Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI451A
Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para o ano 2017 e 2018, subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta, en moitas ocasións, a ruptura da situación de violencia.
O procedemento para a concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. As entidades sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución .
2. Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos programas subvencionados.
Persoas destinatarias finais.
As persoas destinatarias finais dos programas regulados nesta resolución serán as mulleres vítimas de violencia de xénero, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego.
Para os efectos desta resolución, entenderase por mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia todas aquelas que tivesen cesado a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 de Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:
a) Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
b) Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero.
c) Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.
d) Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
e) Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
Terán preferencia, de ser o caso, para incorporación ao programa, as mulleres con orde de protección e/ou medidas cautelares vixentes no momento de incorporación ao programa. Para estes efectos, a Secretaría xeral da Igualdade poderá realizar as comprobacións oportunas segundo os mecanismos que se determine.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero
Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero
Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957699
Fax: 981957690
Email: vx.igualdade@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
19/08/2017 00:00 - 18/09/2017 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
c) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
d) Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.
1. A solicitude da subvención deberá presentarse no modelo que figura como anexo I desta resolución, debidamente cuberto e asinado pola persoa que ten a representación da entidade solicitante, xunto coa seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade.
Quedarán exentas de presentar esta documentación as entidades inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, agás que a representación se atribúa a persoa distinta á designada en dito rexistro.
b) Copia do DNI/NIE da persoa representante da entidade, no caso de denegar expresamente a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
c) Copia do NIF da entidade solicitante no caso de denegar expresamente a súa consulta.
d) Memoria da entidade (anexo II) que conteña os datos básicos de identificación e, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.
e) Memoria descritiva de actuacións (anexo III) que deberá conter, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.
f) Certificación emitida polo órgano responsable da entidade, en que figure o compromiso de asignar os medios materiais e humanos necesarios para garantir o axeitado desenvolvemento das actuacións previstas no artigo 7 desta resolución e de acordo co indicado no anexo III (memoria descritiva de actuacións que se van desenvolver), segundo o modelo que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.
g) Acreditación documental suficiente e detallada da experiencia da entidade na realización e desenvolvemento de programas de inserción laboral con mulleres vítimas da violencia de xénero e/ou con persoas pertencentes a outros colectivos, segundo o disposto no artigo 16.1.1, de ser o caso.
h) Documentación acreditativa do compromiso de contratación a que se refire o artigo 16.1.2, asinada pola empresa ou empresas correspondentes, de ser o caso, segundo o modelo que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.
i) Acreditación documental suficiente de que a entidade solicitante é promotora ou traballa en coordinación cunha empresa de inserción laboral (EIL) debidamente inscrita no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia, se é o caso.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
3. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
7. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de pagamento
- Solicitude de pagamento do primeiro período (Anexo IV)
- Declaración de axudas (Anexo VII)
- Solicitude de pagamento final (Anexo V)
- Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pago ningunha outra débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 7 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG. nº 156 do 18 de agosto de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59