Guía de procedementos e servizos

MT720B

Renovación do plan de ordenación cinexética.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 31/05/2017 00:00 - 30/06/2017 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta resolución regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2017/18, que abrangue o período comprendido entre o 1 de agosto de 2017 e o 31 de xullo do ano 2018.

Os tecores ou explotacións cinexéticas comerciais cuxa vixencia do seu Plan de ordenación cinexética remate na tempada 2016/17, deberán presentar a súa renovación ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para o cal deben presentar a solicitude de renovación segundo o anexo VIII desta resolución (procedemento MT720B), dispoñible na sede electrónica, á cal se debe achegar o Plan de ordenación cinexética e o resumo obtido da aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia http://emediorural.xunta.es/caza/UsuariosCaza/.

Persoa física e xurídica.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Edificio administrativo San Lázaro, s/n,

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546094/981546084

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184539

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294393

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

Avda. Habana, 79

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386569

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Avda. Fernández Ladreda, 43

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097

Servizo de Caza e Pesca Fluvial
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

31/05/2017 00:00 - 30/06/2017 23:59

As solicitudes de renovación do Plan de ordenación cinexética (MT720B) deberán presentarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, establecéndose como data límite o 30 de xuño de 2017.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de renovación do Plan de ordenación cinexética (MT720B) a seguinte documentación.

    • a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

    • b) Resumo do Plan de ordenación cinexética obtido do portal web de caza.

    • c) Plan de ordenación cinexética.

  • Comprobación de datos.

  • 1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

    • a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

    • b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante da persoa física ou xurídica solicitante (se for o caso).

    • c) Consulta do NIF da entidade solicitante.

  • 2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo comú

Despois de presentar

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia (DOG nº 214 do 6 de novembro de 2001).

    • Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 2014).

    • Resolución do 19 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2017/18 (DOG nº 101 do 30 de maio de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano