Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT143A
Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. En cumprimento do seu obxectivo de promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións e favorecer a comunicación social das artes plásticas, o CGAC vén desenvolvendo un importante traballo editorial no eido da arte contemporánea, recollendo e documentando tanto as súas actividades e exposicións como a súa colección.
2. Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.
Poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente textos inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.
Obrigas da persoa beneficiaria, compatibilidade e reintegro.
1. A persoa beneficiaria queda obrigada a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Cultura e Turismo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado, a achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e demais obrigas establecidas no artigo 11 da citada Lei 9/2007.
2. Os premios serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.
3. Procederá a revogación da subvención, así como o reintegro total ou parcial da cantidade percibida e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC
Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC
R/ Valle Inclán, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546614 / 981546615
Email: xerencia.cgac@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
15/06/2019 00:00 - 15/10/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación destas bases e convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de outubro de 2019.
- Non poderán resultar premiados os participantes, nos cales concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Os textos que se presentarán serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e dunha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos espazos.
- No caso de se presentar en formato físico a candidatura, incluirase unha copia do texto en exemplares separados, paxinados e grampados ou encadernados, en formato DIN A4, mecanografados, a dobre espazo e por unha soa cara. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato que poida identificar a persoa participante e, polo tanto, que rompa o anonimato. O incumprimento deste aspecto provocará a exclusión do proceso.
As persoas interesadas deberán achegar a solicitude segundo o modelo que figura como anexo I a esta orde.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) 1 copia do texto.
b) Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que os documentos que cómpre presentar de forma electrónica superen os tamaños máximos establecidos ou teñan un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada. A información actualizada sobre os tamaños máximos e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do II Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2019 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2019).
-
Extracto da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do II Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2019 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos Camiños de Santiago.
Prazo pechado: 16/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59
Premios da Cultura Galega
Prazo pechado: 09/07/2025 00:00 - 22/09/2025 23:59
Bolsas de estadía do consello da cultura galega na Casa de Velázquez en Madrid.
Prazo pechado: 24/06/2022 00:00 - 26/07/2022 23:59