Guía de procedementos e servizos

PR945C

Subvencións a clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 12/04/2018 00:00 - 11/05/2018 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

O obxecto destas bases é establecer o réxime das axudas a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.

As presentes bases outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva, conforme o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas.

Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Obrigas das entidades beneficiarias.

As entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:

a) Incluír o logotipo da Secretaría Xeral para o Deporte, dispoñible para os efectos na páxina web http://deporte.xunta.gal/, nos medios de comunicación da entidade. Así mesmo, os clubs que compitan a nivel estatal deberán incluír no vestiario deportivo oficial o citado logotipo.

b) Colaborar nas actividades programadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e, especialmente, mediante a participación dos xogadores, adestradores e equipo técnico nas actividades, cursos, conferencias ou clínics dirixidos a deportistas de base e á comunidade educativa, agás nos casos de coincidencia de datas con campionatos oficias estatais ou internacionais, ou ben que a súa participación puidera interferir de forma negativa na súa programación de adestramentos cara a unha proba concreta.

c) Facilitar a incorporación dos deportistas nas convocatorias das seleccións galegas para participar en torneos ou campionatos oficiais ou amigables, agás nos casos de coincidencia de datas con campionatos oficias estatais ou internacionais, ou ben que a súa participación puidera interferir de forma negativa na súa programación de adestramentos cara a unha proba concreta.

d) Conservar, nos seguintes catro anos, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

e) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 16 das presentes bases.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Rúa de Madrid, 2-4, 2º andar (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996365

Fax: 881996368

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Deporte da Coruña

Praza de Agustín Díaz nº 1

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981132443

Fax: 981132527

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Deporte de Lugo

Rolda da Muralla nº 70-1º

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294559

Fax: 982294565

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Deporte de Ourense

Avda. da Habana, nº 79-4º andar

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386044 / 988386051

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Deporte de Pontevedra

Sección de Promoción Deportiva en Vigo

Fotógrafo Luis Ksado, 17

36209  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 886218286

Fax: 886218286

Secretaría Xeral para O Deporte
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

12/04/2018 00:00 - 11/05/2018 23:59

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a convocatoria do ano 2018.

Para os exercicios orzamentarios seguintes publicarase a convocatoria e o crédito orzamentario correspondente a ese ano, empezando a contar o prazo de presentación o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

1. Para ser beneficiaria destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co plan Galicia saudable da Xunta de Galicia:

– Galicia activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).

– Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).

2. Non poderán obter a condición de beneficiarios destas subvencións:

a) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia nos cales concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares que fosen sancionados pola federación deportiva correspondente no ano anterior á convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes provocadas polas persoas espectadoras e asistentes.

c) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares que discriminen nos premios ou recoñecementos que outorguen as persoas deportistas por razón de xénero.

d) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares que non teñan adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, no momento da solicitude.

e) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares que non teñan actualizados os datos da súa xunta directiva no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia no momento da solicitude.

  • Xunto coa solicitude achegarase, de ser o caso, e segundo os anexos que se publicarán coa convocatoria, a seguinte documentación complementaria:

    • Declaración de adhesión, de ser o caso, ao manifesto pola igualdade no deporte (anexo III).

    • Certificado acreditativo, de ser o caso, de que a presidencia, vicepresidencia, secretaría xeral ou a tesourería da entidade está ocupada por unha muller (anexo IV).

    • Certificado acreditativo, se é o caso, de participación da entidade na actividade denominada «Coñece o meu club», integrada dentro do programa Xogade (anexo V).

    • Certificado acreditativo, se é o caso, de non ter a sede social nunha instalación ou edificio de titularidade pública ou, estando situado nelas, devindiquen un canon ou prestación económica pola súa ocupación (anexo VI).

    • Poder de representación, no caso de que non sexa o/a presidente/a da entidade quen actúe como persoa representante na tramitación deste procedemento.

  • Comprobación de datos.

Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos dos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa representante.

  • b) NIF da entidade solicitante.

  • c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias con AEAT, coa Seguridade Social e coa Administración tributaria de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

  • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

  • A documentación complementaria presentarase por vía electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixital do documento orixinal. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma prevista no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 3 de abril de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 70 do 11 de abril de 2018).

    • Extracto da Resolución do 3 de abril de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2018 (DOG Núm. 70 Mércores, 11 de abril de 2018).

    • Resolución do 21 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes admitidas, as suxeitas a emenda e as inadmitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 3 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 125 do 2 de xullo de 2018).

    • Resolución do 20 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 3 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 163 do 28 de agosto de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano