Guía de procedementos e servizos

ED306A

Adxudicación de prazas de residencia en centros residenciais docentes.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 11/06/2019 00:00 - 09/08/2019 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento (código ED306A) para adxudicar as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo ao alumnado que no curso académico 2019/20 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

2. No caso de centros docentes privados concertados deberá tratarse de ensinanzas e niveis incluídos no ámbito do concerto educativo.

Alumnado que no curso académico 2019/20 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

Obrigas das persoas residentes.

1. As persoas beneficiarias de praza deberán incorporarse á residencia na data de inicio do curso escolar e respectar o réxime interno, as normas de convivencia e os horarios que permitan o normal desenvolvemento da vida residencial e docente.

Así mesmo, deberán presentar na secretaría do centro residencial o boletín oficial ou documento acreditativo das notas parciais obtidas durante o curso no prazo máximo de cinco (5) días seguintes á súa entrega por parte do centro docente.

2. Os centros residenciais docentes permanecerán pechados as fins de semana (desde o venres pola tarde ata o domingo pola noite) tal e como establezan as normas de réxime interno do centro.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

San Caetano, s/n - Bloque II - 2º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546521 / 981547301

Fax: 981546542

Email: sxcentros@edu.xunta.es

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/06/2019 00:00 - 09/08/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 12 de xullo de 2019 (este incluído).

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de agosto de 2019 (este incluído).

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2019/20.

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.

Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa.

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, e no capítulo II do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitude presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

  • O formulario normalizado de solicitude e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo I e II), ademais estarán dispoñibles:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes.

  • A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante, ou polo seu representante legal, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos exixidos nela e que todos os datos contidos na solicitude e na documentación achegada son certos; así mesmo, que reúne os requisitos necesarios para obter o título académico que indica.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude:

    • Cando se trate de alumnado que solicita praza por primeira vez ou de alumnado residente sen reserva de praza:

      • a) O anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), de ser o caso.

      • b) Xustificante da matrícula para o curso académico 2019/20.

      • c) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Se non ten libro de familia ou este non reflicte a situación, poderá acreditar o número de membros da familia utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

        • 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador.

        • 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

      • d) Certificado de convivencia da persoa solicitante e os demais membros computables da familia no mesmo domicilio.

      • e) Certificado oficial das notas del curso escolar 2018/19 e se non cursase estudos neste, o do último curso que realizase.

      • f) Certificado do grao de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

      • g) Documentación xustificativa da exención dos requisitos de non repetir curso ou de non ter abandonado por dúas veces os estudos iniciados.

      • h) Documentación acreditativa da concorrencia de circunstancias persoais ou familiares moi graves para eximir do requisito de accesibilidade aos estudos desde o lugar de residencia.

      • i) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero. Poderá acreditarse en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

      • j) Resolución xudicial xustificativa do acollemento familiar.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación presencialmente no centro residencial ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • Os documentos achegados deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, agás a renda da unidade familiar, que será a correspondente ao exercicio fiscal 2017. No caso de violencia de xénero, observarase o disposto na lexislación específica.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante cando sexa menor de idade e do resto dos membros computables da unidade familiar.

b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na súa falta, certificado tributario de imputacións do exercicio 2017, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

b) Grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia á persoa solicitante ou ao resto dos membros computables da unidade familiar.

c) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33 %), por parte da persoa solicitante ou o resto dos membros computables da unidade familiar.

d) Falecemento de persoa proxenitora do alumnado.

e) Estar inscrita a persoa proxenitora como demandante de emprego e ter esgotado a prestación e/ou o subsidio por desemprego.

2. No caso de que as persoas interesadas (o alumnado solicitante e os membros computables da unidade familiar) se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e no de comprobación de datos dos membros da unidade familiar e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Declaración responsable do alumnado residente.

1. O alumnado residente con reserva de praza deberá indicalo na solicitude marcando o correspondente recadro do modelo normalizado (anexo I).

2. A sinatura da solicitude implicará a seguinte declaración: que os estudos que vai realizar no curso 2019/20 son necesarios para completar un nivel educativo ou ciclo formativo que dea lugar á obtención de título académico; que se manteñen as circunstancias familiares, de lugar de residencia e económicas que deron lugar á adxudicación inicial, e que non repite curso.

3. En calquera momento, a dirección do centro residencial docente poderá requirirlle a documentación acreditativa de reunir os requisitos indicados.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente no centro residencial ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/20 (DOG nº 108 do 10 de xuño de 2019).

    • Extracto da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/20 (DOG nº 108 do 10 de xuño de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano