Guía de procedementos e servizos

MT823A

Autorización para a pesca de lamprea nas pesqueiras do río Ulla.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 17/11/2017 00:00 - 11/12/2017 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto desta norma é a regulación do aproveitamento específico da lamprea (Petromyzon marinus) nas augas do río Ulla durante o ano 2018.

Período e horario hábil.

1. O período hábil de pesca será:

a) Nas pesqueiras de Areas (Herbón), do 1 de xaneiro ao 24 de marzo.

b) No tramo comprendido desde a pesqueira As Vellas (Herbón) ata a pesqueira da Trapa (Herbón) ambas incluídas, do 29 de xaneiro ao 21 de abril.

c) No tramo comprendido desde as pesqueiras da Caseta e Furado (Carcacía) ata a pesqueira de Lampreeiro, lugar das Pesqueiras (Reis) todas incluídas, do 5 de febreiro ao 5 de maio.

O mesmo día que remate o período autorizado retiraranse as artes de pesca.

2. As redes só poderán estar colocadas desde as 20.00 horas ata as 8.00 horas.

Prohíbese a realización dos labores de pesca (deberán levantarse as redes das pesqueiras) desde as 8.00 horas dos sábados ata as 20.00 dos luns.

As pesqueiras tradicionais situadas no río Ulla, detalladas no anexo I desta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097 / 986805469

Fax: 986805436

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

17/11/2017 00:00 - 11/12/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1. A pesca da lamprea só se poderá practicar nas pesqueiras autorizadas e coas limitacións que a seguir se indican:

a) Nas pesqueiras de Areas e As Vellas deberán deixar libre a canle central do río e non poderán traballar na denominada «vea».

b) Deberán empregarse redes que non causen dano a outras especies piscícolas.

c) Serán devoltos ás augas ou entregados ao persoal da Administración que o solicite todos aqueles exemplares piscícolas que non sexan as lampreas capturadas nas pesqueiras.

d) En todo momento deberán colaborar co persoal do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio seguindo as súas instrucións.

2. Estas limitacións obrigan a todas as persoas autorizadas, sexan ou non titulares das pesqueiras.

Permisos.

Toda persoa que traballe nas pesqueiras deberá estar en posesión da correspondente licenza de pesca e do permiso de 4ª categoría para cada día e pesqueira, documentos que deberá levar consigo xunto co DNI/NIE durante a práctica desta actividade.

Xunto cos permisos entregarase un libro de rexistro de capturas que deberá ser debidamente cuberto e estar sempre á disposición do persoal do Servizo de Conservación da Natureza.

Unha vez rematada a temporada, o libro de rexistro deberá ser enviado, no prazo de 15 días, ao Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra, na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º. O cumprimento deste requisito será indispensable para optar a permisos da próxima temporada.

No caso de que traballe a pesqueira unha persoa distinta da titular, para a obtención dos citados permisos deberá acreditar no Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra que está autorizada pola persoa titular.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Documento que acredite a titularidade das pesqueiras (no caso de ser a primeira vez que presenta a solicitude).

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos do DNI ou NIE da persoa solicitante.

2. No caso de que a persoa interesada se opoña a esta consulta, deberá indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar o documento.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo II desta orde).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 3 de novembro de 2017 pola que se regula a pesca da lamprea nas pesqueiras do río Ulla e se fixan o período e as condicións para presentar as solicitudes para o ano 2018 (DOG nº 218 do 16 de novembro de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano