Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT207A
Subvencións para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da produción da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2018.
Modalidades e límites.
1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:
1.a. Modalidade A: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de ficción, segundo as seguintes submodalidades:
- Modalidade A.1: longametraxes de ficción de autoría galega que poñan en valor a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego, e que posúan unha alta capacidade de internacionalización.
- Modalidade A.2: longametraxes con especial valor cinematográfico, cultural e social que fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.
1.b. Modalidade B: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de animación que posúan un especial valor cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.
1.c. Modalidade C: produción e coprodución de longametraxes documentais de autoría galega con especial valor cinematográfico que non empreguen como especial instrumento a recreación de ficción.
1.d. Modalidade D: produción de curtametraxes de ficción, animación e documental de autoría galega cunha duración máxima de 30 minutos.
1.e. Modalidade E: producións ou coproducións destinadas a seren emitidas por televisión de acordo coas seguintes submodalidades:
Modalidade E1. Longametraxes, miniseries e series televisivas de ficción que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión. Consideraranse longametraxes de ficción para televisión aquelas producións que teñan unha duración mínima de 60 minutos. Consideraranse miniseries de ficción aquelas producións de 2 capítulos que teñan unha duración mínima de 52 minutos cada un. Consideraranse series de ficción aquelas producións de ata 400 minutos de duración total que se correspondan cunha primeira tempada e teñan carácter autoconclusivo.
Modalidade E2. Longametraxes documentais para televisión de autoría galega que contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción. As longametraxes documentais para TV deberán ter un mínimo de 52 minutos de duración.
Modalidade E3.- Series de animación infantil e xuvenil destinadas a ser emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos.
2. Para acceder á modalidade E é requisito obrigatorio presentar contrato ou carta de compromiso dunha emisora de televisión con ampla difusión no territorio galego.
3. Entenderase por longametraxe cinematográfica (modalidades A, B e C) aquela produción de máis de 60 minutos de duración.
4. Entenderase por produción de autoría galega aquela en que dous dos seguintes profesionais: director, guionista ou produtor executivo, conten con máis de dous anos de actividade profesional acreditada en Galicia. No caso de proxectos que conten con coprodución internacional haberá que acreditar a antigüidade de máis de dous anos de actividade profesional en Galicia dun só dos profesionais mencionados.
5. Entenderase por obra en versión orixinal galega aquela que teña máis do 75 % dos diálogos e/ou narración en lingua galega.
No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
d) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
E, supletoriamente:
e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico, que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.
f) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
As persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle de televisión privada, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n). Cando a persoa xurídica sexa unha Agrupación de Interese Económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polas empresas que a integran no momento da súa constitución.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077 / 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
30/12/2017 00:00 - 29/01/2018 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. A consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan da calidade da proposta, do seu carácter cultural, da súa aportación ao tecido industrial galego e do grao de desenvolvemento en canto aos traballos previos realizados e ás condicións económico-financeiras do proxecto. As subvencións que se concedan deberán ter efecto incentivador, polo que a solicitude deberá terse presentado antes do comezo do proxecto.
2. En calquera caso, a consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan da calidade da proposta, do seu carácter cultural, da súa aportación ao tecido industrial galego e do grado de desenvolvemento en canto aos traballos previos realizados e as condicións económico-financeiras do proxecto. As subvencións que se concedan deberán ter efecto incentivador, polo que a solicitude deberá terse presentado antes do comezo do proxecto.
3. Non poderán ser destinatarios das subvencións previstas nesta convocatoria as empresas produtoras que só teñan unha participación financeira no proxecto de longametraxe.
4. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual.
5. Un mesmo solicitante poderá obter, de acordo coa presente convocatoria, un máximo de dúas subvencións, sempre que unha delas sexa das seguintes modalidades:
- Proxectos da modalidade A.1, que constitúan a primeira longametraxe dun director e non superen os 300.000 euros de orzamento de produción.
- Proxectos da modalidade C.
- Proxectos da modalidade D.
En outros casos, no suposto de que varios proxectos dun mesmo solicitante se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación. Dentro da mesma convocatoria non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades nin tampouco se poderá presentar un mesmo proxecto a distintas modalidades.
6. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
7. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.
Solicitude segundo o Anexo I.
