Guía de procedementos e servizos

MR516C

Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

É obxecto deste decreto:

a) A creación do Rexistro Galego de Explotacións Apícolas.

b) A determinación dos requisitos do libro de explotación apícola.

Tamén é obxecto deste decreto regular:

a) A codificación do sistema de identificación das colmeas.

b) Os asentamentos apícolas nas explotacións de autoconsumo.

c) O establecemento de requisitos adicionais para a realización da transhumancia na comunidade autónoma.

d) A determinación das actuacións sanitarias na loita contra a varroose.

Este decreto será de aplicación a todas as explotacións apícolas de Galicia, así como aos asentamentos de explotacións que realizan a transhumancia nesta comunidade.

Para os efectos do establecido neste decreto, serán de aplicación as definicións establecidas no artigo 2 do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, coas modificacións introducidas polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril.

Ademais, establécense as seguintes definicións unicamente para os efectos do disposto neste decreto:

a) Vivenda rural habitada: aquela vivenda que estea permanente ou periodicamente habitada e situada nunha área rural.

b) Camiño veciñal: as vías de comunicación de dominio e uso público, destinadas basicamente ao servizo de vivendas e explotacións e instalacións agropecuarias, e que, por non reunir as características técnicas e requisitos para o tráfico xeral de vehículos automóbiles, non se poidan clasificar como estradas.

c) Pista forestal: aquela que dá acceso a terreos forestais no treito que discorre por solo rústico de uso forestal.

d) Núcleo de poboación: conxunto de 5 ou máis vivendas xeograficamente conxuntas conformando rúas, prazas ou vías urbanas.

Condicións dos asentamentos apícolas das explotacións de autoconsumo.

1.Os asentamentos apícolas das explotacións de autoconsumo, entendidas estas como as utilizadas para a obtención de produtos das colmeas con destino exclusivo ao consumo familiar, sen que o número máximo de colmeas supere as 15, deberán respectar as seguintes distancias mínimas con respecto a:

a) Establecementos colectivos de carácter público e núcleos de poboación: 400 metros.

b) Vivendas rurais habitadas, incluídas ou non en núcleos rurais: 50 metros. Para o cálculo desta distancia consideraranse tamén como vivenda as instalacións contiguas a ela: construcións, instalacións de lecer (pistas deportivas, piscinas, ...) e terreos contiguos cultivados para autoconsumo (hortas, invernadoiros, ...) nos cales a presenza humana sexa frecuente.

c) Instalacións pecuarias: 50 metros. Para o cálculo desta distancia considerarase a nave, cortello ou alpendre en que se manteñan habitualmente aos animais.

d) Autoestradas, autovías, corredores e vías rápidas: 100 metros medidos desde as arestas exteriores da explanación.

e) Estradas convencionais de titularidade estatal, restantes estradas autonómicas ou provinciais previstas na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia: 50 metros medidos desde as arestas exteriores da explanación.

f) Estradas locais e camiños veciñais: 25 metros.

g) Pistas forestais: as colmeas poderán instalaranse nas beiras sen obstruír o paso.

Para o cálculo de distancias nos asentamentos apícolas das explotacións de autoconsumo non se terá en conta a vivenda e instalacións pecuarias do propio apicultor.

2. A distancia para estradas e camiños do número 1) poderase reducir nun 50% se o colmenar está situado en pendente e a unha altura ou desnivel no plano superior maior de dous metros coa horizontal destas estradas e camiños. Si dita altura ou desnivel supera os tres metros no plano superior, a redución poderase incrementar ata o 75%.

3. As distancias establecidas no punto 1) poderán reducirse ata un máximo do 75% sempre que exista unha barreira física de, polo menos, dous metros de altura, entre a colmea e a fronte que estea situada cara á estrada, camiño ou establecemento de referencia para determinar a distancia. Esta barreira física poderá ser de calquera material natural ou artificial que obrigue as abellas a iniciar o voo por riba dos dous metros de altura.

4. As reducións previstas nos puntos 2) e 3) non serán acumulables entre si e a distancia a vivendas rurais habitadas e instalacións pecuarias en ningún caso poderá ser inferior a 25 metros.

5. No caso de explotacións apícolas de autoconsumo cun número igual ou menor a catro colmeas, as distancias referidas a vivendas rurais habitadas e instalacións pecuarias poderán reducirse ata os 12,5 metros. Así mesmo, para este tipo de explotacións, a distancia mínima respecto dos núcleos de poboación poderá reducirse ata os 50 metros mediante a instalación dunha barreira física de polo menos 2 metros de altura. Para o establecemento desta distancia terase en conta a localización da edificación máis próxima pertencente ao citado núcleo de poboación.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999070

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Exención de tratamento contra a varroase en explotacións apícolas pertencentes a entidades incluídas nun programa experimental ou proxecto de investigación ( 31.07.30)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude segundo o Anexo V.

  • No caso de solicitude de renovación anual, declaración dos cambios con respecto á autorización inicial.

  • Xustificante de ter aboado as taxas correspondentes.

  • Acreditación da representatividade, se é o caso.

  • Memoria completa do proxecto de investigación ou experimentación.

  • Identificación das persoas propietarias e localización das colmeas incluídas no procedemento.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • NIF da entidade solicitante.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

    • Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 126 de 30 de xuño de 2009).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 608/2006, de 19 de mayo, por el que se establece y regula un Programa nacional de lucha y control de las enfermedades de las abejas de la miel BOE nº 131, de 2 de junio de 2006).

Outros procedementos relacionados

IN855A

Programa Ignicia proba de concepto.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano