Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR926A
Reencontros na Casa.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na Casa para o ano 2017, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
As axudas consistirán no financiamento parcial do custo da viaxe desde os seus países de residencia ata Galicia e de retorno ao dito país, das persoas emigrantes galegas que carezan de recursos.
Así mesmo, é obxecto desta resolución proceder á convocatoria das devanditas axudas para o ano 2017.
Prazas convocadas:
Arxentina (86)
Brasil (18)
Cuba (12)
Uruguai (32)
Venezuela (32)
Outros países (10)
Total (190)
O número de prazas inicialmente previsto para os distintos países podería variar para adaptalo aos termos económicos previstos no correspondente contrato de servizos.
As prazas que queden vacantes, ata un máximo dun 25 % do total das 190 prazas, poderanse distribuír proporcionalmente entre aqueles países que teñan un maior número de prazas nas solicitudes admitidas en relación coas prazas ofertadas.
O 90 % das prazas asignadas a cada país destinarase a persoas que cumpran os requisitos indicados no artigo 2, puntos 1 e 2, e o 10 % restante ás persoas que cumpran os requisitos do punto 3 do mesmo artigo. Se non se completar unha destas cotas, as prazas vacantes poderán engadirse á outra.
O número de prazas convocadas poderá incrementarse, na mesma proporción, por países, no caso de que o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.
Datas de realización.
As datas de realización serán, preferentemente, a finais do mes de xuño.
Achegas económicas.
A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo, con carácter xeral, do 60 % do custo da pasaxe das persoas beneficiarias desde os lugares de partida en América fixados pola Secretaría Xeral da Emigración ata o lugar de destino designado en Galicia e do retorno.
Naqueles países en que a base de cálculo da prestación económica por ancianidade para o ano da convocatoria non supere os 3.000 euros anuais, a secretaría xeral farase cargo do 90 % do custo da pasaxe.
Naqueles países en que existan dificultades para acceder ás divisas necesarias para sufragar a parte que deba aboar a persoa beneficiaria, debido a dificultades na política de cambio, poderá sufragarse o 100 % do custo da pasaxe.
Emigrantes gallegos en el exterior.
Obligaciones de las personas beneficiarias, control y seguimiento.
1. Con carácter general, las personas beneficiarias quedan obligadas a someterse a los requisitos legales y reglamentarios que prevea la normativa general de la Xunta de Galicia, así como las actuaciones de comprobación que considere precisas la Secretaría General de la Emigración para asegurar el cumplimiento del contenido y las condiciones del programa.
2. Asimismo, estarán en la obligación de prestar colaboración y facilitar cuanta documentación les sea requerida en el ejercicio de las funciones de control que le corresponden a la Intervención General de la Comunidad Autónoma, así como al Consejo de Cuentas y Tribunal de Cuentas, en el ejercicio de su función de fiscalización y control del destino de estas ayudas.
3. Las personas beneficiarias quedan obligadas a comunicarle a la Secretaría General de la Emigración, en el momento en el que se produzca, cualquier alteración de los requisitos exigidos en la convocatoria o de circunstancias sobrevidas que impidan o dificulten la participación en el programa; en este caso, la secretaría general podrá adoptar la resolución de modificación de la concesión o de revocación que corresponda.
4. La Secretaría General de la Emigración llevará a cabo la función de control, evaluación y seguimiento de las ayudas concedidas al amparo de esta resolución. Para realizar dichas funciones se podrán utilizar cuantos medios estén a su disposición para comprobar los requisitos exigidos en esta resolución y demás normas vigentes que resulten de aplicación.
5. Procederá el reintegro total o parcial de las cantidades sufragadas por la Secretaría General de la Emigración, así como de los intereses de demora, en los casos y en los términos previstos en el artículo 33 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia, y en el Decreto 11/2009, de 8 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 9/2007.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral da Emigración
R/ Basquiños, 2
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957156
Fax: 981547297
Email: accion.social.emigracion@xunta.es
A presentación desde os centros colaboradores no exterior dos formularios de solicitude dos seguintes programas de axudas públicas está dispoñible en https://ccgg.xunta.gal/ccgg
Prazo de presentación: PECHADO
31/03/2017 00:00 - 02/05/2017 23:59
Un mes, contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta resolución en el Diario Oficial de Galicia. Si el último día del plazo fuera inhábil, se entenderá prorrogado al primer día hábil siguiente.
1. Poderán ser beneficiarias deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1.1. Ser emigrante galega.
1.2. Ter a nacionalidade española.
1.3. Residir en América de xeito continuado, como mínimo, durante os últimos 10 anos.
1.4. Ter, cando menos, 65 anos de idade, contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
1.5. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
1.6. Para seren persoas beneficiarias deste programa será necesario que poidan valerse por si mesmas e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditar mediante os correspondentes certificados médicos.
1.7. Contar co consentimento de familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade para que residan con eles durante a súa estadía en Galicia.
1.8. Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Estado español para o ano desta convocatoria, segundo o país de residencia. Se a persoa solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da devandita cifra polo número de persoas que conviven menos unha.
2. Poderán ser beneficiarias, como acompañantes, as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga de afectividade ás persoas solicitantes indicadas no punto 1, sempre que cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.5 e 1.6 e acheguen a documentación xustificativa.
3. Tamén poderán ser persoas beneficiarias os fillos e as fillas de persoas emigrantes galegas que teñan a condición de persoa galega e cumpran os requisitos indicados nos puntos 1.2, 1.3, 1.4, 1.6, 1.7 e 1.8 e non teñan participado en programas de viaxes a Galicia da Secretaría Xeral da Emigración nos últimos 10 anos.
4. Entenderase como unidade económica familiar a integrada polo persoa solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe, parella de feito ou relación análoga de afectividade, así como os/as fillos/as e parentes por consanguinidade ou adopción ata o segundo grao sempre que convivan coa persoa solicitante.
5. No caso das relacións de feito análogas ao matrimonio, as persoas solicitantes terán que acreditar que levan convivindo polo menos un ano, e tal circunstancia poderase probar por medio da inscrición no rexistro correspondente, por manifestación expresa mediante acta de notoriedade ou por calquera outro medio admisible en dereito. No caso de teren descendencia en común, chegará con acreditar a convivencia.
Solicitude segundo o Anexo I, acompañada da seguinte documentación:
Pasaporte español ou outro documento de identidade no que consten os datos persoais e a nacionalidade española.
Declaración da renda ou, se for o caso, xustificante de ingresos.
Certificado médico da persoa solicitante (anexo II).
Unha fotografía recente, tamaño carné.
Anexo III da persoa cónxuxe acompañante, se for o caso.
Anexo V da familia en Galicia.
Documentación acreditativa da última veciñanza administrativa en Galicia.
Documentación acreditativa da residencia en América, do lugar e da data de nacemento da persoa solicitante.
Libro de familia. No seu defecto, documentación xustificativa do matrimonio,unión de feito ou relación análoga de afectividade.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a continuación, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:
* En Brasil:
- Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
- Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo.
- Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.
* En Cuba:
- Federación de Sociedades Galegas na Habana.
* En Venezuela:
- Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.
A utilización desta vía requirirá unha autorización que a persoa solicitante lle outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude vía electrónica, incluída no modelo normalizado de solicitude.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 22 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros na Casa para persoas residentes no exterior durante o ano 2017 (DOG nº 63 do 30 de marzo de 2017).
-
Outros procedementos relacionados