Guía de procedementos e servizos

TR349T

Programa piloto de contratación e formacion xuvenil.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 26/08/2017 00:00 - 15/12/2017 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a experiencia piloto dun programa de contratación xuvenil nos sectores de actividade vinculados á Industria 4.0 e no sector agroalimentario, e procédese á convocatoria pública de axudas correspondente ao ano 2017

As empresas que soliciten participar nesta experiencia piloto terán a posibilidade de obter axudas para a formación e contratación por conta allea de persoas mozas como parte deste programa piloto de contratación xuvenil.

2. Este programa incluirá dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación: por medio desta liña proporcionarase unha subvención para a contratación laboral de mozos e mozas nas empresas de sectores e liñas de negocio empresarial vinculados á innovación tecnolóxica industrial ou no sector agroalimentario a que vai dirixida a presente orde.

b) Bono de formación: por medio desta liña de axudas económicas proporcionarase unha subvención ás empresas admitidas no programa que, ademais da contratación laboral de mozos e mozas nos sectores a que vai dirixida a presente orde, leven a cabo accións formativas a impartir nas súas instalacións polas cales as mozas e mozos participantes melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

1. Por medio desta experiencia piloto as empresas pertencentes aos sectores da Industria 4.0 e agroalimentario e que estean interesadas en colaborar coa dita experiencia poderanse acoller a unha liña de axuda de contratación e formación no mesmo posto de traballo. A conformidade de participación manifestarase no anexo I da solicitude.

2. Estas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, deben contar con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

3. No caso das empresas que estean interesadas en participar no programa de contratación xuvenil nos sectores priorizados da Industria 4.0, as empresas deben desenvolver actividades económicas nalgunha das divisións CNAE 09 que constan na páxina web da consellería ou ben acreditar polo obxecto social das escrituras ou clasificación do imposto de actividades económicas o tipo de actividade empresarial.

4. No caso das empresas que estean interesadas en participar no programa de contratación xuvenil no sector agroalimentario, as empresas deben desenvolver actividades económicas nalgunha das divisións CNAE 09 que constan na páxina web da consellería ou ben acreditar polo obxecto social das escrituras ou clasificación do imposto de actividades económicas o tipo de actividade empresarial.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego por Conta Allea

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544610 / 981957728

Fax: 981544678

Servizo de Emprego por Conta Allea
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

26/08/2017 00:00 - 15/12/2017 23:59

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

As solicitudes de participación neste programa piloto, así como os bonos de contratación e formación, deberanse presentar no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.

O prazo de presentación rematará o 15 de decembro 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior, de acordo co anexo I-A da convocatoria. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

a) Contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras na data da presentación da solicitude de participación na experiencia piloto.

b) Unha estabilidade laboral que deberá ser dun mínimo dun 60 % no mes anterior ao da solicitude. Neste cálculo non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se produzan por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba. No caso de que no mes anterior á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

1. En relación coa presentación de solicitudes, as entidades beneficiarias a que vai dirixida esta orde de subvencións son as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas e as sociedades civís. O artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación recolle a posibilidade da obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración para determinados procedementos. Nos procedementos para a concesión de axudas e subvencións as correspondentes bases reguladoras poderán establecer a indicada obriga. Polo tanto, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para garantir que as persoas solicitantes que carezan de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

2. As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://emprego.ceei.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

c) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.

f) Certificado de inscrición no Servizo Público de Emprego da persoa traballadora contratada.

g) Informe da vida laboral da persoa traballadora contratada.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro indicado no formulario de solicitude, como figura no anexo I-A e anexo I-D, e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de agosto de 2017 pola que que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación de persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores (DOG nº 161 do 25 de agosto de 2017).

    • Extracto da Orde do 11 de agosto de 2017 pola que que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación de persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores (DOG nº 161 do 25 de agosto de 2017).

    • Resolución do 2 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores (Diario Oficial de Galicia número 161, do 25 de agosto de 2017) (DOG nº 96 do 22 de maio de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS319A

Carné Xove

Tramitar en liña

Aberto todo o ano