Guía de procedementos e servizos

SA463G

Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, macomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 08/07/2017 00:00 - 07/08/2017 23:59

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de cofinanciamento e concorrencia competitiva, a concesión de subvencións a proxectos de prevención de condutas adictivas que vaian desenvolver en Galicia nos anos 2017, 2018 e 2019, en consonancia coas áreas de actuación prioritarias establecidas pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Esta orde regula o procedemento recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia.

De acuerdo con lo establecido en la cartera de servicios en materia de prevención del Plan de Galicia sobre drogas:

1. Serán programas básicos los siguientes:

a) Ámbito escolar: «PPCDE/salud en la escuela» y «No pasa nada ¿pasa algo?».

b) Ámbito familiar: «Más que un techo», «En familia todos cuentan» y «Entre todos».

c) Ámbito juvenil: «Activa» y «Cambio de sentido».

2. Serán programas complementarios:

a) Los siguientes programas de la cartera de servicios: «Al alcance», «Cine y salud», «Odisea», «Creative», «Acais», «Información-sensibilización» y «Formación de mediadores».

b) Cualquier otro que la entidad solicitante considere oportuno desarrollar.

Se podrá presentar hasta un máximo de 5 programas complementarios.

Los programas de la cartera de servicios «Alternativa», «Sísifo», «Itínere» y «Penélope» no serán valorados en esta convocatoria de ayudas.

Todos los programas y actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente la perspectiva de género.

Conceptos subvencionables.

1. Se consideran gastos subvencionables aquellos que de forma indudable respondan a la naturaleza de la actividad subvencionada y se realicen en el plazo establecido en el artículo 8.5. En ningún caso el coste de adquisición de los gastos subvencionables podrá ser superior al valor de mercado.

En particular se subvencionarán los siguientes conceptos de gasto:

a) Gastos de personal. A las retribuciones en nómina se sumarán los gastos de seguridad social correspondientes a la empresa y su total constituirá el gasto subvencionable por costes de personal.

b) Dietas de manutención y desplazamiento, siempre que guarden relación con el proyecto y sean debidamente justificadas.

c) Gastos materiales. En este sentido se admitirán gastos derivados de la difusión y visualización del proyecto, así como gastos de material preventivo o divulgativo.

d) Gastos generales derivados del mantenimiento del servicio, tales como los correspondientes a los alquileres de los locales, asesoría, electricidad, gas, agua, telefonía, basura o comunidad.

e) Costes indirectos, siempre que sean imputados a la actividad subvencionada en la parte que razonablemente corresponda.

f) Gastos financieros, de asesoría jurídica o financiera, gastos notariales y registrales y gastos periciales si están directamente relacionados con la actividad subvencionada y son indispensables para su preparación o ejecución.

Poderán solicitar estas subvencións todos aqueles concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan desenvolver, individualmente ou agrupados, un proxecto de prevención obxecto da presente orde.

A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada concello e mancomunidade, agás no caso das agrupacións de concellos, en que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común. Nestes casos, os concellos integrantes da agrupación nomearán un representante único do proxecto conxunto, que actuará como coordinador e interlocutor ante a Consellería de Sanidade.

Ningún concello poderá figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual. De darse o caso, prevalecerá a solicitude realizada de forma conxunta.

Obrigas dos beneficiarios, compatibilidade e reintegro.

1. As entidades interesadas quedan obrigadas a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Sanidade, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. As subvencións serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables

Servizo de Prevención de Condutas Aditivas

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881541858

Fax: 881546571

Servizo de Prevención de Condutas Aditivas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

08/07/2017 00:00 - 07/08/2017 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

1. A creación ou existencia dunha unidade ou servizo de prevención de condutas adictivas que estará constituída, polo menos, por un/unha profesional con titulación universitaria e formación específica en condutas adictivas, que actuará como representante técnico/a do proxecto ante a Consellería de Sanidade.

2. Contar coa infraestrutura física e de medios axeitada para o desenvolvemento das funcións, dos programas e das actividades que deberá levar a cabo.

3. A presentación dun proxecto de actuación para os anos 2017, 2018 e 2019 orientado á prevención das condutas adictivas.

4. O proxecto de prevención comprenderá os programas definidos no artigo 5 que a entidade solicitante considere oportunos (ata un máximo de 12), dentro dos cales necesariamente se incluirá, como mínimo, un do ámbito escolar, outro do familiar e outro do xuvenil.

5. Estar inscrito/a, no momento da solicitude de subvención, no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas regulado no Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese, modificado polo Decreto 58/2005, do 24 de febreiro. No caso das solicitudes de agrupacións ou mancomunidades de concellos, será suficiente con que este requisito o cumpra un dos concellos.

6. O proxecto presentado deberá abranguer unha área de actuación mínima de 10.001 habitantes, que poderá ser de carácter municipal ou abarcar varios concellos para os cales se presente un proxecto común. A poboación destinataria do proxecto comprobarase no último padrón municipal publicado polo Instituto Galego de Estatística o día que remate o prazo de presentación de solicitudes.

7. A entidade solicitante optará necesariamente á clase que lle corresponda en función da poboación que abranga o seu proxecto. Se un concello se asocia con outro co fin de desenvolver un proxecto común nun mesmo ámbito territorial de actuación, deberán determinar cal deles será o interlocutor coa Consellería de Sanidade e o receptor da subvención.

8. As intervencións que se desenvolverán neste proxecto preventivo non poderán dirixirse a poboación que xa sexa beneficiaria de intervencións similares desenvoltas por outras institucións ou entidades, de carácter público ou privado, ao mesmo tempo.

9. As entidades solicitantes deberán ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do pasado exercicio, de acordo co disposto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

10. Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

11. Presentar a solicitude no prazo e na forma que establece o artigo 12.

12. Todos os materiais e publicacións (en formatos físicos ou electrónicos) que se elaboren no contexto das axudas reguladas por esta orde deberán ser revisados e aprobados polo Servizo de Prevención de Condutas Adictivas. Os materiais que utilicen a imaxe corporativa da Consellería de Sanidade deberán cumprir, ademais, cos criterios oficiais de identidade corporativa da Xunta de Galicia.

  • As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Memoria explicativa do proxecto, que se axustará ás características definidas no artigo 14 desta orde.

    • b) Anexo II de declaración de axudas e consentimento. Este anexo presentarase unicamente no caso de solicitudes conxuntas. Achegarase un exemplar por cada un dos concellos acompañantes ao solicitante da subvención, en que se dará o consentimento para que o concello que asina o anexo I actúe como representante.

  • Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF da/das entidade/s solicitante/s.

  • b) DNI da/das persoa/s representante/s da/das entidade/s solicitante/s.

  • c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

  • e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado nos anexos I e II, segundo corresponda, e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  •  As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

  • Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

  • A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 129 do 7 de xullo de 2017)

    • Extracto da Orde do 26 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 129 do 7 de xullo de 2017)

    • Resolución do 20 de marzo de 2018 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas e denegadas en virtude da Orde do 26 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 66 do 5 de abril de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

SA301A

Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA434A

Informe sanitario para concesión de augas para abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA461D

Acreditación para desenvolvemento de actividades con agonistas opiáceos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA461E

Renovación da acreditación para desenvolvemento de actividades con agonistas opiáceos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano