Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN201G - Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Así mesmo, quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis (agás no caso dos concellos), polo que non poderán exceder os límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).
3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007) consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2017 exixidos para a participación en eventos expositivos do ano 2018. Respecto das feiras que se celebren no período posterior á data de xustificación da subvención establecida no artigo 18, consideraranse aqueles gastos efectivamente pagados ao remate da finalización da data de xustificación da subvención.
Agás os investimentos recollidos na alínea anterior, todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.
1) Para titulares de obradoiros artesanais.
Consideránse actuacións subvencionables:
a) A participación como expositor en feiras profesionais de artesanía nacionais ou celebradas no extranxeiro nas cales non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80% do investimento, cun máximo de 3.000,00 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
b) A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da comunidade autónoma, que se celebren nos mercados nacionais ou internacionais. Poderase solicitar un máximo de 3 feiras no caso de que estas se celebren no período posterior á data de xustificación da subvención e aínda non tivesen data de convocatoria ou de apertura do prazo de inscrición na data de finalización do prazo de presentacion das solicitudes.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 1.100 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
c) A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms.
A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 1.100 euros de subvención por actuación, impostos excluídos.
Son gastos subvencionables os que ocasione o aluger do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorio sinalados polo regulamento da feira. No caso de actuacións recollidas na alínea a) serán subvencionables, ademais, os gastos que ocasione a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo. No caso das actuacións sinaladas na alínea b), serán subvencionables tamén os gastos que orixine a contratación de servizos de transporte do material expositivo realizados por un transportista profesional ou empresa de transporte.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar 8.000,00 euros, IVE excluído.
2) Para concellos.
Consideránse actuacións subvencionables a organización e celebración de feiras de artesanía:
a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.
b) Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluindo a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores, sobre o total de postos, de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesanais). Para as que non alcancen o 80 % de expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira.
Son gastos subvencionables a infraestrutura, os servizos propiamente feirais e a publicidade que cumplan co establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (en diante, Decreto 193/2011).
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.
3) Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns.
Consideránse actuacións subvencionables:
a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de distintos oficios cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso, que conten cun mínimo dun 80 % de expositores (sobre o total de postos) de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesanais). A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por certame.
Son gastos subvencionables a infraestrutura, os servizos propiamente feirais e a publicidade.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000,00 euros.
b) Participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no extranxeiro en que non se realice venda directa con retirada da mercadoría.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 7.000 euros de subvención por feira.
Son gastos subvencionables os que ocasione o aluger do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira, así como os gastos que ocasione a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.
5. Actuacións e gastos non subvencionables:
a) Gastos derivados da participación en feiras: construción das casetas, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes (coas excepcións recollidas nos números anteriores), axudas de manutención, desprazamentos, aloxamento e publicacións.
b) Organización e celebración de feiras: gastos derivados de seguros non obrigatorios, axudas de manutención, desprazamentos e aloxamento, regalos promocionais e a realización de cócteles e actos análogos, gastos de persoal propio da entidade de que se trate, así como calquera outro gasto derivado da súa actividade habitual.
c) Organización, celebración e participación en feiras de carácter gastronómico e turístico.
d) Os impostos recuperables ou repercutibles polo/a beneficiario/a e os investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.
e) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionadas coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
a) Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, que cumpran o seguinte requisito:
– Figurar o obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.
b) Asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia legalmente constituídas que cumpran o seguinte requisito:
– Que cando menos 10 dos seus membros figuren inscritos na sección segunda (obradoiros artesanais) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
c) Concellos que cumpran o seguinte requisito:
– Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que organicen feiras de artesanía.
Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nos solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Fundación Pública Artesanía de Galicia
Área Central, 1º-Local 25MN.
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999171 / 881999175
Fax: 881999170
Email: centro.artesania@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545599 / 881999178
Fax: 981545541
Email: cei.dxcomercio@xunta.es
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2018).
Orde do 11 de xuño de 2018 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201G) (Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro de 2018) (DOG nº 115 do 18 de xuño de 2018).
Resolución do 24 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018)
Corrección de erros. Resolución do 24 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 154 do 13 de agosto de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
02/02/2018 00:00 - 01/03/2018 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
-
Xunto coa solicitude (anexo II) deberá presentarse a documentación que se refiere a seguir.
-
Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante, que deberá estar en vigor:
-
1. Titulares de obradoiros artesanais:
-
Anexo II.
-
Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención.
-
Folla de solicitude de espazo da feira onde se especifiquen os servizos contratados. No caso de certames e feiras non profesionais de artesanía, a Dirección Xeral de Comercio e Consumo solicitará a certificación dunha asociación profesional de artesáns de Galicia acreditativa da solvencia do evento respecto do seu arraigo e indubidable interese comercial.
-
-
As solicitudes de subvención para a participación en feiras que ao final do prazo de presentación de solicitudes aínda non tivesen data de convocatoria ou de apertura do prazo de inscrición poderán substituír a factura pro forma ou o orzamento detallado de gastos realizado polo provedor ou tarifa oficial de gasto, así como a folla de solicitude de espazo da feira, por unha estimación de gastos en que se especifiquen os servizos que se van contratar, asinada pola persoa solicitante ou representante da entidade.
Para a participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms:
-
Memoria explicativa en que consten a infraestructura do posto e, se for posible, os días de presentación, horario e lugar de realización e identificación da entidade organizadora.
No caso de comunidades de bens:
-
Deberán constar expresamente (anexo IV) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.
Respecto dos obradoiros que soliciten a participación en feiras de artesanía que no momento da resolución de concesión aínda non dispoñan de data de convocatoria ou non teñan aberto o prazo de inscrición e as entidades organizadoras non emitan facturas pro forma:
-
Poderase substituir a documentacion que figura nas alíneas anteriores por un informe da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, por proposta da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que acredite a relevancia, arraigamento e interese comercial do evento e que informe da non apertura dos prazos de inscrición e das datas de convocatoria da feira de que se trate, con data inmediatamente anterior á proposta de resolución de concesión. Esta documentación non será achegada polo solicitante.
-
2. Asociacións profesionais e empresariais de artesáns:
-
Anexo II.
-
Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención.
-
Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia autentica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.
No obstante, no presente procedemento admitiranse os documentos en papel ou copias debidamente compulsadas debido a circunstancias funcionais e/ou tecnolóxicas derivadas da implantación progresiva por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma en relación á organización da emisión das copias auténticas electrónicas.
Participación en feiras:
-
Folla de solicitude de espazo da feira onde se especifiquen os servizos contratados.
Organización de feiras:
-
Anexo V.
-
Memoria explicativa do evento en que consten os seguintes datos: datas de celebración, horario e lugar; número de edición, relación de expositores e de obradoiros artesanais en que se indicará o NIF do obradoiro ou, se for o caso, do seu responsable para os efectos da súa consulta no RXAG; relación de oficios convocados (segundo o anexo V). Este anexo acompañarase dun informe da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
-
Esbozo do recinto feiral; infraestrutura do recinto con servizos cos que conta e características dos postos; campaña publicitaria que se realizará para a difusión do evento e calquera outro aspecto relacionado co evento.
As solicitudes de subvención para a participación ou organización de feiras que ao final do prazo de presentación de solicitudes aínda non tivesen data de convocatoria ou de apertura do prazo de inscrición:
-
No caso de participación en feiras, poderase substituír a factura pro forma ou o orzamento detallado de gastos realizado polo provedor ou tarifa oficial de gasto, así como a folla de solicitude de espazo da feira, por unha estimación de gastos en que se especifiquen os servizos que se van contratar, asinada polo representante da entidade.
-
No caso de organización de feiras, ademais do sinalado na alínea anterior respecto das facturas pro forma, a relación de expositores e de obradoiros artesanais que se presentará coa documentación entenderase referida á edición inmediatamente anterior (anexo V).
En ambos os dous casos, con anterioridade á proposta de resolución de concesión da subvención, requirirase a presentación desta documentación (artigo 20.4 e 5 da Lei 9/2007).
-
Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da asociación profesional e/ou empresarial de artesáns que acredite a relación de asociados que a integran, indicando o seu NIF correspondente.
-
3. Concellos:
-
Anexo II.
-
Os gastos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa.
-
Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.
No obstante, no presente procedemento admitiranse os documentos en papel ou copias debidamente compulsadas debido a circunstancias funcionais e/ou tecnolóxicas derivadas da implantación progresiva por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma en relación á organización da emisión das copias auténticas electrónicas.
-
Anexo V.
-
Memoria explicativa do evento en que consten os seguintes datos: datas de celebración, horario e lugar; número de edición, relación de expositores e de obradoiros artesanais en que se indicará o NIF do obradoiro ou, se for o caso, do seu responsable para os efectos da súa consulta no RXAG; relación de oficios convocados (anexo V).
-
Esbozo do recinto feiral; infraestrutura do recinto cos servizos con que conta e características dos postos; campaña publicitaria que se realizará para a difusión do evento e calquera outro aspecto relacionado co evento.
-
Xustificar que se atopa ao día na rendición de contas xerais ante o Consello de Contas de Galicia, de acordo co previsto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011.
-
As solicitudes de subvención para a organización de feiras que ao final do prazo de presentación de solicitudes aínda non tivesen data de convocatoria ou de apertura do prazo de inscrición poderanse acompañar da documentación seguinte:
-
Poderase substituír a factura pro forma ou o orzamento detallado de gastos realizado polo provedor ou tarifa oficial de gasto, por unha estimación de gastos en que se especifiquen os servizos que se van contratar, asinada pola persoa representante da entidade.
-
A relación de expositores e de obradoiros artesanais que se presentará coa documentación entenderase referida á edición inmediatamente anterior (anexo V).
-
En ambos os dous casos, con anterioridade á proposta de resolución de concesión da subvención, requirirase a presentación desta documentación (artigo 20.4 e 5 da Lei 9/2007).
-
Comprobación de documentación:
No caso de obradoiros artesanais que sexan persoas xurídicas ou comunidades de bens e asociacións profesionais e empresariais de artesáns, non terán que presentar a seguinte documentación se esta se atopa en poder da Administración:
-
a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.
-
b) Poder bastante de quen represente a entidade solicitante.
-
c) Se é o caso, acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.
-
d) Se é o caso, documentación acreditativa da exención do imposto sobre o valor engadido (IVE).
Para os efectos sinalados no artigo 9 destas bases achegarase, se é o caso, a seguinte documentación, que en ningún caso será obxecto de requirimento:
-
Certificado/s da/s entidade/s bancaria/s onde figure que a persoa solicitante posúe medios de pagamento electrónicos.
-
Acreditación da participación e/ou organización de cursos de formación nos últimos 12 meses á data do inicio da presentación da solicitude desta convocatoria.
-
Acreditación de páxina web ou sitio da internet, redes sociais para uso comercial (Facebook, twiter, Instagram…).
-
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás os concellos:
-
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
-
b) NIF da entidade solicitante.
-
c) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante.
-
d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
-
e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.
-
f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
-
A presentación electrónica será obrigatoria para os concellos e as asociacións profesionais e empresariais de artesáns.
-
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a subsanación.
-
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, titulares de obradoiros artesanais, opcionalmente poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"