Documentación xeral.
Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.
Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
Documentación técnica.
Documentación relativa á empresa:
Historial creativo e profesional da empresa produtora. No caso de compañías de nova creación, historial do/da produtor/a executivo/a.
No seu caso, documentación que acredite a traxectoria en canto á presenza en festivais internacionais e presenza en salas comerciais das longametraxes producidas pola empresa produtora solicitante. No caso de compañías de nova creación, traxectoria neste aspecto do/da produtor/a executivo/a.
Documentación relativa ao proxecto:
Datos identificativos do proxecto, especificando a versión lingüística orixinal da obra.
Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.
Sinopse argumental.
Descrición de intencións do proxecto audiovisual en canto ao tratamento formal, deseño da produción, reparto de actores e actrices e outros elementos artísticos e técnicos en relación co guión proposto.
Plan de traballo que inclúa o cronograma de preprodución, produción e posprodución coas datas previstas de inicio e finalización de rodaxe previstas; lugares de localización, e recursos humanos e de produción que intervendrán na execución do proxecto (relación nominal ou, no caso de non estar en condicións de detallala, relación dos/das profesionais dos equipos creativo e artístico e relación de empresas auxiliares). No caso de detallar empresas e profesionais, será necesario achegar as correspondentes cartas de compromiso.
Guión do proxecto. No caso de series e miniseries de ficción para TV, deberá achegarse o guión dos dous primeiros capítulos máis un completo tratamento argumental, no caso das series, dos capítulos restantes. No caso das series de animación, presentarase como mínimo o equivalente a 120 minutos de programación máis o tratamento completo dos demáis capítulos.
Documentación que acredite a participación do proxecto en foros de coprodución de carácter internacional e foros de desenvolvemento, no seu caso.
No caso de obras de autoría galega, contratos ou cartas de compromiso asinados nos que consten as cantidades económicas acordadas con: director/a, guionista, produtor/a executivo/a (segundo proceda).
Historial, facendo mención dos traballos previos no ámbito audiovisual dos/das seguintes profesionais, sempre que se poida acreditar o seu compromiso de participación no proxecto: director/a, guionista, produtor/a executivo/a, actores/actrices protagonistas e secundarios/as, director/a de fotografía, director/a artístico/a, deseñador/a de personaxes e fondos (animación), compositor/a da banda sonora orixinal. Contratos asinados ou cartas de compromiso que detallen as cantidades económicas, se os houbese, cos/coas profesionais relacionados/as. De ser o caso, especificación da condición de director/a novel e especificación da porcentaxe de mulleres entre os/as profesionais mencionados/as.
Orzamento definitivo segundo os modelos publicados na páxina web da Agadic.
Plan de financiamento e, de ser o caso, documentación xustificativa de subvencións solicitadas e/ou concedidas, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra nos que se detallen as cantidades económicas (vendas ou cesión de dereitos con empresas titulares da explotación de canles de televisión, vendas internacionais, dereitos de distribución), acordos de coprodución, acordos de compromisos de investimento privado e achega de fondos propios.
De ser o caso, estratexia de difusión e márketing nacional e internacional elaborada por empresa ou profesional especializado/a, acompañada polo historial correspondente. Se hai empresa de distribución interesada, historial da mesma. No caso de empresas distribuidoras de recente creación, currículo das persoas administradoras da compañía.
No caso das modalidades E, contrato ou carta de compromiso dunha emisora de televisión con ampla difusión no territorio galego.
Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos devanditos documentos:
DNI ou NIE da persoa solicitante.
NIF da persoa xurídica solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Certificado de estar dada de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda (9611), no exercicio actual.
Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Estar ao corrente de pagamento coa Seguridade Social.
Estar ao corrente de pagamento coa Consellería de Facenda.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores. Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A documentación poderá ser entregada en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presenten deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF ou Excel. Se se inclúen ficheiros con fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de Solicitude
- Solitud (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaracions de axudas (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 15 de outubro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento CT207A).(DOG núm. 211 do 20 de outubro de 2020).
-
Resolución do 14 de decembro de 2017 pola que aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017).
-
Extracto da Resolución do 14 de decembro de 2017 pola que aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017).
-
Resolución do 22 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2018 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 182 do 8 de setembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano