Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR461A
Inscrición proceso selectivo unitario Auxiliar Policía Local.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O obxecto desta convocatoria e a selección de 109 postos de auxiliares de policía local.
O presente proceso selectivo rexerase polo establecido nestas bases e para o non previsto observarase o disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que a desenvolve, e na Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos da policía local.
Persoas aspirantes a Policía Local.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Avenida da Cultura, s/n
36680 Estrada, A (Pontevedra)
Teléfono: 886206110
Email: formacion.agasp@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
05/04/2018 00:00 - 03/05/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto.
c) Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima establecida no artigo 53.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015.
d) Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
e) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán acreditar a súa homologación.
f) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.
Todos os requisitos anteriores deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, mantelos durante o procedemento de selección, contratación e/ou permanencia na listaxe de reserva.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Conforme dispón a Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, a taxa por participación neste proceso selectivo é de 25,40 euros, que serán ingresados, mediante o modelo xeral de autoliquidación de taxas.
Poden acceder a el desde a páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.es), a través da cal poderá pagar no caso de non ter certificado dixital: de forma presencial na entidade colaboradora, das cales existe unha listaxe pública nesa mesma páxina web, ou telematicamente con tarxeta bancaria. No caso de ter certificado dixital, poderá pagar accedendo á oficina virtual, de forma presencial, telematicamente mediante cargo na conta ou con tarxeta.
As/os aspirantes deberán cubrir, nas epígrafes habilitadas para efecto no referido modelo de autoliquidación de taxas, tanto se o pagamento se fai de xeito presencial na entidade colaboradora coma telematicamente a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia, os seguintes códigos:
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Código: 04.
Delegación de Pontevedra.
Código: 40.
Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública.
Código: 19.
Taxa. Denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Código: 30.03.04.
Total: 25,40 euros.
Ademais, as/os aspirantes cubrirán os seus datos persoais nas epígrafes reservadas para tal fin no devandito modelo.
Están exentas do pagamento desta taxa:
a) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.
Teñen dereito a una redución do 50 % do importe da taxa:
a) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
b) As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
A falta de xustificación do pagamento íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión da persoa aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento e comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI da persoa representante.
c) Situación de desemprego.
d) Carné de familia numerosa, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.
e) Celga 3.
f) Titulación exixida (graduado en ESO ou equivalente).
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Ademais, as persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:
a) Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.
b) Copia do carné, de ser o caso, de familia numerosa, no suposto de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.
c) Certificado médico en que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican para a fase de oposición nestas bases, e que non padece enfermidade nin se está afectado/a por limitación física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co desenvolvemento das funcións do posto de traballo. O anterior non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicta no certificado médico.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere o tamaño máximo establecido ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).
-
Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).
-
Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).
-
Corrección de erros.-Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2009)
-
Decreto 60/2010, do 8 de abril, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, en materia de uniformidade, acreditación e medios técnicos (DOG nº 75 do 22 de abril de 2010)
-
Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 89 do 12 de maio de 2010).
-
Corrección de erros.-Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 98 do 26 de maio de 2010).
-
Lei 9/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 131 do 12 de xullo de 2016)
-
Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).
-
Orde do 22 de marzo de 2018 pola que convoca proceso selectivo unitario e se aproban as bases reguladoras para postos de auxiliares da policía local (DOG nº 65 do 4 de abril de 2018).
-
Resolución do 4 de maio de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para a cobertura de 109 postos de auxiliar de policía local (DOG nº 87 do 7 de maio de 2018).
-
Resolución do 14 de maio de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para a cobertura de 109 postos de auxiliar de policía local (DOG nº 92 do 15 de maio de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Habilitación - Modificación de entidades de certificación de conformidade municipal.
Aberto todo o ano
Queixa ou denuncia de asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Inscrición no proceso de acceso por promoción interna, categoría de oficial de Policia Local.
Prazo aberto: 11/11/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59
Inscrición no proceso de provisión por mobilidade, categoría de oficial de Policía local.
Prazo aberto: 11/11/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59