Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR923H
Programa de escolas abertas presenciais para persoas físicas que non exerzan docencia nunha entidade galega do exterior.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos a persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior e ás persoas galegas residentes fóra de Galicia.
Así mesmo, é obxecto desta resolución a convocatoria de axudas para participar nos obradoiros para o ano 2017.
As distintas actividades que se desenvolverán no programa consistirán na organización e participación en obradoiros de especialización de:
- Gaita tradicional galega.
- Baile tradicional galego.
- Percusión tradicional galega.
- Canto popular e pandeireta.
Estes obradoiros terán as seguintes características comúns:
- Formación intensiva, de carácter participativo, cunha duración mínima de 50 horas lectivas teórico-prácticas.
- A formación será impartida por profesionais e expertos con experiencia nas distintas modalidades.
- Cada alumno deberá vir provisto dos instrumentos necesarios para o desenvolvemento dos obradoiros de carácter cultural.
- O lugar de celebración, o número de prazas de cada obradoiro por país, o desenvolvemento de cada unha das modalidades e a non realización dos obradoiros que non acaden un número mínimo de 8 solicitudes establecerase por resolución da persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración. Así mesmo, no caso de que o número de solicitudes presentadas para algún dos obradoiros sexa elevado, poderá determinarse a realización de máis dun obradoiro nalgunha das modalidades.
O número de prazas ofertadas ascende a un total de 80, distribuídas do seguinte xeito:
- Área 1 (países europeos): 18 prazas.
- Área 2 (países do resto do mundo): 62 prazas.
As prazas vacantes nunha das áreas poderanse adxudicar á outra área, de haber nela solicitudes admitidas e contar con crédito suficiente no programa. Nos obradoiros de gaita, baile, canto popular e pandeireta, e percusión reservarase un total de 4 prazas para as solicitudes de persoas físicas que non exerzan docencia nunha entidade galega do exterior.
Os obradoiros desenvolveranse preferiblemente na cidade de Ourense durante o mes de xullo do ano 2017.
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as persoas emigrantes galegas e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, maiores de 18 anos e menores de 65, residentes fóra de Galicia, que acrediten ser responsables de impartir docencia na modalidade que soliciten en entidades distintas das mencionadas no número 1 do artigo 2 desta resolución e que cumpran os requisitos exixidos para o resto dos participantes.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas
Servizo de Promoción das Entidades Galegas
R/ Basquiños, 2
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957353 / 981547265
Fax: 981547295
Email: entidadesgalegas@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
04/04/2017 00:00 - 03/05/2017 23:59
Un mes, a contar desde el día siguiente al de la publicación de esta convocatoria en el Diario Oficial de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias as persoas en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin poderán ter participado no Programa escolas abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así foi, quedarán excluídas.
Os requisitos teñen que cumprirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.
Persoas físicas que non exerzan docencia nunha entidade galega do exterior.
a) Documento identificativo da persoa solicitante que posúa a nacionalidade española, ben sexa pasaporte español ou outro documento de identidade en que consten os seus datos persoais e a nacionalidade española sempre que non se dispoña do DNI. Neste caso hai que presentalo se se denega expresamente a súa consulta no anexo V.
b) Documentación xustificativa que acredite a súa condición de persoa emigrante galega ou descendente desta ata o segundo grao de consanguinidade.
c) Documentación que acredite a súa residencia fóra de Galicia.
d) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia continuada no exterior, en que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular, de ser o caso.
e) Unha fotografía recente tamaño carné.
f) Certificación acreditativa de que a persoa solicitante imparte docencia na modalidade do obradoiro solicitado, emitida por unha entidade vinculada coa cultura e o folclore galego.
g) Breve currículo da persoa aspirante con especial referencia aos coñecementos e nivel de estudos musicais realizados, títulos, experiencia, actuacións, gravacións, grupos ou escolas en que impartiu docencia, etc., na materia obxecto do obradoiro.
h) Unha gravación en vídeo dixital (CD, VCD, DVD...) da modalidade solicitada que non exceda os 4 minutos, sen ningún outro instrumento acompañando, no caso de gaita e percusión. No caso de canto e baile, a gravación deberá ser solista.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (http://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2017 o Programa de escolas abertas destinado a persoas directivas e responsables de impartir docencia nas entidades galegas e a persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2017 (DOG nº 65 do 3 de abril de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.
Aberto todo o ano
Revogación do recoñecemento.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro da galeguidade.
Aberto todo o ano