Guía de procedementos e servizos

ED314D

Subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 06/08/2019 00:00 - 05/09/2019 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

1. Facer pública a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a subvencionar o funcionamento de escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais

2. Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2019.

Os titulares das entidades sinaladas no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Obrigas das persoas beneficiarias.

1. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dos servizos provinciais de inspección educativa, realizará o seguimento da aplicación das axudas nos centros beneficiarios.

2. Así mesmo, o beneficiario ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

San Caetano s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546556 / 981546555

Email: sxapere@edu.xunta.es

Dirección Xeral de Formación Profesional
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

06/08/2019 00:00 - 05/09/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Non poderán ter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as institucións sen ánimo de lucro en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Estas axudas serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

1. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado anexo I (ED314D), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. As solicitudes serán subscritas electronicamente polo titular da entidade ou pola persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes para a presentación electrónica deste procedemento. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

5. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico sxapere@edu.xunta.gal.

Comprobación de datos

1. Para os efectos de simplificación da acreditación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social, a entidade beneficiaria presentará a declaración responsable prevista no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Poderán comprobarse automaticamente os datos incluídos nos seguinte documentos elaborados polas administracións públicas e datos incluídos na declaración responsable:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificación de estar ao día coa AEAT.

d) Certificación de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificación de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Documentación necesaria para efectuar o libramento

1. Para que se poida dar curso aos libramentos, os solicitantes deberán achegar:

a) Copia dos estatutos da asociación ou fundación solicitante dos que debe desprenderse que se trata dunha entidade sen ánimo de lucro, e que entre os seus obxectivos figura a formación en ensinanzas de música.

b) Memoria xustificativa das actividades docentes do curso 2018/19, en que se inclúa, cando menos, o indicado para cada un dos catro ámbitos de ensino das escolas de música de acordo co establecido no punto 5 da Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril):

– Música e movemento: indicación do número de alumnos/as desagregados por cada curso de iniciación e de formación básica.

– Práctica instrumental: número de alumnos/as por especialidade.

– Formación musical complementaria á práctica instrumental: número de alumnos/as por materia relativa ao coñecemento da linguaxe e teoría musical, e ao desenvolvemento da educación auditiva.

– Actividades de conxunto: agrupacións vocais e instrumentais coas que contou a escola de música, indicando en cada caso o número de alumnado que formou parte delas.

c) Memoria económica, que incluirá:

– Relación clasificada dos gastos da actividade, referentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2019, con identificación do/a acredor/a e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento, segundo o estipulado no artigo 48 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) A relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen, se é o caso, a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

2. A documentación xustificativa para o libramento deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

3. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Esta documentación preséntase separadamente da solicitude polo que se deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. En todo caso, o beneficiario terá como data límite para a presentación da xustificación completa o 31 de outubro de 2019.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 75 do 22 de abril de 1993).

    • Orde do 23 de xullo de 2019 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (DOG nº 147 do 5 de agosto de 2019).

    • Extracto da Orde do 23 de xullo de 2019 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (DOG nº 147 do 5 de agosto de 2019).

    • Orde do 2 de decembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 23 de xullo de 2019 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (DOG nº 235 de 11 de decembro de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

BS324D

Programa Xuventude Mentoring na empresa

Tramitar en liña

Prazo pechado: 31/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59

BS420C

Axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 12/07/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59