Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA903A
Reclamación Lei 31/2007.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Interpoñer a reclamación nos procedementos de adxudicación dos contratos recollida na Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais.
A quen teña lexitimación para interpoñer esta reclamación, segundo o artigo 102 da Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Tribunal Administrativo de Contratación Pública Da Comunidade Autónoma de Galicia - Tacgal
Rúa Raxeira, nº 52 - 2º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995481
Email: tacgal@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
Esta resolución entrará en vigor o día 2 de abril de 2018.
Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 101 e seguintes da Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais.
No escrito de interposición farase constar, segundo o Anexo FA903A , o acto contra o cal se recorre, o motivo que fundamente o recurso, os medios de proba de que pretenda valerse o recorrente e, de ser o caso, as medidas provisionais cuxa adopción solicite, e xuntarase tamén:
a) O documento que acredite a representación do comparecente, salvo se figura unido ás actuacións doutro recurso pendente ante o mesmo órgano, caso en que se poderá solicitar que se expida certificación para unir ao procedemento.
b) O documento ou documentos que acrediten a lexitimación do demandante cando a posúa porque lla transmitiu outro por herdanza ou por calquera outro título.
c) A copia ou traslado do acto expreso que se recorra, ou indicación do expediente en que recaera o acto, o periódico oficial ou perfil de contratante en que se publicara.
d) O documento ou documentos en que funde o seu dereito.
e) O xustificante de anunciar previamente o propósito de interpoñer a reclamación perante o órgano de contratación.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa reclamante.
NIF da entidade reclamante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
Os procedementos presentaranse preferentemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
En todo caso, ao abeiro da Lei 39/2015, de 1 de outubre, do Procedimento Administrativo Común das Administracións Públicas a presentación electrónica será obrigatoria para: as Administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora destes procedementos, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibicion do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentacion electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Reclamación (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 21 de marzo de 2018 pola que se establecen os formularios normalizados que se van empregar nos procedementos de impugnación perante este tribunal, por competencia atribuída na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público (DOG nº 62 do 28 de marzo de 2018).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 31/2007, do 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais (BOE nº 261 do 31 de outubro de 2007).
-
Real Decreto 814/2015, do 11 de setembro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos especiais de revisión de decisións en materia contractual e de organización do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais (BOE nº 230 do 25 de setembro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano