Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR265C
Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluída a loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidos na presente resolución.
1. As persoas provedoras solicitarán o pagamento da axuda conforme o modelo previsto no anexo IV da presente resolución, na forma establecida no artigo 7.3, e dirixirase ao Servizo Territorial do Fogga da provincia onde radiquen os centros escolares correspondentes.
2. A solicitude de pagamento presentarase nun prazo máximo de tres meses contados a partir do día seguinte ao remate do período de subministración correspondente.
Se o prazo de presentación da solicitude de pagamento se excede en menos de 60 días naturais, a axuda verase reducida como se indica a seguir:
a) Un 5 %, se o prazo se supera entre 1 e 30 días naturais.
b) Un 10 %, se o prazo se supera entre 31 e 60 días naturais.
Cando o prazo se exceda en máis de 60 días naturais, a axuda reducirase, ademais, nun 1 % por cada día adicional, calculado sobre o saldo restante.
3. A persoa solicitante cubrirá a declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ás distintas administracións ou entes públicos para o mesmo proxecto, das concedidas por estas e doutros ingresos e recursos que financien as actividades subvencionadas, que se inclúe nesta solicitude.
Os alumnos dos centros escolares.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294454
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386942
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805442
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
01/03/2018 00:00 - 14/02/2019 23:59
Prazo aberto ata febreiro de 2019 /
3 meses desde o día seguinte á finalización do período de subministración.
Xunto coa solicitude de pagamento, a persoa provedora achegará a seguinte documentación:
O anexo IVA e/ou IVB, segundo corresponda tendo en conta o grupo de produto subministrado.
Os correspondentes recibos ou facturas das cantidades de produtos efectivamente subministradas ou distribuídas.
Certificado do centro escolar en que figuren o número de alumnos/as matriculados ao comezo do curso escolar e o número de alumnos/as participantes na liña de axuda, coas cantidades efectivamente subministradas por nivel de ensino e produto subministrado.
No caso de subministrar produtos avalados polos réximes de calidade recollidos no artigo 5.3 desta resolución, o solicitante da axuda acreditará esta condición achegando a documentación acreditativa correspondente.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Estar ao día nas obrigas tributarias co Estado.
b) Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
c) Estar ao día nas obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o Fogga poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da declaración. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da declaración, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da declaración e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 13 de xuño de 2017 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2017/18, e de convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2018/19 (DOG nº 118 do 22 de xuño de 2017).
-
Resolución do 8 de setembro de 2017 pola que se modifica a Resolución do 13 de xuño de 2017 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2017/18, e de convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2018/19 (DOG nº 175 do 14 de setembro de 2017).
-
Resolución do 31 de outubro do 2017 pola que se amplía a contía orzamentaria da Resolución do 13 de xuño de 2017 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2017/18, e de convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2018/19 (DOG nº 211 do 7 de novembro de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.
Aberto todo o ano
Participación no Programa Escolar.
Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59
Axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.
Prazo pechado: 29/08/2025 00:00 - 29/09/2025 23:59