Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR515I
Axudas ás explotacións gandeiras pertencentes á Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Concesión de axudas aos titulares de explotacións gandeiras inscritas nos rexistros do Consello Regulador que xestiona a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, para compensar parcialmente os sobrecustos de produción destas explotacións.
As persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións gandeiras situadas en Galicia, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 54 61 85
Email: prodgandeiras.sscc.cmrm@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
04/01/2024 00:00 - 05/02/2024 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
1. Ser titulares dunha explotación de gando bovino inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia que estivese en estado de alta con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2024, agás quen iniciase a actividade a través dun cambio de titularidade de explotacións en estado de alta con anterioridade a esa data.
En caso de fusión de explotacións xa existentes, considerarase a data de inicio da actividade do titular con maior antigüidade.
2. Que a explotación estea de alta no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia no momento da solicitude da axuda.
3. Que a explotación estea inscrita nos rexistros do Consello Regulador que xestiona a IXP Ternera Gallega durante algún período do ano 2023.
4. Que a explotación teña animais rexistrados durante 2023 como Ternera Gallega (TG) ou Ternera Gallega Suprema (TGS) polo Consello Regulador que xestiona a indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e, ademais que finalizasen o seu ciclo produtivo dentro do dito ano.
5. Cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante (de ser o caso).
c) NIF da persoa xurídica solicitante.
d) NIF da entidade representante (de ser o caso).
e) Rexistros do Consello Regulador da IXP Ternera Gallega.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Concesións de subvencións e axudas.
j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
k) Concesións pola regra de minimis.
l) Datos e estado das explotacións gandeiras das persoas solicitantes no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia.
Os datos da letra e) serán facilitados polo Consello Regulador que xestiona a IXP Ternera Gallega, mediante a certificación correspondente, unha vez recibidas e examinadas as solicitudes.
Os datos da letra l) xa figuran en poder da Administración. Serán comprobados de oficio polo órgano xestor mediante a consulta realizada á aplicación Regan da Consellería do Medio Rural.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás explotacións gandeiras pertencentes á indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 22 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás explotacións gandeiras pertencentes á indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2024).
-
Resolución do 28 de maio de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás explotacións gandeiras pertencentes á indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 117 do 18 de xuño de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.
Aberto todo o ano
Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. Convocatoria 2025.
Aberto todo o ano
Recoñecemento da persoa veterinaria responsable ou colaborador/a dos programas sanitarios da ADSG
Aberto todo o ano
Modificación do Programa sanitario das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
Aberto todo o ano