da Seguridade Social.
3º. Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante.
4º. Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
c) Para membros de unidades familiares dunha explotación agrícola e para persoas físicas que teñan previsto desenvolver a súa actividade como empresarios individuais:
Certificado de empadroamento do solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Presentación das solicitudes.
Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
Deberanse cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
O plan de negocio estará integrado no formulario electrónico de solicitude de axuda.
A solicitude presentarase mediante o formulario normalizado que se obterá de maneira obrigatoria na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatoria a inclusión dos 40 carácteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
Unha vez xerada a solicitude, deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica, a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Queda acreditado que todos os solicitantes, sexan persoas físicas ou xurídicas, dispoñen dos medios electrónicos e dos coñecementos para realizar a tramitación electrónica polo feito de que todos os solicitantes exerzan ou prevexan exercer unha actividade económica e que deben achegar coa solicitude declaración sobre a súa capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto.
No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Os solicitantes por esta vía electrónica deberá reunir os seguintes requisitos:
a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, realizarase a anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, con indicación dos 40 caracteres do IDE e do enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de catro meses desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002
Axudas para a incorporación de novos titulados a actividades de mellora competitiva das empresas (Programa Talento Industria 4.0), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
Execución de proxectos innovadores de grupos operativos da AEI en materia de produtividade e sustentabilidade, agrícola e forestal.
Declaración de colleita de uva: Referencia SIXPAC das parcelas vitícolas