Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR265C
Pagamento da axuda para o leite e produtos lácteos aos centros escolares.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
1. As persoas solicitantes autorizadas solicitarán o pagamento da axuda conforme o modelo previsto no anexo IV da presente resolución, na forma establecida no artigo 7.2 e dirixirase ao Servizo Territorial do Fogga onde radiquen os centros escolares correspondentes.
2. A periodicidade da solicitude de pagamento será mensual e abranguerá o período de subministración dun mes.
3. Salvo en casos de forza maior, as solicitudes de pagamento, para ser válidas, deberán estar correctamente cubertas e presentarse, a máis tardar, o último día do terceiro mes seguinte ao termo do período obxecto de solicitude. Non obstante, admitiranse as solicitudes presentadas no cuarto e quinto mes seguinte, e reduciríase o seu importe nun 5 % se o atraso é igual ou inferior a un mes, e nun 10 % se é superior a un mes pero inferior a dous.
4. Conforme ao previsto no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, salvo que o solicitante denegue expresamente o seu consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.
Os alumnos dos centros escolares.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540079
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
04/01/2017 00:00 - 28/02/2018 23:59
A partir do día 4 de xaneiro de 2017 ata o día 28 de febreiro de 2018
Coas solicitudes de pagamento da axuda achegaranse:
O anexo V que conten os datos das subministracións realizadas e a relación de centros escolares participantes no mes que corresponda.
As correspondentes facturas xustificativas, que reflectirán, por separado, o custo total de cada produto subvencionado (base impoñible máis IVE) e o importe da axuda, así como unha proba do seu pagamento.
O certificado ou recibo do centro escolar das cantidades efectivamente subministradas.
O certificado do centro escolar do número de alumnos/as matriculados/as por nivel de ensino, número de alumnos/as participantes na liña de axuda e días lectivos referidos ao período da solicitude de pagamento.
As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, cando a persoa solicitante denegue expresamente o seu consentimento segundo establece o punto 4 deste artigo.
A presentación da documentación complementaria farase nos termos establecidos no artigo 7.3 desta resolución.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 26 de decembro de 2016 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de leite e determinados produtos lácteos ao alumnado de centros escolares, e se convocan para o ano 2017. (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.
Aberto todo o ano
Participación no Programa Escolar.
Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59
Axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.
Prazo pechado: 29/08/2025 00:00 - 29/09/2025 23:59