Guía de procedementos e servizos

PR947B

Auditorías das contas anuais das federacións deportivas galegas.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 17/07/2018 00:00 - 30/10/2018 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

O obxecto da presente resolución é determinar as federacións deportivas galegas que deberán presentar o informe de auditoría das contas anuais de 2017, establecer o procedemento con código PR947B e a forma de presentación da documentación requirida nos termos fixados no plan de auditorías aprobado pola Resolución do 21 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se regula o plan de auditorías das federacións deportivas de Galicia.

As federacións deportivas galegas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Rúa Madrid 2-4 Fontiñas, 2ª andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996362

Secretaría Xeral para O Deporte
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

17/07/2018 00:00 - 30/10/2018 23:59

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación das contas anuais auditadas nos termos establecidos nesta resolución rematará o 30 de outubro de 2018.

  • As persoas representantes deberán achegar a seguinte documentación:

    • Informe de auditoría das contas anuais de 2017 da Federación Deportiva Galega.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF da entidade solicitante.

  • b) DNI o NIE da persoa representante.

  • A presentación será obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, con código PR947B, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas entrega a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que realice a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a súa presentación electrónica.

Para a presentación das contas auditadas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 21 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se regula o plan de auditorías das federacións deportivas de Galicia (DOG nº 63 do 30 de marzo de 2017).

    • Resolución do 26 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se acorda o plan de auditorías das contas anuais de 2017 das federacións deportivas galegas (DOG nº 135 do 16 de xullo de 2018).

    • Corrección de erros. Resolución do 26 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se acorda o plan de auditorías das contas anuais de 2017 das federacións deportivas galegas (DOG nº 150 do 7 de agosto de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE001A

Inscrición no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano

PR940B

Revogación do recoñecemento.

Aberto todo o ano

PR940C

Inscrición no rexistro da galeguidade.

Aberto todo o ano