Guía de procedementos e servizos

PR948A

Recoñecemento da condición de deportistas galegos de alto nivel.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Prazo pechado: 01/06/2020 00:00 - 30/06/2020 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto da presente resolución é estipular o procedemento co código PR948A en que se establece o modelo de solicitude para o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel e a documentación que se debe achegar.

Deportistas galegos de alto nivel.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Plans e Programas

Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas) - 2ª andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996367 / 881996360

Fax: 881996368

Email: monica.carballo.miguez@xunta.gal

https://deporte.xunta.gal/

Secretaría Xeral para O Deporte
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/06/2019 00:00 - 01/07/2019 23:59

01/11/2019 00:00 - 02/12/2019 23:59

01/06/2020 00:00 - 30/06/2020 23:59

Prazo de presentación de solicitudes do mes Xuño de 2020: Desde: 01/06/2020 Ata: 30/06/2020.

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se prorroga o recoñecemento de deportistas galegos/as de alto nivel.

Segundo a Resolución do 14 de maio de 2018 (DOG nº 97 do 23 de maio de 2018) o prazo de presentación de solicitudes está aberto durante os meses de xuño e novembro. Prazo de presentación de solicitudes do mes Xuño de 2019: Desde: 01/06/2019 Ata: 01/07/2019 Prazo de presentación de solicitudes do mes Novembro de 2019: Desde: 01/11/2019 Ata : 02/12/2019

a) Ter veciñanza administrativa en Galicia no momento da solicitude de recoñecemento e durante o desfrute dos beneficios derivados desta.

b) Ter máis de 16 anos na data en que se adopte a resolución de recoñecemento.

c) Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva galega dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria, desde, polo menos, o un de xaneiro do ano anterior ao do recoñecemento.

d) Non estar cumprindo sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave, ou sanción administrativa firme en materia deportiva de carácter grave ou moi grave, no momento da solicitude de recoñecemento nin durante o desfrute dos beneficios derivados.

e) Acreditar o nivel deportivo exixido na modalidade practicada. Este nivel acreditarase segundo a Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para o recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro.

  • .As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • Anexo II: certificación da federación deportiva correspondente ao candidato en que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3, letras c), d) e e), do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, así como os resultados deportivos obtidos polo solicitante en competicións ou actividades oficiais durante os dous anos inmediatamente anteriores á solicitude polos que se solicita o recoñecemento, así como calquera outro aspecto que poida resultar relevante en atención ao fin perseguido.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante.

  • c) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 5 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2020, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 208 do 15 de outubro de 2020).

    • Resolución do 30 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2020, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 162 do 13 de agosto de 2020)

    • Resolución do 22 de abril de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2019, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 87 do 7 de maio de 2020).

    • Resolución do 2 de abril de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se prorroga o recoñecemento de deportistas galegos/as de alto nivel (DOG nº 73 do 16 de abril de 2020).

    • Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes (DOG nº 11 do 19 de xaneiro de 2004).

    • Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para o recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro (DOG nº 106 do 3 de xuño de 2005).

    • Resolución do 14 de maio de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproba o modelo de solicitude para o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel (DOG nº 97 do 23 de maio de 2018).

    • Resolución do 13 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2018).

    • Resolución do 14 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 183 do 25 de setembro de 2018).

    • Corrección de erros. Resolución do 14 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 194 do 10 de outubro de 2018).

    • Resolución do 25 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 67 do 5 de abril de 2019).

    • Resolución do 4 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a corrección de erros da Resolución do 25 de marzo de 2019 pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 110 do 12 de xuño de 2019).

    • Resolución do 12 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2019, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 138 do 22 de xullo de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano