Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR970B
Bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Consello da Cultura Galega.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Esta resolución ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións que rexerán a convocatoria de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación concretos que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e que se inclúen como anexos a esta resolución (procedemento PR970B), na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.
As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican na base 6 da convocatoria.
Dúas bolsas para colaborar na Área de Publicacións: Estas bolsas teñen como finalidade colaborar na Área de Publicacións do Consello da Cultura Galega.
Dúas bolsas para colaborar na Área de Documentación: Estas bolsas teñen como finalidade colaborar na Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.
Duración.
As actividades iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada, tal e como dispón a base 11 desta convocatoria. A duración de cada unha das bolsas será de sete (7) meses, e a data estimada de comezo é o 1 de xuño de 2018 e a de remate, en calquera caso, o 31 de decembro de 2018. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.
As persoas que non se incorporen no prazo establecido perderán os dereitos inherentes á bolsa concedida, agás causa xustificada de atraso apreciada polo presidente do Consello da Cultura Galega.
Poderán solicitar estas bolsas ou ser persoas beneficiarias delas as persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada bolsa se sinalen nos anexos desta resolución, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión da titulación universitaria requirida para a bolsa para a cal presente solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a el no curso académico 2010-2011 ou posterior.
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.
d) Non resultar persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.
e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro).
Comunidade Autónoma de Galicia
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar-Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957202
Email: rexistro@consellodacultura.gal
Prazo de presentación: PECHADO
03/05/2018 00:00 - 04/06/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.
Requisitos específicos das persoas solicitantes: Dúas bolsas para colaborar na Área de Publicacións:
Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:
– Ser licenciado/a ou graduado/a nas áreas de Comunicación, Humanidades e Ciencias Sociais ou titulacións equivalentes.
Valoraranse como méritos:
– Posuír experiencia en edición de textos e edición dixital.
– Posuír coñecementos de tradución e corrección.
– Posuír coñecementos de informática.
Requisitos específicos de las personas solicitantes: Dos becas para colaborar en el Área de Documentación:
Para solicitar las becas a que se refiere la presente convocatoria es necesario, además de reunir los requisitos generales establecidos en la base cuarta de esta resolución:
– Ser licenciado/a o graduado/a en Documentación y Humanidades u otras titulaciones equivalentes.
Se valorarán como méritos:
– Poseer conocimientos de catalogación en formatos Marc.
– Poseer conocimientos de programas de catalogación.
– Poseer conocimientos de informática.
– Poseer experiencia en gestión documental.
Solicitude. Anexo IV.
No anexo IV inclúense as seguintes declaracións responsables:
a) Declaración de non atoparse incursa/o en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Declaración responsable das axudas ou de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para o mesmo período.
e) Declaración conforme non resultou persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación académica oficial completa (orixinal ou copia debidamente cotexada), na cal se fará constar a nota media do expediente académico da titulación, obtida de acordo co baremo establecido na Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro). Os/as titulados/as que accederon a estudos de 2º ciclo desde unha titulación de 1º ciclo deberán enviar, ademais, a certificación deste 1º ciclo, igualmente con expresión da nota media do expediente académico.
As persoas solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xurada. A certificación do expediente académico deberá indicar a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas. Deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE núm. 224, do 18 de setembro), como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET); e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola devandita Resolución do 15 de setembro de 2011.
b) Certificación do Celga 4 ou perfeccionamento da lingua galega (orixinal ou copia debidamente cotexada), agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou graos equivalentes. Se este documento foi expedido pola Xunta de Galicia, achegarase copia só no caso de que a persoa interesada se opoña expresamente á súa consulta no anexo de solicitude.
c) Currículo, cubrindo o anexo V das bases reguladoras, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos específicos e méritos alegados.
A experiencia laboral acreditarase a través da copia compulsada dos contratos de traballo, informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou ben a través de copia compulsada de certificado expedido polo organismo onde se realizaron as prácticas.
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada de solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobacións de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos (das persoas solicitantes, neste caso) incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
DNI/NIE da persoa solicitante.
Titulo oficial universitario de licenciado ou grao.
Certificados de coñecemento da lingua galega Celga 4 ou curso de perfeccionamento.
Certificación de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións (Axencia Estatal de Administración Tributaria).
Certificación de non ter débedas contraídas coa Seguridade Social (Tesouraría Xeral da Seguridade Social).
Certificación de non ter débedas contraídas coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Os formularios tamén estarán dispoñibles na páxina web do Consello da Cultura Galega (http://www.consellodacultura.gal).
A presentación das solicitudes poderá, de igual forma, facerse de forma presencial no rexistro do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar; Praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela).
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 19 de abril de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria (DOG nº 84 do 2 de maio de 2018).
-
Extracto da Resolución do 19 de abril de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria (DOG nº 84 do 2 de maio de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.
Aberto todo o ano
Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.
Aberto todo o ano
Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.
Aberto todo o ano
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG - GPC.
Prazo pechado: 24/01/2025 00:00 - 24/02/2025 23:59