Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR446A
Axudas aos plans de reestructuración e reconversión da viña en Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, conforme os requisitos e condicións establecidos para esta medida nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.
2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento MR446A) para a súa execución anual ou bianual, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde.
Investimentos subvencionables.
1. O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha o varias das actividades seguintes:
a) A reimplantación de viñas.
b) A reconversión varietal.
c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.
As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus custos unitarios máximos recóllense no anexo VI desta orde.
2. Non se subvencionará:
a) A renovación normal dos viñedos que chegaran ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.
b) As operacións de xestión diaria dun viñedo.
c) A protección contra danos ocasionados pola caza maior, aves ou saraiba.
d) Construcións de cortaventos e muros de protección contra o vento.
e) Vías de acceso e elevadores.
f) Adquisición de vehículos agrícolas.
g) As operacións realizadas con material de segunda man.
h) As novas plantacións de viña concedidas en virtude dos artigos 63 e 64 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
i) As arrincas naquelas superficies onde se empreguen autorizacións de plantación concedidas en virtude dos artigos 66 e 68 do Regulamento (UE) 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, non xeradas pola arrinca efectuada na aplicación do plan de reestruturación e con anterioridade á solicitude do plan.
j) O imposto do valor engadido (IVE).
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación. Así mesmo, no marco do Programa nacional de apoio ao sector vitivinícola 2019-2023 (PASVE 2019-2023), poderán acollerse a estas axudas os futuros viticultores definidos no artigo 2.c) desta orde.
2. Non poderán ser beneficiarios:
a) Aquelas persoas viticultoras que contraveñan a normativa vixente en materia de plantacións de viña, para calquera das superficies de viña da súa explotación.
b) Aquelas persoas viticultoras que solicitasen axuda, no marco do PASVE 2019-2023, para realizar unha operación de reestruturación e reconversión da viña e, logo de aprobada, renuncien á súa execución ou non a fagan no exercicio indicado na solicitude aprobada, salvo causas de forza maior e circunstancias excepcionais que poden recoñecerse conforme os casos previstos no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e nos casos excepcionais que estableza a normativa autonómica.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO, S/N
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546884
Fax: 981546892
Prazo de presentación: PECHADO
17/04/2018 00:00 - 16/05/2018 23:59
O prazo para presentar as solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Os requisitos que deberán cumprir as persoas beneficiarias son:
1. Só poderán figurar nun único plan, agás que a reestruturación e/ou reconversión se leve a cabo en distintas provincias.
2. Deberán ter presentada a declaración de colleita de uva da campaña anterior, agás que non tivesen a obriga de presentala.
3. Ter inscritas, ao seu nome no RVG, as parcelas de viña e/ou as resolucións de arrinca, autorizacións de replantación, dereitos de replantación e/ou autorizacións de plantación por conversión de dereitos que se van incluír nos plans ou, no seu defecto, antes do remate do prazo de solicitude destas axudas, presentar as correspondentes solicitudes para a concesión de autorización de plantación por conversión e/ou de replantación, e sempre antes da caducidade das ditas autorizacións para incluír nestes plans.
4. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias seguintes:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.
5. Cumprir a normativa nesta materia e, en particular, o novo réxime de plantacións de viña, conforme o Real decreto 772/2017, do 28 de xullo, polo que se regula o potencial de produción vitícola.
6. As comunidades de bens ou sociedades civís deberán cumprir as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles (anexo I), que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Tamén deberán nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario correspondan á agrupación. Así mesmo, deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á que solicite o pagamento final.
7. Non ter pendente ningún procedemento de recuperación de pagamentos indebidos destas axudas nos tres anos anteriores á convocatoria en curso.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante, de ser o caso.
b) Anexo II: datos do plan colectivo, de ser o caso.
c) Anexo II-bis, de ser o caso.
d) Anexo III: acordo subscrito entre as persoas viticultora integrantes do plan, só para os plans colectivos.
e) Documentación xustificativa da propiedade ou disposición por calquera réxime de tenza da parcela onde se vai reestruturar e/ou reconverter a viña.
f) Anexo IV: relación Sixpac das parcelas agrícolas que integran a explotación.
g) Cartografía vixente cos datos identificativos dos recintos Sixpac incluídos na solicitude, tanto dos iniciais, se se incorpora ao plan co viñedo sobre o terreo, como dos finais onde se vai situar a parcela reestruturada, cando esta non coincida coa inicial ou cando achega ao plan autorizacións de replantación e/ou de plantación de viña por conversión de dereitos de plantación.
h) Informe de vida laboral, no caso de cumprir co criterio do artigo 27.d).
i) Para aquelas solicitudes cuxo peticionario sexa unha comunidade de bens ou unha sociedade civil, pacto de indivisión de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á cal solicitou o pagamento final.
j) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.
k) Tres orzamentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.
ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
iii. Deberán incluír como mínimo o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante (se fose o caso).
c) NIF da entidade solicitante.
d) DNI/NIE da persoa representante do plan colectivo (se fose o caso).
e) DNI/NIE da persoa técnica do plan colectivo (se fose o caso).
f) Certificado da renda (IRPF).
g) Datos catastrais das parcelas.
h) Certificación descritiva e gráfica das parcelas.
i) Estar ao día de pagamento de obrigas tributarias (AEAT).
j) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
k) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
l) Comunicación ou autorización de cambio de actividade forestal a agrícola.
m) Informe do xefe do servizo territorial correspondente da consellería competente en materia de agricultura responsable dos traballos de concentración parcelaria, acerca de que a operación de que se trate non supón ningún prexuízo para o proceso.
n) Título oficial universitario da persoa técnica do plan colectivo.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio, no anexo II ou no anexo II-bis de ser o caso, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Segundo o indicado no artigo 29 do Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola, a presentación das solicitudes realizarase de maneira electrónica.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado co código do procedemento MR446A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Para presentar as das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Nas ditas solicitudes indicarase o tipo de operación que se desexa realizar, anual ou bianual, se solicita anticipo para algunha destas dúas anualidades, así como o detalle das accións subvencionables entre outra información, de obrigado cumprimento con suxeición estrita ao seu calendario de execución, nos termos previstos nesta orde.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaracion dos gastos que xustifican o uso de anticipos concedidos (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 73 do 16 de abril de 2018).
-
Extracto da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 73 do 16 de abril de 2018).
-
Corrección de erros. Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 88 do 8 de maio de 2018).
-
Resolución do 18 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e denegadas ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2019).
-
Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
-
Orde do 17 de decembro de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria e se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2020, e se modifican as bases reguladoras das convocatorias de 2018 e de 2019 (DOG nº 255 do 21 de decembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano