Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED701C
Valoración previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas aos cargos de xestión.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias, para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión establecido no artigo 2.4 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.
De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior, o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor en activo das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981534173
Fax: 981534174
Prazo de presentación: PECHADO
17/01/2018 00:00 - 13/02/2018 23:59
El plazo para presentar las instancias solicitando la asignación de las retribuciones adicionales relativas al complemento de reconocimiento por los cargos de gestión será de 20 días hábiles contados desde el día siguiente al de la publicación de esta resolución en el Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.4 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.2 da Orde do 16 de outubro de 2006 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración positiva será preciso:
1. Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.
2. Ter desempeñado algún dos seguintes cargos: reitor de universidade, vicerreitor ou secretario xeral da universidade, decano ou director de facultade, escola técnica superior ou escola universitaria; vicedecano, subdirector ou secretario de facultade, escola técnica superior ou escola universitaria, director de departamento e secretario de departamento, director de instituto universitario, en calquera das institucións universitarias ou de educación superior públicas galegas, estatais ou europeas; e aqueles cargos directamente relacionados coa xestión académica ou da investigación equiparados, para efectos exclusivos deste complemento, pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación recollidos no anexo I desta resolución.
3. Ter cesado no cargo por causa legal non derivada da comisión de delito ou falta no desempeño das funcións propias deste.
Computaranse os períodos de tempo de ocupación dos correspondentes cargos desde a entrada en vigor da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria ata o 31 de decembro de 2016, sempre e cando nesta derradeira data xa se producise o cesamento efectivo.
Xunto coa solicitude, as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:
– En relación cos cargos de xestión universitaria desempeñados fóra das universidades pertencentes ao Sistema universitario de Galicia, deberá achegarse a súa documentación xustificativa (certificado oficial emitido pola secretaria xeral da correspondente universidade ou órgano equivalente ou, se é o caso, fotocopia dos boletíns ou diarios oficiais en que consten respectivamente o nomeamento e o cesamento).
– Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.
c) Cargos de xestión universitaria desempeñados nas universidades pertencentes ao Sistema universitario de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos, do xeito indicado na base quinta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitude e a relación de cargos desempeñados ata 31 de decembro de 2016, nos modelos dispoñibles na aplicación informática da ACSUG á cal se deberá acceder a través da páxina web: http://www.acsug.es/convocatorias-abertas
Non se valorarán os méritos que non fosen incorporados telematicamente a través da aplicación informática da ACSUG.
Unha vez cuberta a solicitude do xeito indicado no punto anterior, xerarase o correspondente documento PDF e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude en formato papel, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Non se admitirá a trámite nin se valorará ningunha documentación xustificativa dos méritos alegados que non cumpran co disposto nesta base.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo de presentación de solicitudes (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59
Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59
Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Prazo pechado: 06/09/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59