Guía de procedementos e servizos

MT823B

Sorteo de postos de pesca de lamprea no río Tea.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 17/11/2017 00:00 - 11/12/2017 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

É obxecto desta norma a regulación do aproveitamento específico da lamprea (Petromyzon marinus) nas augas do río Tea durante o ano 2018.

Período e horario hábil.

1. O período hábil de pesca será desde o 22 de xaneiro ata o 28 de abril.

A pesca realizarase en días alternos: os luns, mércores e venres desde as estacadas impares e os martes, xoves e sábados desde as pares.

2. Poderase pescar desde as 21.00 horas do día autorizado ata as 8.00 horas do día seguinte. Prohíbese a pesca desde as 8.00 horas dos domingos ata as 21.00 horas dos luns.

Pescadores/as do río Tea.

A zona de pesca é o tramo do río Tea comprendido entre a ponte do ferrocarril (Salvaterra de Miño) e a praia da Moscadeira (Ponteareas).

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097 / 986805469

Fax: 986805436

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Solicitude

A presentación de solicitudes realizarase a través da opción "Tramitar en liña" habilitada á dereita.

Os modelos de documentos que debe achegar coa solicitude están dispoñibles no paso "Anexar documentación" do proceso de presentación da solicitude.

Tamén están dispoñibles na sección "Anexos asociados" situada ao pé desta páxina.

Prazo de presentación: PECHADO

17/11/2017 00:00 - 11/12/2017 23:59

O prazo para solicitar a participación no sorteo será de quince días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os medios autorizados para a pesca da lamprea no Tea son a estacada, a fisga (unha por persoa) e a luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira ou similar situada sobre o río, perpendicularmente á dirección da corrente.

Características das estacadas.

1. As estacadas deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Deberán ter acceso desde terra e en ningún caso a súa lonxitude máxima superará a metade do leito fluvial ocupado polas augas en cada momento.

b) Un extremo apoiarase na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación das augas baixo ela.

c) Deberán estar debidamente numeradas e situadas, de conformidade co recollido no anexo I. A situación exacta será indicada polo persoal da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e non se poderá proceder a súa instalación sen o previo pagamento do prezo público correspondente. Calquera cambio de lugar requirirá solicitude e autorización previa do Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra. No suposto de que as persoas adxudicatarias de dúas estacadas contiguas queiran montalas conxuntamente, solicitarano previamente e, se é o caso, montaranse no lugar correspondente á sinalada máis augas abaixo.

d) Calquera modificación da vexetación de ribeira axustarase ao disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. No caso de que a suxeición da estacada á terra sexa ás árbores de ribeira, tomaranse as medidas necesarias para que as ditas árbores non resulten danadas.

e) As luces colocaranse en liña paralela á estacada de xeito que todo o tramo quede iluminado coa mesma intensidade. En ningún caso se colocarán as luces por debaixo da estrutura da estacada. Prohíbense os focos ou similares.

f) Unha vez finalizado o réxime especial o día 28 de abril, os pescadores e as pescadoras disporán dun prazo de 15 días para retiraren as estacadas e demais instalacións e deberán deixar o contorno libre de lixo.

2. Do incumprimento dos anteditos requisitos de instalación e retirada das estacadas responderán solidariamente todas as persoas autorizadas.

  • As persoas interesadas poderán participar no sorteo público que efectuará o Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra.

Non poderá participar no sorteo quen fose inhabilitado por incumprir o establecido no artigo 10 da Orde do 27 de outubro de 2016 (DOG núm. 214, do 10 de novembro).

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal, anexo II desta orde). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o anexo III citado no artigo anterior, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos do DNI ou NIE das persoas solicitantes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no anexo II ou anexo III, segundo o caso, e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 3 de novembro de 2017 pola que se regula a pesca de lamprea no río Tea e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2018 (DOG nº 218 do 16 de novembro de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano