Guía de procedementos e servizos

TR352B

Subvención para entidades sen ánimo de lucro que contraten axentes de emprego e unidades de apoio.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 27/09/2017 00:00 - 26/10/2017 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva das axudas e subvencións que, baixo a denominación xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais sinaladas no artigo 3, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2016 de axentes de emprego e unidades de apoio (procedemento TR352B), que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde as entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo 1 que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obrigas das entidades beneficiarias.

1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Aceptación da subvención no prazo de 10 días, de conformidade co disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Transcorrido o citado prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Aboar ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexan acordes coa súa categoría profesional e titulación e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais.

d) Con independencia do cobramento ou non da subvención, deberán satisfacer no momento do seu vencemento e mediante transferencia bancaria as obrigas económicas que deriven do funcionamento dos servizos subvencionados, especialmente as de carácter salarial.

e) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

Para os efectos dun correcto seguimento do desempeño das tarefas subvencionadas, a entidade beneficiaria da subvención deberá manter unha planificación permanentemente actualizada e respecto de cada unha das persoas traballadoras contratadas, no relativo ao lugar de realización do servizo e distribución do tempo de traballo por día da semana. A dita planificación deberá estar á disposición da Administración actuante para achegala cando se lle requira.

f) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que vaian desenvolver as traballadoras e traballadores contratados, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

g) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.

h) Presentar ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no prazo establecido na resolución concedente da subvención, unha declaración responsable de que a actividade que vaian desenvolver as persoas traballadoras contratadas como axentes de emprego e/ou unidades de apoio está destinada á promoción e implantación de políticas activas de emprego relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego e inserción laboral das persoas con especiais dificultades de inserción sociolaboral, en entidades prestadoras de servizos sociais que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou risco de exclusión social.

2. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a entidade beneficiaria deberá someterse ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Dar publicidade da actuación, así como da utilización do logotipo da Rede de técnicos de emprego de Galicia, nos distintos elementos de comunicación, segundo establece o artigo 19.

b) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) Presentar ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no prazo de dous meses, unha vez que teña finalizado a súa execución, a seguinte documentación:

1º. Un certificado de fin de servizo segundo o modelo que se publica na web institucional da Xunta de Galicia http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-emprego. Non será necesario remitir a memoria de actividades, pero terán a obriga de utilizar os aplicativos postos á súa disposición, que permitirán a obtención e xestión da memoria de actividades mediante un sistema electrónico (XATEmprego), en prol de avaliar as actuacións levadas a cabo por aqueles.

2º. Nóminas aboadas aos traballadores e traballadoras que se contraten e dos boletíns de cotización á Seguridade Social (recibo de liquidación de cotizacións e modelo TC-2 ou documento equivalente expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social), así como os documentos bancarios correspondentes que acrediten o seu pagamento (transferencias bancarias necesariamente no caso das nóminas) e mais o modelo 190 (retencións e ingresos á conta do IRPF) e xustificantes do seu pagamento (modelo 111) correspondentes aos trimestres en que se desenvolveu o proxecto, unha vez que se dispoñan destes.

d) Someterse ás actuacións de comprobación sobre o terreo que, con base na mostra seleccionada estatisticamente e/ou segundo criterios baseados no risco, realice por persoal técnico da Secretaría Xeral de Emprego.

e) Comunicar, no prazo de 10 días, á Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

1º. As subvencións ou axudas solicitadas e/ou obtidas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.

2º. Aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que van desenvolver as persoas técnicas contratadas, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

f) Cumprir as demais obrigas que poidan derivar desta orde ou das resolucións e instrucións que, se é o caso, se diten para o seu desenvolvemento e execución.

3. Polo que respecta á protección de datos de carácter persoal:

a) As entidades beneficiarias obríganse a dar cumprimento ao contido do artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, así como a cantos outros artigos lles sexan de aplicación ao tratamento de datos das persoas beneficiarias que leven a cabo como responsables do ficheiro.

b) A entidade beneficiaria deberá tratar os datos coa finalidade exclusiva da xestión da subvención. En ningún caso os datos poderán ser obxecto dun tratamento distinto ao previsto na convocatoria. Calquera tratamento dos datos que non se axuste ao disposto na presente orde será responsabilidade exclusiva da entidade beneficiaria, e responderase fronte a terceiros das infraccións en que incorrese, e fronte á Consellería de Economía, Emprego e Industria polos danos e perdas que lle puidese causar.

c) A entidade beneficiaria deberá manifestar cumprir coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e, en particular, coas medidas de seguridade correspondentes aos seus ficheiros.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Programas de Cooperación

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545604 / 981545767 / 981544714 / 981957739 / 981544612

Servizo de Programas de Cooperación
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

27/09/2017 00:00 - 26/10/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente, entenderase que o prazo finalizar ao derradeiro día do mes.

a) Ter personalidade xurídica e capacidade de obrar e estar debidamente inscritas no correspondente rexistro público.

b) Dispor de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

c) En todo caso, as entidades beneficiarias deberán acreditar que as persoas contratadas no marco deste réxime de axudas non están afectas ao desenvolvemento dunha actividade económica conforme o establecido pola xurisprudencia comunitaria, tal como exixe a letra h) do artigo 21 desta orde.

Para os efectos do disposto na letra b) do parágrafo anterior, presumirase que as entidades dispoñen de capacidade técnica e de xestión suficiente cando concorran, cando menos, dúas das seguintes circunstancias:

a) Que dispoñan dun centro de traballo, entendendo por tal unha oficina ou delegación permanente que poida ser habilitada para o efecto, na Comunidade Autónoma de Galicia, distinta da sede social da entidade cando coincida co domicilio das persoas físicas que outorgasen a escritura de constitución e/ou dirixen a entidade, en propiedade, arrendada ou cedida formalmente a esta.

b) Que teñan conexión telemática.

c) Que tiveran contratada por conta allea por máis de seis meses algunha persoa traballadora nos últimos tres anos, sen que se poidan computar os contratados, nese período, mediante as axudas e subvencións correspondentes aos programas e medidas das políticas activas de emprego.

  • Xunto co formulario de solicitude (anexo I) deberá anexarse a seguinte documentación que, nos casos recollidos no número 3 deste artigo, poderá ser identificada como información accesible de xeito que a Secretaría Xeral de Emprego poderá acceder á dita documentación sen que sexa presentada pola entidade solicitante:

    • a) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.

    • b) Copia da escritura pública e/ou dos estatutos vixentes da entidade solicitante en que resulte acreditada a ausencia de ánimo de lucro e os fins sociais segundo o disposto no artigo 3.1.

    • c) Memoria que fundamente a solicitude, segundo o modelo que se publica como anexo II, incluíndo unha descrición dos obxectivos perseguidos coa contratación, as accións e actividades que teña que desempeñar a persoa axente de emprego e as unidades de apoio administrativas, de ser o caso, así como, se é o caso, un breve resumo comprensivo dos obxectivos acadados polos/as axentes con cargo ás axudas do exercicio anterior, en relación coas iniciativas empresariais xeradas e coa inserción laboral das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, como consecuencia da súa actuación.

  • Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nesta e que fai constar os seguintes aspectos:

    • a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    • b) A ausencia de ánimo de lucro.

    • c) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

    • d) O cumprimento dos requisitos previstos para obter a condición de entidade beneficiaria da subvención a que se refire o artigo 3 da convocatoria, relativos á súa capacidade técnica e de xestión.

    • e) A veracidade da titularidade da conta bancaria da entidade solicitante onde se deba efectuar o pagamento da subvención.

    • f) Que a entidade solicitante se obriga a presentar ante a Secretaría Xeral de Emprego, logo de petición desta, a documentación acreditativa dos aspectos a que se refire a declaración responsable.

    • g) Que as copias dos documentos sinalados na letra b) do punto anterior coinciden cos orixinais e póñense á disposición da Administración actuante para achegar estes cando sexan requiridos.

  • Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI da persoa representante que solicita a subvención.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os ditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

  • Para poder ser entidade beneficiaria das axudas reguladas nesta orde, deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo I desta orde, á cal se xuntará a documentación a que se fai referencia no artigo 8 desta orde que, necesariamente, se deberá anexar en formato electrónico. Para isto, no proceso de presentación electrónica permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato pdf, odt, ods, doc, xls, docx, xlsx, jpg, png, tiff e bmp).

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requiririda para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados polo representante legal da entidade correspondente ou persoa debidamente acreditada.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, e sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Se do exame do expediente se comprobase que a documentación non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se achega na súa totalidade, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, de acordo co disposto artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se terá por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para contratar axentes de emprego e unidades de apoio, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 183 do 26 de setembro de 2017).

    • Extracto da Orde do 11 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para contratar axentes de emprego e unidades de apoio, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 183 do 26 de setembro de 2017).

    • Resolución do 26 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para contratar axentes de emprego e unidades de apoio, e se convocan para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 183, do 26 de setembro) (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR701H

Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

MR701I

Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59