Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA645A
Subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería de Sanidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións a proxectos de saúde pública, relacionados coa infección polo VIH, a sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) que realicen en Galicia entidades privadas sen ánimo de lucro ao longo do período comprendido entre o 1 de xuño de 2017 e o 31 de maio de 2019
Os proxectos subvencionados deben desenvolver as súas actividades un mínimo de tres meses no período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2017, ademais dun mínimo de seis meses entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018 xunto cun mínimo de tres meses entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2019.
Como máximo subvencionaranse os dez proxectos que resulten máis valorados, en función dos criterios de valoración establecidos no artigo 14 desta orde.
Os Contidos do proxecto e conceptos subvencionables os establecidos nos artigos 5 e 6 desta Orde.
Poderán solicitar e ser beneficiarias destas subvencións as entidades privadas sen ánimo de lucro que presenten un único proxecto e que cumpran co obxecto e normas desta orde, sempre e cando non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, que imposibilitan obter a condición de beneficiaria ou entidade colaboradora das subvencións.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Dirección Xeral de Saúde Pública
Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades (Cegace)
Servizo de Prevención e Control de Enfermidades
San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881542960
Prazo de presentación: PECHADO
12/08/2017 00:00 - 11/09/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. O proxecto deberá realizarse integramente na Comunidade Autónoma de Galicia e deberá ter como área xeográfica de actuación, polo menos, unha das seguintes áreas sanitarias: Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, O Salnés, Pontevedra, Vigo, Cervo, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense e O Barco de Valdeorras.
2. Para desenvolver o proxecto, a entidade beneficiaria deberá dispor en Galicia como mínimo de:
a) Un local con capacidade para levar a cabo o proxecto.
b) Unha persoa contratada para desenvolver o proxecto.
3. O proxecto recollerá obrigatoriamente a promoción do uso de preservativos e a súa distribución.
4. Para o cumprimento dos obxectivos do proxecto, poderase empregar material divulgativo editado pola Consellería de Sanidade ou polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Calquera outro material divulgativo que se pretenda usar e/ou distribuír, deberá presentarse previamente no Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles da Dirección Xeral de Saúde Pública, para que neste servizo se valore a súa idoneidade e se proceda á validación e autorización previa do seu uso e/ou distribución.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Unha memoria técnica do proxecto que se estea realizando ou se pretenda realizar cunha extensión máxima de 10 páxinas, debidamente asinada pola persoa que exerce a representación legal da entidade solicitante.
A memoria técnica deberá incluír a información do artigo 10 desta Orde.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que a súa consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse de forma electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade sen ánimo de lucro solicitante de subvención.
b) DNI da persoa representante da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (DOG. nº 153 do 11 de agosto de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais
Aberto todo o ano
Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
Aberto todo o ano
Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.
Aberto todo o ano
Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.
Aberto todo o ano