Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED701C
Valoración previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas aos cargos de xestión.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión establecido no artigo 2.4 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario (código de procedemento administrativo ED701C).
De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor en activo, tanto de carácter fixo como temporal, das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981534173
Fax: 981534174
Prazo de presentación: PECHADO
03/03/2020 00:00 - 31/03/2020 23:59
23/04/2020 00:00 - 01/06/2020 23:59
01/06/2020 00:00 - 15/06/2020 23:59
Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes dende o 01-06-2020 ata o 15-06-2020 en virtude do disposto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm.145 de 23 de maio de 2020).
Continúa o prazo de solicitudes do 23 de abril de 2020 ata o 1 de xuño de 2020 nos termos previstos na Resolución do 22 de abril de 2020 da Presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.4 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.2 da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración positiva será preciso:
1. Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.
2. Ter desempeñado algún dos seguintes cargos: reitor de universidade, vicerreitor ou secretario xeral da universidade, decano ou director de facultade, escola técnica superior ou escola universitaria; vicedecano, subdirector ou secretario de facultade, escola técnica superior ou escola universitaria, director de departamento e secretario de departamento, director de instituto universitario, en calquera das institucións universitarias ou de educación superior públicas galegas, estatais ou europeas; e aqueles cargos directamente relacionados coa xestión académica ou coa investigación equiparados, para os efectos exclusivos deste complemento, pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) aos recollidos no anexo I desta resolución.
3. Ter cesado no cargo por causa legal non derivada da comisión de delito ou falta no desempeño das funcións propias deste.
Computaranse os períodos de tempo de ocupación dos correspondentes cargos desde a entrada en vigor da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, ata o 31 de decembro de 2018, sempre e cando nesta derradeira data xa se tivese producido o cesamento efectivo.
4. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude polo consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de acordo co protocolo de avaliación aprobado para efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) na Orde do 16 de outubro de 2006.
Presentación das solicitudes
1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitude e a relación de cargos desempeñados ata o 31 de decembro de 2018, nos modelos dispoñibles na aplicación informática do consorico ACSUG, á cal se deberá acceder a través da páxina web: http://www.acsug.es/convocatorias-abertas.
Non se valorarán os méritos que non foran incorporados telematicamente a través da aplicación informática do consorico ACSUG.
2. Unha vez cuberta a solicitude (anexo II) da maneira indicada no punto anterior, xerarase o correspondente documento PDF e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presentase a súa solicitude en formato papel, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal.
Documentos necesarios para a tramitación do procedemento
1. Xunto coa solicitude (anexo II), as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:
– Documentación xustificativa dos cargos de xestión universitaria desempeñados fóra das universidades pertencentes ao SUG (certificado oficial emitido pola secretaría xeral da correspondente universidade ou órgano equivalente ou, de ser o caso, fotocopia dos boletíns ou diarios oficiais en que consten, respectivamente, o nomeamento e o cesamento).
– Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente no espazo dispoñible para o efecto na aplicación informática do consorcio ACSUG, á cal se accederá a través da paxina http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presentase a solicitude en formato papel, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. En todo caso, esta documentación debe presentarse antes do remate do prazo de convocatoria. No caso contrario non se terá en conta a documentación.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. Non se admitirá a trámite nin se valorará ningunha documentación xustificativa dos méritos alegados que non cumpran co disposto nesta base.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Estar integrado no cadro de persoal docente como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.
d) Cargos de xestión universitaria desempeñados nas universidades pertencentes ao Sistema universitario de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 19 de febreiro de 2020 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2019 (DOG nº 41 do 2 de marzo de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59
Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59
Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Prazo pechado: 06/09/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59