Guía de procedementos e servizos

CT402F

Subvencións áo fomento e promoción do talento musical.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 28/09/2019 00:00 - 28/10/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento e profesionalización do talento musical, en concreto, para o lanzamento dunha primeira produción fonográfica ou para o apoio á consolidación do artista, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CT402F).

2. A finalidade destas axudas é o impulso aos proxectos de deseño, preprodución, produción, edición e promoción de produtos fonográficos (fonogramas e videoclips) que deba conter maioritariamente obra de artistas galegos ou que estén interpretadas por músicos galegos, realizadas por parte de empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modalidades.

1. Poderán ser obxecto desta subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais as seguintes modalidades de proxectos:

Modalidade A: subvencións para o lanzamento dun artista musical coa edición da súa primeira produción fonográfica.

Estarán dirixidas a aquelas empresas de producción fonográfica que presenten proxectos de artistas que non teñan un primeiro álbum (cun mínimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingles.

O importe da subvención non superará os 2.000 euros e será, como máximo, o do 50 % do orzamento total do proxecto presentado.

Modalidade B: subvencións para o apoio á consolidación do artista.

Estarán dirixidas a aquelas empresas de produción fonográfica que presenten proxectos de artistas que xa teñan un primeiro álbum (cun mínimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingle publicados e non máis de catro álbums ou corenta singles-videosingles.

O importe da subvención non superará a cantidade de 10.000 euros e non superará o 50 % do orzamento total do proxecto presentado.

1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas, físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción e promoción de actividades musicais, que se atopen dadas de alta no IAE de produción ou edición discográfiaca e que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Quedan exceptuadas entre outras as fundacións, as asociacións de utilidade pública, as delegacións de fundacións estranxeiras inscritas no Rexistro de Fundacións, as federacións e asociacións das entidades sen fins lucrativos, as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento á que se refire a Lei 23/1998, do 7 de xullo, de cooperación internacional para o desenvolvemento, así como calquera outra entidade sen fins de lucro.

Requisitos para solicitar a axuda:

– Ter social ou estatutariamente como obxecto social a produción fonográfica e estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención (epígrafe 355.2).

– Que a entidade fonográfica teña editados un mínimo de 2 álbums dun mínimo de 30 minutos publicados, no período comprendido desde a publicación desta convocatoria e os tres anos anteriores a ela.

3. Solo poderá solicitarse un máximo de dúas propostas por modalidade e solicitante.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Obrigas.

1. Os beneficiarios destas axudas adquiren as obrigas que se reflicten nesta resolución e no resto da normativa de aplicación e as que se relacionan a seguir:

– Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da Administración estatal ou da Unión Europea, aos cales se facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento, e conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control e de conformidade co procedemento recollido nos artigos 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

– Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

– Os beneficiarios terán a obriga de dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento facendo constar os logotipos da Agadic, da Xunta de Galicia e Xacobeo 21, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, inseríndoos nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións que a entidade subvencionada e coa seguinte expresión «coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia)» e Xacobeo 21.

2. O incumprimento das anteriores obrigas previstas e deberes por parte dos adxudicatarios dará lugar á exixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da indicada Lei galega 9/2007, sen prexuízo do disposto na cláusula décimo sétima destas bases.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais

Departamento de Fomento e Promoción de Políticas Culturais

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996098

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano