Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR241D
Comunicación de cesión de dereitos do Réxime de Pago Básico (RPB).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Os dereitos de pago base poden ser obxecto de cesión polos agricultores a outros agricultores, ben en venda, arrendamento ou calquera outra forma admitida en dereito.
As formas de cesións dos dereitos poden ser :
a) Definitivas por:
Herdanzas, cambios de personalidade xurídica, fusións e escisións, compravendas, xubilacións, ceses anticipados, finalización anticipada de arrendamentos, incapacidade laboral permanente, renuncias voluntarias a favor da Reserva Nacional e sentencias xudiciais.
b) Temporais por:
Arrendamentos, modificacións de arrendamentos debidos a cambios de titularidade.
Agricultores/as titulares de dereitos de pago básico con explotacions situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Gandeiras da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546270
Fax: 981546182
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Prazo de presentación: PECHADO
01/11/2017 00:00 - 31/05/2018 23:59
O período de comunicación iniciarase o 1 de novembro de 2017 e finalizará o 31 de maio de 2018.
En todos so casos:
Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es.
Xeral:
Fotocopia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que non outorguen a autorización para consultar os datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.
Fotocopia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
Fotocopia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.
Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as fotocopias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
Específica:
Dependerá do tipo de cesión e, con carácter xeral pode consistir nalgún dos documentos seguintes:
Contrato de cesión, venda ou arrendamento de dereitos de pago básico, de terras (hectáreas admisibles), ou de ambos.
Testamento con, de ser o caso, a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou da súa excepción.
Documentos acreditativos de xubilacións da actividade agraria na que o ou os cesionarios dos dereitos sexan familiares de primeiro grao do cedente e programas aprobados de cese anticipado ou incapacidade laboral permanente do cedente así como do cambio de titularidade.
Documentos acreditativos de cambios do rexime ou estatuto xurídico do titular que inclúan un cambio de NIF.
Documentos acreditativos de fusións ou agrupacións en persoas xurídicas ou entes sen personalidade xurídica, ou de excisións de persoas xurídicas ou de agrupacións de persoas físicas.
Documentación acreditativa da finalización anticipada de arrendamentos de dereitos de pago básico con terra.
De ser o caso, documento de renuncia voluntaria a favor de la reserva nacional
Nota: Por petición do Fogga deberá presentarse calquera outra documentación xustificativa.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade á asignación e á denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2019 e se notifican as resolucións pendentes das campañas 2015, 2016, 2017 e 2018 (DOG nº 178 do 2 de setembro de 2020).
-
Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2018).
-
Orde do 26 de febreiro de 2018 pola que se establecen excepcións ás normas de condicionalidade de aplicación de xurros e esterco da Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2018).
-
Corrección de erros. Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2018).
-
Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade á relación de persoas beneficiarias e aos importes das axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distinta de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).
-
Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade á relación de persoas beneficiarias e aos importes das axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).
-
Resolución do 12 de novembro de 2019 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 6 de febreiro de 2018 (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2019).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común (BOE nº 307, do 20 de decembro de 2014).
-
Real Decreto 1172/2015, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, o Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común, e o Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (BOE nº 312, do 30 de decembro de 2015).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Programas de planificación zoosanitaria
Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59