Guía de procedementos e servizos

CT402D

Subvencións a salas de artes escénicas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 29/03/2019 00:00 - 29/04/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para o fomento da estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada e para o desenvolvemento das súas programacións artísticas de carácter profesional e aprobar a súa convocatoria para o ano 2019.

Gastos subvencionables.

1. Só se admitirán como gastos subvencionables os efectivamente pagados con anterioridade ao remate da xustificación, que indubidablemente sexan custos vinculados ao funcionamento da sala e ao desenvolvemento do proxecto de programación presentado con data comprendida entre o 1 de novembro do ano anterior 2018 ata o 31 de outubro do ano 2019 correspondente, e que se inclúan entre os seguintes:

– Gastos do persoal contratado (salarios e cotizacións sociais) vinculado ao proxecto e das persoas socias ou traballadoras, cun límite global do 40 % do gasto total do proxecto, e con límite por persoa traballadora de 2.000 euros brutos mensuais.

– Gastos xerais do funcionamento da sala: alugamentos, subministracións, gastos correntes e de servizos, seguros, gastos de xestoría, os gastos financeiros recollidos no artigo 29.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, cun límite global do 40 % do gasto total do proxecto.

– Gastos de investimentos vinculados á programación (remuneración por espectáculos, gastos por servizos asociados á programación, dereitos de autor, gastos de difusión e publicidade).

2. Non serán subvencionables os gastos relativos:

– Aos xuros debedores das contas bancarias.

– Ao imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

– A calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto da subvención.

3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

4. En canto á subcontratación estarase ao disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

1. Poderán acceder ás axudas as persoas físicas e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 150 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2019, debendo probar a dispoñibilidade da sala mediante copia de escritura, contrato de alugamento ou calquera documento válido en dereito, así como estar en posesión da licenza de apertura para a cal solicita a axuda e que realizasen un mínimo de 60 representacións no ano 2018.

2. Poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou as entidades enumeradas no parágrafo anterior que se atopen na situación que fundamenta a concesión da subvención e concorran as circunstancias previstas na presente convocatoria.

Obrigas específicas dos beneficiarios.

A persoa ou entidade subvencionada asume a obriga de cumprir a presente convocatoria e, en concreto, as obrigas seguintes:

1. Facer constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, inseríndoos nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións que a entidade subvencionada.

2. Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

3. Inscribir a programación da sala na plataforma de xestión www.galescena.gal, nos prazos establecidos pola Axencia.

4. Cumprir coas exixencias establecidas e publicadas na páxina web da Agadic en canto ao funcionamento e programación da RGS dado que como beneficiarios destas axudas conformarán a Rede galega de salas (RGS).

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais

Departamento de xestión

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996070

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

http://www.agadic.info

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano