Guía de procedementos e servizos

TR820D

Axudas a persoas traballadoras afectadas por expedientes de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 15/08/2017 00:00 - 31/10/2017 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Publicar a convocatoria para o exercicio de 2017, das axudas da Orde do 4 de agosto de 2016 (DOG n.º 157, do 22/08/2016).

As persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia .

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Edificio Administrativo San Lázaro S/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

15/08/2017 00:00 - 31/10/2017 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2017.

A causa de forza maior, que debe ser constatada por resolución da autoridade laboral competente, ten que derivar de acontecementos catastróficos, imprevisibles ou que sendo previstos fosen inevitables, como terremotos, maremotos, incendios, inundacións, pragas, explosións, tormentas de vento e mar, sempre que supoñan a destrución total ou parcial das instalacións do centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia, impedindo a continuidade total ou parcial da actividade empresarial, tal como establece o artigo 4 da referida orde.

As solicitudes de axuda poderán ser formalizadas directamente pola persoa traballadora afectada pola suspensión do contrato ou pola empresa afectada polo expediente de regulación de emprego, en calidade de autorizada pola persoa traballadora acreditado, segundo o anexo III desta orde

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e os seus representantes legais.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (htpps://sede.xunta.gal/chave365).

1. Os solicitantes deberán achegar coa solicitude, que se formalizará mediante o anexo I desta orde, a seguinte documentación:

a) Certificado emitido pola empresa, segundo o anexo II, en que consten os seguintes datos da persoa traballadora: o período de suspensión efectiva, dentro do período subvencionable que se estableza nesta orde, con indicación do número de xornadas completas de suspensión e os meses concretos en que se fixo efectiva a suspensión, a retribución mensual bruta (excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias) e a base de cotización por continxencias comúns do mes anterior ao inicio da suspensión.

b) Autorización da persoa traballadora para a presentación da solicitude no seu nome, segundo anexo III desta orde, no suposto de presentación pola empresa efectada polo procedemento de regulación de emprego.

c) Copia da documentación fidedigna que acredite a representación, no suposto de actuar mediante representante.

2. Non será necesario achegar documentos que xa foran presentados anteriormente, sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) DNI ou NIE da persoa traballadora (cando non sexa a mesma que a persoa solicitante) segundo o anexo III.

c) Certificados de estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de xullo de 2017 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 154 do 14 de agosto de 2017).

    • Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 157 do 22 de agosto de 2016).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR301V

Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/11/2025 00:00 - 02/11/2026 23:59

TR361A

Subvencións ao abeiro do Real Decreto 196/2010, do 26 de Febreiro: axuda especial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR361B

Subvencións ao abeiro do Real Decreto 196/2010, do 26 de Febreiro: cantidade adicional

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR802F

Situación legal de desemprego de socios/as de Cooperativas de Traballo Asociado.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano