Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS614A
Subvencións a confederacións, federacións e entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas para a formación prelaboral e adquisición de habilidades polas persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (2014-2020).
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o período 2018-2019 dunha liña de subvencións dirixidas ás confederacións, federacións, consideradas ambas entidades de segundo nivel asociativo, e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, no ámbito das persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, para realizaren un ou varios proxectos formativos para a promoción da igualdade de oportunidades proporcionando apoio a necesidades educativas especiais derivadas da discapacidade que faciliten a plena integración nos sistemas de educación ou formación, así como á adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades na vida cotiá que permitan unha preparación para unha futura inserción sociolaboral (código do procedemento BS614A).
2. A finalidade destas axudas é a de contribuír á mellora da empregabilidade mediante a adquisición de habilidades e capacidades prelaborais das persoas cun nivel de discapacidade igual ou superior ao 33 %, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o desenvolvemento de proxectos que incidan nos seguintes eidos:
a) Promoverase o desenvolvemento da área persoal e social e/ou a área de formación básica e prelaboral.
b) Promoverase o desenvolvemento de accións previas que melloren as súas posibilidades de inserción laboral, como formación básica instrumental, formación para mellorar a autoestima e formación para mellorar as súas habilidades sociais en xeral.
1. Poderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento dos proxectos regulados nesta convocatoria as confederacións e as federacións cuxo obxecto social inclúa a promoción ou realización de accións no ámbito das persoas con discapacidade e as entidades de iniciativa social que, contando con análogo obxecto social, non se atopen asociadas nin federadas ás anteriores entidades de segundo nivel asociativo.
2. Poderán, así mesmo, ser destinatarias as confederacións e federacións referidas no parágrafo anterior que concorran conxuntamente con entidades de iniciativa social do seu ámbito federativo como agrupación de entidades −en diante agrupación−, nos termos previstos polo artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Neste suposto, a federación ou confederación, que se denominará promotora e será a perceptora da axuda, deberá contar con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación e asumirá a dirección do proxecto formativo e a representación fronte ao órgano convocante.
3. As agrupacións de entidades referidas no número anterior rexeranse polo documento contractual que as regule, que en todo caso deberá incluír os seguintes aspectos:
a) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles.
b) Acordo de representación da agrupación e elección da súa persoa representante ante a Administración.
c) O compromiso da promotora de distribuír a axuda entre a agrupación, de acordo coa repartición establecida no orzamento aprobado na resolución de concesión da axuda conforme os seus compromisos de participación nel e coa resolución de pagamento tras a xustificación finalmente admitida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
d) Acordos de confidencialidade.
e) Xestión da agrupación e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.
f) A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas e requisitos exixidos nesta orde e na normativa xeral de subvencións e, de xeito particular, os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas na área de persoas con discapacidade e na categoría de iniciativa social do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A xustificación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante a subscrición da declaración responsable da persoa representante da entidade ou da agrupación, incluída no anexo I.
e) Cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta orde e na normativa xeral de subvencións.
5. Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos proxectos subvencionados.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade
Servizo de Contratación e Xestión Económica
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546987
Fax: 981545663
Prazo de presentación: PECHADO
12/06/2018 00:00 - 11/07/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
- As accións formativas dirixiranse a alumnos que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter un nivel de discapacidade recoñecida, segundo o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a Orde do 25 de novembro de 2015, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade en Galicia ou normativa equivalente, igual ou superior ao 33 %.
b) Estar empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Non ser perceptor dunha libranza vinculada á prestación de servizos para centro ocupacional ou titulares dunha praza no sistema galego de servizos sociais.
Así mesmo, poderán participar aqueles alumnos que, cumprindo os anteriores requisitos, dispoñan dun emprego que poida estenderse por duración indefinida despois da formación proporcionada nesta orde.
- Os proxectos para os cales se solicite a subvención deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Describirán o método empregado para o deseño do itinerario proposto, que deberá incluír intervencións de carácter individualizado para cada unha das persoas participantes, entendidas como a planificación do proceso formativo prelaboral de cada persoa mediante a avaliación das necesidades e asesoramento, garantindo a asignación daquela formación que máis cumpra coas características do participante, así como os recursos de apoio necesarios.
A formación que reciban as persoas participantes desenvolverase en función do itinerario establecido para cada unha e agruparase nas seguintes áreas: área de desenvolvemento persoal e social, área básica e prelaboral.
b) Resultar adecuados para os obxectivos e finalidades contidos nesta orde, así como para os principios xerais dos servizos sociais incluídos no artigo 4 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.
c) Referirse a un ou varios dos eidos previstos no artigo 4 e procurar que se adapten ás necesidades específicas do colectivo concreto a que se dirixan.
d) Desenvolver o proxecto formativo entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019.
e) A contía máxima concedida por proxecto formativo, que poderá cubrir ata o 100 % do custo do programa, será de 60.000 euros. Para obter o importe máximo, deberá acadarse un mínimo de 30 participantes e cumprir as ratios mínimas establecidas no número 2 deste artigo. A diminución do número de participantes comporta unha redución proporcional da contía máxima da subvención.
f) Dentro da mesma solicitude poderase solicitar axuda para un ou varios proxectos.
g) A entidade solicitante deberá achegar no anexo III información xeral dos proxectos, os criterios elixidos para a selección das persoas beneficiarias da convocatoria publicitada para o efecto, do detalle das solicitudes recibidas e do baremo empregado para a selección, se é o caso. Entre os criterios de selección de persoas participantes deberán incluírse aqueles que procuren incrementar a participación das mulleres con discapacidade en Galicia.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representatividade para actuar en nome do solicitante, para o caso de que esta se atribúa a unha persoa distinta da designada no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
b) Acreditación documental suficiente da experiencia da entidade ou agrupación na realización e desenvolvemento de proxectos de atención dirixidos a persoas que cumpran os requirimentos para resultaren beneficiarias das accións previstas nesta orde. Entenderase como experiencia suficiente, para o caso de organismos oficiais, os certificados expedidos por estes. No caso de servizos privados, basta coa declaración contida no anexo I.
c) Para o caso das entidades de segundo nivel asociativo (federacións, confederacións...) certificación orixinal da/o secretaria/o, conformada pola persoa que asine a solicitude, acreditativa das asociacións e federacións integradas, que especifique respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios.
d) Para o caso de agrupación de entidades, acordo regulador da agrupación, asinado polos representantes de cada unha das entidades da agrupación, que outorgue á promotora a autorización para presentar a solicitude de axuda no seu nome e exercer as facultades de representación fronte á Administración. Neste documento contractual atoparanse incluídos os compromisos e deberes que asume cada entidade e conterá os requirimentos mínimos estipulados no artigo 2.3 desta orde.
e) Anexo II: memoria da entidade ou agrupación solicitante.
f) Anexo III: información xeral dos proxectos da entidade ou agrupación solicitante e detalle destes, que deberán conter a información sobre estimación de persoas participantes, así como o resto das epígrafes sinaladas neste anexo.
g) Certificación do persoal referido no anexo III, de acordo co modelo publicado na páxina web da Consellería de Política Social, emitida polo órgano responsable da entidade ou agrupación, asinada por este e pola persoa traballadora por conta propia que realizará actuacións, servizos ou funcións, segundo o previsto no artigo 4.2, na cal figure a asignación das ditas funcións durante o período subvencionable, de ser o caso.
h) De ser o caso, compromiso de subcontratación, que deberá incluír o detalle da parte do proxecto que se prevé subcontratar e a motivación da súa necesidade, para os efectos da autorización referida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no número 2) do artigo 6. Esta autorización outorgarase no prazo de quince días desde a data de entrada da solicitude nos servizos centrais deste órgano administrativo; entenderase outorgada se transcorre o devandito prazo sen notificarse a súa autorización.
Comprobación de datos e difusión da información
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificación expedida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, de atoparse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias.
d) Certificación expedida pola Tesouraría da Seguridade Social, de atoparse ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificación expedida pola Axencia Tributaria de Galicia de non ter ningunha débeda de natureza tributaria coa Facenda pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificado de discapacidade, no relativo ás persoas participantes nos proxectos
g) Certificado de residencia con data da última variación no padrón, no relativo ás persoas participantes nos proxectos.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados polo/a representante legal das entidades ou agrupacións correspondentes ou persoa debidamente acreditada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizase a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365: https://sede.xunta.gal/chave365.
A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
De xeito análogo, para o caso de que algún dos documentos que vai presentar a entidade ou agrupación solicitante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, e para o caso de presentar documentación en formatos non admitidos, permitirase a presentación desta de forma presencial, dentro dos prazos previstos, a través de calquera dos rexistros habilitados. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido na documentación complementaria para cada procedemento.
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2018)
-
Extracto da Orde do 29 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2018).
-
Resolución do 26 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 28 de novembro de 2018 pola que se finaliza o procedemento BS614A de concesión de subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)
Aberto todo o ano