Guía de procedementos e servizos

MR323C

Axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 01/07/2017 00:00 - 31/07/2017 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, e convocalas para o ano 2017, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4 (Investimentos en activos físicos), submedida 4.1 (Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas).

Investimentos subvencionables.

1. Serán subvencionables as actuacións relacionadas a seguir:

a) Reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.

b) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

c) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados, que poden comprender gastos xerais tales como honorarios dos técnicos que elaboren os proxectos de construción ou reforma, licenzas de software e outros permisos.

2. Os gastos xerais dos proxectos non poderán superar o custe subvencionable do investimento, establecéndose un máximo dun 3 % para a redacción do proxecto, dun 3 % para a dirección de obra e dun 3 % para o estudo de viabilidade ou plan empresarial.

3. Non serán subvencionables a compra de dereitos de produción agrícola, animais e plantas anuais e a súa plantación; investimentos de simple substitución; maquinaria de segunda man; os custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación ou coa comercialización; a maquinaria e os investimentos de carácter forestal. Tampouco será subvencionable o IVE nin licenzas e taxas administrativas.

a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546186

Fax: 981546892

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/07/2017 00:00 - 31/07/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

1. Xustificar a necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presentación dun estudo de viabilidade.

2. Compromiso de exercer a actividade agraria, obxecto da axuda, durante polo menos cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.

3. As entidades deberán establecer as normas internas de funcionamento que sexan necesarias para garantir o correcto funcionamento e a continuación da actividade de que se trate.

4. Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.

5. Non ter a consideración de empresa en crise. No caso de empresas intermedias, a consideración de empresa en crise efectuarase de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01), considerándose que unha empresa intermedia está en crise se concorre polo menos unha das circunstancias a que se fai referencia no número 20, alíneas a), b), c) e d) das ditas directrices. Mentres que no caso das pequenas ou medianas empresas aquelas que entren dentro da categoría de empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2, número 18) do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

6. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas pequenas e medianas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

7. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben de estar incluídos os gastos declarados para esta axuda. Conforme o disposto no artigo 66.1.c) do Regulamento (UE) nº 1305/2013, o beneficiario da axuda deberá levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.

8. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorran algunha das circunstancias seguintes:

a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursos os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

  • Para solicitar a axuda do procedemento MR323C, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Anexo II: certificación do acordo do consello reitor para solicitar a subvención.

    • b) Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se for o caso).

    • c) Copia dos estatutos da entidade.

    • d) Copia da escritura de constitución e inscrición rexistral.

    • e) Balances e contas de resultados do último exercicio presentado no rexistro correspondente e realizadas de acordo co plan xeral de contabilidade.

    • f) Certificación das explotacións agrarias asociadas participantes nos investimentos. Identificarase o NIF e o nome do titular da explotación.

    • g) Tres orzamentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo a compra de terreos.

ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

iii. Deberán incluír como mínimo o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou a razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

  • h) Certificación por parte da entidade solicitante en que consten os nomes, sexo e data de elección das persoas que compoñen o seu órgano de goberno.

  • i) No caso de investimentos en obra civil:

i. Proxecto visado (en soporte dixital) elaborado por técnico ou equipo técnico competente (polo menos deberá formar parte un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente)

ii. Xustificación documental da dispoñibilidade da licenza de obras.

iii. No caso de novas construcións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van realizar os investimentos.

  • j) No caso de proxectos innovadores recoñecidos no marco da Asociación Europea para a Innovación, debe achegarse certificado acreditativo da unidade responsable correspondente.

  • k) No caso de investimentos relacionadas con operacións en agricultura ecolóxica, certificado do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica.

  • l) Estudo de viabilidade técnico-económica elaborado por técnico ou equipo técnico competente (polo menos deberá formar parte un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente), que deberá incluír:

    • a) Unha memoria dos investimentos que se realizarán, na que se indique e xustifique:

a. O investimento colectivo que se vai realizar.

b. O número de explotacións socias.

c. Localización onde se realizará o investimento (en explotación titularidade da entidade asociativa ou ben en explotación dos seus socios). Referencia catastral das parcelas onde se realizará o investimento.

d. Orientacións produtivas actuais e orientacións produtivas dos novos investimentos.

e. Se a entidade procede ou non de fusión de cooperativas e enumeración destas, se for o caso.

f. Se o investimento se realizará ou non en zonas incluídas na Rede Natura 2000.

g. Se o investimento supón ou non un aforro enerxético.

h. Se son investimentos en tecnoloxías novas e eficaces para reducir as emisións de CO2 e NH3.

  • b) Unha descrición da situación inicial da explotación agrícola, con indicación das fases e obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.

  • c) Un análise de mercado (con matriz dafo).

  • d) Unha descrición da situación final unha vez levado a cabo o plan de empresa.

  • e) Información pormenorizada sobre os investimentos que se van realizar e prazos (ingresos, gastos, investimento, financiamento, balance, conta de resultados e tesouraría), no cal:

• Se indiquen as melloras que se van realizar,

• Se estableza unha valoración do seu impacto sobre o cambio climático (emisións de gases de efecto invernadoiro, capacidade de adaptación),

• Se inclúan as medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo eficiente de auga, etc.,

• Figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea, estatal o autonómica así o exixa, e que preste especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas na Rede Natura 2000.

  • f) Información pormenorizada sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agrícola, incluídas as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

  • Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

  • Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • Estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia.

  • No caso de investimentos situados en zonas incluídas na Rede Natura 2000, informe favorable da autoridade competente en materia ambiental.

  • No caso de investimentos en proxectos de cooperación, comprobación de que ten resolución de concesión de axuda da operación financiada a través da medida 16 do PDR de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 21 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 124 do 30 de xuño de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237B

Programas de planificación zoosanitaria

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59