Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR301V
Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de Especialidades Formativas do Servicio Público de Emprego Estatal, financiadas por esta consellería (código de procedemento TR301V).
Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego, nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia ou con fondos provenientes da Unión Europea.
1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto desta convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos para cada tipo de bolsa ou axuda.
Para os efectos desta orde, terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupada na data de inicio da acción formativa.
2. Poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas, adquiran posteriormente a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupada durante o período de desenvolvemento da acción formativa.
Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.
A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixa de cumprilos, estaría obrigada a comunicarllo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Formación para o Emprego
Servizo de Planificación da Formación para o Emprego
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999124/ 981999602
Email: sx.formacionemprego@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Centro de Novas Tecnoloxías
Rúa Airas Nunes, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997803
Email: administracion.cnt@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, nº 2-4
15011 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881566/ 881881578
Email: axudas.emprego.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294275/ 982294241/ 982294285
Email: formacionecolocacion.emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386837/ 988386105/ 988386824
Email: bolsasformacion.emprego.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886218165/ 986817765
Email: xestioneconomica.formacion.vigo@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
01/11/2025 00:00 - 02/11/2026 23:59
1. A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.
2. A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día 1 de novembro de 2025.
1. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas en ningunha das ditas circunstancias realizarase, de acordo co disposto no artigo 16 desta orde, mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude do anexo I, cuxo contido estará suxeito ao disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sobre declaración responsable e comunicación.
2. As referencias que nesta orde se recollen con respecto ao momento a partir do cal se ten dereito a percibir a bolsa ou axuda refírense para os efectos do cómputo, pois a percepción do importe correspondente á subvención efectuarase logo da instrución, tramitación, proposta e resolución, nos termos desta norma, e tendo en conta, especialmente, tal como se establece no artigo 4.3, a necesidade de que exista un mínimo acumulado de 100 € ou fracción.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, código de procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A persoa interesada deberá presentar, debidamente cuberto e asinado, o formulario de solicitude do anexo I, con indicación expresa das bolsas e axudas que solicite.
3. No suposto de que a persoa solicitante non teña capacidade técnica ou económica, ou que, por outros motivos, non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, a presentación electrónica da solicitude e da documentación complementaria poderá ser validamente realizada por unha persoa representante que si cumpra cos ditos requisitos.
Neste sentido, as correspondentes entidades e centros beneficiarios colaborarán coas persoas solicitantes utilizando os seus recursos e medios humanos e técnicos, sempre que aquelas lles outorguen a súa autorización para presentar no seu nome a solicitude e a documentación complementaria.
Ademais, a persoa peticionaria poderá dirixirse á oficina de emprego que lle corresponda do Servizo Público de Emprego de Galicia, para que unha persoa empregada pública presente no seu nome a solicitude e a documentación complementaria, se é autorizada expresamente pola peticionaria.
No caso de vítimas de violencia de xénero que solicitasen a confidencialidade dos seus datos, a solicitude de subvención deberá tramitarse a través da persoa titora.
4. A solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego ou aos departamentos territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, con base na acción formativa en que se participa e de conformidade co seguinte criterio:
a) As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras ocupadas, procedementos TR302A e TR301X, ou nas accións formativas impartidas polo Centro de Novas Tecnoloxías dirixiranse á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.
b) As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas distintas das citadas no número 4.a) deste artigo dirixiranse aos correspondentes departamentos territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, segundo a provincia ou ámbito territorial a que corresponda a competencia.
Inclúense nesta alínea b) as derivadas da participación nas seguintes accións formativas:
• As dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas e as dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas con compromiso de contratación, procedementos TR301K e TR301P, respectivamente.
• As propias da oferta formativa do Sistema de formación profesional, ou de formación para o traballo, impartidas nos centros de formación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
• As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas impartidas nos centros da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para a impartición de ofertas do Sistema de formación profesional nos centros educativos.
No suposto de que no acordo de colaboración entre ambas as consellerías se estableza outro procedemento para a presentación e tramitación das solicitudes de bolsas e axudas, será de aplicación o disposto no dito acordo.
c) No caso de que durante o período de vixencia desta orde se habiliten novas liñas de formación para o emprego non citadas nas anteriores alíneas a) e b), atenderase, para os efectos de determinar o órgano ao cal se debe dirixir a solicitude, ao que nelas se estableza.
5. A solicitude deberá presentarse xunto coa documentación complementaria relacionada no artigo 17 desta orde, de ser o caso.
Declaración responsable que forma parte da solicitude
1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:
a) Que coñece as estipulacións desta orde, que cumpre cos requisitos necesarios para o recoñecemento do dereito á bolsa e/ou axuda que solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixa de cumprilos, estaría obrigada a comunicarllo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.
b) Que en relación con outras bolsas e axudas concedidas ou solicitadas:
• Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra bolsa e/ou axuda para este mesmo concepto para o cal solicita esta subvención.
• De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo concepto para o cal se solicita esta bolsa e/ou axuda, deberán relacionarse estas no documento de solicitude, anexo I.
c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que, de ser o caso, se xuntan son certos e que se compromete a destinar o importe da subvención ao obxecto indicado.
d) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, así como no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, para os efectos do previsto no artigo 11.g) do Regulamento da Lei 9/2007.
f) Que, para o suposto de solicitar unha bolsa de asistencia por discapacidade, por ser membro de familia numerosa ou monoparental, ou unha axuda por conciliación, a suma das rendas de todas as persoas integrantes da unidade familiar ou de convivencia, incluída a persoa solicitante, dividida polo número das persoas membros que a compoñen é inferior ao 75 % do IPREM.
g) Que, para o suposto de solicitar axuda por transporte público, urbano e/ou interurbano, o medio e a/as liñas de transporte utilizadas son as que se relacionan no anexo I.
h) Que, para o suposto de solicitar axuda por transporte en vehículo propio, non existe medio de transporte público entre o enderezo de intermediación laboral e o lugar onde se desenvolve a acción formativa ou que, no caso de existir, o horario regular do transporte público non permite compatibilizalo co horario da acción formativa, e que o total diario de quilómetros que se van realizar e a matrícula do vehículo que se vai utilizar son os que se relacionan no anexo I.
i) Que, para o suposto de solicitar axuda por manutención, o horario de impartición da acción formativa é de mañá e tarde, e a distancia entre o enderezo de intermediación laboral rexistrado no Servizo Público de Emprego de Galicia e o lugar en que se desenvolve a actividade acada ou supera os 20 quilómetros.
j) Que, para o suposto de solicitar axuda por aloxamento e manutención, a distancia entre o enderezo de intermediación laboral da persoa traballadora desempregada e o lugar en que se imparte a acción formativa é igual ou superior aos 100 quilómetros, ou que, pola rede de transportes existentes, os desprazamentos non se poden efectuar diariamente antes e despois das clases e, ademais, que a asistencia á acción formativa implica o aloxamento no concello en que ten lugar a súa impartición, en horario de mañá e tarde.
k) Que, para o suposto de solicitar a axuda por conciliación, esta é consecuencia do coidado de fillos/as menores e/ou persoas acollidas menores de doce anos, e/ou de familiares dependentes ata o segundo grao.
2. A concesión das subvencións vencelladas coas bolsas e axudas recollidas nesta orde realizarase sobre a base da declaración responsable recollida neste artigo, sen prexuízo das comprobacións que poidan ser realizadas con posterioridade pola unidade administrativa correspondente.
Para os efectos das posteriores comprobacións, a documentación probatoria acreditativa do cumprimento dos requisitos exixidos para cada bolsa ou axuda será a que se recolle no artigo 23 desta orde.
3. A presentación dunha declaración responsable falseando as condicións requiridas para a concesión da subvención ou ocultando as circunstancias que a impidan ou limiten, poderá ter a consideración dunha infracción nos termos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Considerarase falseamento ou ocultación das circunstancias o incumprimento do compromiso de manter os requisitos necesarios para ter dereito á subvención, a falta de documentación que o acredite e/ou o incumprimento da obriga de comunicar que se deixaron de cumprir os requisitos exixibles, no prazo sinalado nesta orde.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) As persoas peticionarias das bolsas de asistencia destinadas a persoas con discapacidade e membros integrantes de familias numerosas ou monoparentais, así como as peticionarias de axudas por conciliación, deberán achegar xunto coa solicitude o anexo II, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
b) No suposto de solicitar a bolsa de asistencia para membros integrantes de familias monoparentais, certificado emitido pola Consellería de Política Social e Igualdade, acreditativo de que reúnen os requisitos para ser persoa beneficiaria da bolsa.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
I) DNI/NIE da persoa solicitante.
II) DNI/NIE da persoa representante.
III) DNI/NIE das persoas conviventes.
IV) NIF da entidade representante.
V) Estar inscrito como demandante de emprego na data actual.
VI) Estar inscrito como demandante de emprego nunha data concreta.
VII) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
VIII) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Atriga.
IX) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.
X) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
XI) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
XII) Certificado da discapacidade da persoa solicitante, recoñecida pola Xunta de Galicia, para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas con discapacidade.
XIII) Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade da persoa solicitante e dos terceiros conviventes, para o caso concretos de solicitudes de bolsas de asistencia ou axudas por conciliación.
XIV) Título de familia numerosa da persoa solicitante e dos terceiros conviventes, para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas membros de familias numerosas.
XV) Consulta de datos de residencia con data da última variación no padrón da persoa solicitante e dos terceiros conviventes, para os casos concretos de solicitudes de bolsas de asistencia ou axudas por conciliación.
XVI) Consulta do enderezo de intermediación laboral da persoa solicitante, para o caso de solicitar a axuda por transporte público urbano ou interurbano, ou por transporte en vehículo propio, ou a axuda por manutención.
XVII) Certificado do grao e nivel de dependencia da persoa que motiva a conciliación, emitido pola Administración pública competente, para o caso específico de axudas á conciliación.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro pertinente habilitado no formulario correspondente, anexos I e/ou II, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dalgún dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (anexo II)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2025 e 2026 (DOG nº 210 do 30 de outubro de 2025).
-
Extracto da Orde do 16 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2025 e 2026 (DOG nº 210 do 30 de outubro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais.
Aberto todo o ano
Accións formativas para o emprego dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
Prazo aberto: 16/07/2025 00:00 - 01/12/2025 23:59
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano