Guía de procedementos e servizos

MR265C

Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 01/03/2019 00:00 - 26/02/2020 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluída a loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidos nesta resolución.

1. As persoas provedoras solicitarán o pagamento da axuda conforme o modelo previsto no anexo IV desta resolución, na forma establecida no artigo 7.3, e dirixirase ao servizo territorial do Fogga da provincia onde radiquen os centros escolares correspondentes.

Previamente á presentación da solicitude, a persoa provedora gravará na aplicación informática que o Fogga habilitará para estes efectos os datos relativos á repartición de produtos por centro escolar.

Rematada a gravación, a aplicación xerará un código de peche que será imprescindible para cubrir o anexo IV de solicitude de pagamento.

2. Só será admisible unha única solicitude de pagamento para cada período de distribución e grupo de produto.

3. A solicitude de pagamento presentarase no prazo establecido no capítulo II desta resolución.

Se o prazo de presentación da solicitude de pagamento excede en menos de 60 días naturais, a axuda verase reducida como se indica a continuación:

a) Un 5 %, se o prazo se supera entre 1 a 30 días naturais.

b) Un 10 %, se o prazo se supera entre 31 a 60 días naturais.

Cando o prazo se exceda en máis de 60 días naturais, a axuda reducirase, ademais, nun 1 % por cada día adicional, calculado sobre o saldo restante.

4. A persoa solicitante cubrirá a declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ás distintas administracións ou entes públicos para o mesmo proxecto, das concedidas por estas e doutros ingresos e recursos que financien as actividades subvencionadas, que se inclúe nesta solicitude.

Os alumnos dos centros escolares.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981546268

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294454

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386942

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805442

Fax: 986805569

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/03/2019 00:00 - 26/02/2020 23:59

Curso escolar 2018/2019: Desde o 1 de marzo de 2019 ata o 26 de febreiro de 2020 (inclusives).

  • A persoa provedora xuntará, a través da aplicación informática, a seguinte documentación complementaria:

    • a) As facturas das cantidades de produtos efectivamente subministradas, por centro escolar e por grupo de produto (froita ou leite).

    • b) Os albarás de entrega dos produtos, asinados e selados polo centro escolar.

    • c) O certificado, selado e asinado polo centro escolar, no cal figuren o número de alumnos/as matriculados/as ao comezo do curso escolar e o número de alumnos/as participantes na liña de axuda, por nivel de ensino e tipo de produto, coas cantidades efectivamente subministradas.

    • d) No caso de subministrar produtos avalados polos réximes de calidade recollidos no artigo 5.3 desta resolución, achegarase a documentación acreditativa correspondente:

      • 1º. Provedores produtores: certificado emitido polo órgano competente correspondente de que os produtos distribuídos nos centros escolares están avalados por un réxime de calidade diferenciada, e/ou fotografía da etiquetaxe dos produtos distribuídos onde figure a dita denominación.

      • 2º. Os demais: copia da factura de compra dos produtos que se distribuíron aos centros escolares onde figure a denominación de produto de calidade diferenciada e/ou fotografía da etiquetaxe dos produtos distribuídos onde figure a dita denominación.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Estar ao día nas obrigas tributarias co Estado.

  • b) Estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

  • c) Estar ao día nas obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o Fogga poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da declaración. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da declaración, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da declaración e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2018/19, e a convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).

    • Extracto da Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2018/19, e a convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR205A

Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR265A

Participación no Programa Escolar.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59

MR265B

Axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 29/08/2025 00:00 - 29/09/2025 23:59