Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT213A
Subvencións a festivais de artes escénicas e de música.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Esta resolución, en desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e proceder á súa convocatoria para o ano 2018.
No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
d) Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
E, supletoriamente:
e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.
f) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
g) Lei 39/2015, do 16 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar). Quedarán excluídas as solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta do festival e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
De acordo co establecido no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, será requisito para a concesión de subvencións que as entidades locais cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
2. As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas da Agadic se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursas en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077 / 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
29/03/2018 00:00 - 30/04/2018 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Para poder optar ás subvencións, o festival ten que cumprir os requisitos seguintes:
a) Celebración: o festival debe levarse a cabo entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro que desenvolvan a maioría das actividades neste período.
b) Antigüidade: o festival ten que ter realizado un mínimo de dúas edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.
c) Contratación artística: o festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable para a modalidade A (festivais de música) e un 30 % do orzamento subvencionable para a modalidade B (festivais de artes escénicas).
d) Programación: o festival debe ofrecer un mínimo de seis compañías ou grupos.
e) Presenza de compañías galegas: só para a modalidade B (festivais de artes escénicas), as formacións ou compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia teñen que representar, como mínimo, o 20 % do orzamento de contratación profesional artística do festival ou un mínimo do 30 % do total das actuacións profesionais artísticas que se ofrezan. Quedan excluídos do cumprimento deste requisito os festivais presentados á modalidade A (festivais de música).
f) Entradas de pago: polo menos un 50 % dos concertos ou representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de artes escénicas de rúa.
Quedarán excluídos de subvención aqueles festivais que non alcancen un mínimo de 50 puntos nos criterios de valoración. Non terán dereito a recepción de axuda aqueles festivais que non alcancen, polo menos, 25 puntos na valoración do proxecto para o que se solicita subvención (epígrafes A.2 e B.2. de cada modalidade da base décimo segunda). Na programación do festival non poderán incluírse, en ningún caso, funcións contratadas a través da Rede galega de teatros e auditorios ou da Rede galega de música ao vivo.
Non se poderán subcontratar, nin total nin parcialmente, as actividades subvencionadas, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
1. Ademais da solicitude (anexo I), as persoas interesadas nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:
Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.
Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
2. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os devanditos documentos.
DNI ou NIE da persoa solicitante.
NIF da persoa xurídica solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
3. Documentación complementaria:
Ademais do anexo II (requisitos para acceder á subvención), as persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación complementaria segundo a modalidade a que opten:
A. Modalidade A: festivais de música.
A.1. Memoria do festival en edicións anteriores (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa separadamente o tratamento, por parte das persoas solicitantes, das seguintes epígrafes:
A.1.1. Antigüidade do festival.
A.1.2. Recoñecementos acadados.
A.1.3. Interese artístico das programacións.
A.1.4. Interese estratéxico para o sector, liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector musical galego.
A.1.5. Capacidade de convocatoria nas dúas últimas edicións (excluída a edición obxecto desta convocatoria), en que se consigne a asistencia de público.
A.2. Memoria do proxecto para o cal se solicita subvención (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa as seguintes epígrafes:
A.2.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.
A.2.2. Presenza de grupos de música galegos (anexo III).
A.2.3. Duración do festival (anexo III).
A.2.4. Número de grupos de música contratados (anexo III). Non se incluirán outras disciplinas artísticas, que deberán sinalarse nas actividades complementarias.
A.2.5. Repercusión na creación e fomento de público.
A.2.6. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (representacións de artes escénicas, obradoiros, concursos…). Para a súa valoración, as actividades deben estar descritas e non só identificadas.
A.2.7. Plan de comunicación: estratexias de difusión e promoción do proxecto.
A.3. Viabilidade técnica e económica do proxecto: memoria económico-financeira que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo terceira, e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE (anexo V).
B. Modalidade B: festivais de artes escénicas.
B.1. Memoria do festival en edicións anteriores (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa separadamente o tratamento, por parte das persoas solicitantes, das seguintes epígrafes:
B.1.1. Antigüidade do festival.
B.1.2. Recoñecementos acadados.
B.1.3. Interese artístico das programacións.
B.1.4. Interese estratéxico para o sector: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector escénico galego.
B.1.5. Repercusión, incidencia e impacto no territorio.
B.2. Memoria do proxecto para o cal se solicita subvención (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa as seguintes epígrafes:
B.2.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.
B.2.2. Duración do festival (anexo IV).
B.2.3. Producións, coproducións ou residencias do festival (anexo IV).
B.2.4. Estreas a nivel nacional no festival (anexo IV).
B.2.5. Repercusión na creación e fomento de públicos.
B.2.6. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (concertos, obradoiros, concursos, certames…) realizadas polo festival. Para a súa valoración, as actividades deben estar descritas e non só identificadas.
B.2.7. Plan de comunicación: estratexias de difusión e promoción do proxecto.
B.3. Viabilidade técnica e económica do proxecto: memoria económico-financeira que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo terceira, e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE (anexo V).
B.4. Compromiso de produción, coprodución ou residencia en que consten as condicións económicas e/ou técnicas deste.
– Para as solicitudes conxuntas presentadas por entidades locais, memoria de aforro de custos respecto da presentación de modo individual.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración de axudas (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 13 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais de artes escénicas e de música e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 62 do 28 de marzo de 2018).
-
Extracto da Resolución do 13 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais de artes escénicas e de música e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 62 do 28 de marzo de 2018).
-
Resolución do 22 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2018 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano