Guía de procedementos e servizos

MR250A

Pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 01/02/2017 00:00 - 15/05/2017 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Regular os elementos e procedementos, así como a solicitude das axudas que se indican a continuación:

1. Liñas de axuda integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios:

a) Un pago básico aos agricultores ("réxime de pago básico").

b) Un pago para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.

c) Un pago suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola.

d) Un réxime de axuda asociada:

1ª.- Axuda asociada aos cultivos proteicos

2ª.- Axuda asociada aos legumes de calidade

3ª.- Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices

4ª.- Axuda asociada para as explotacións de vacún de cebo

5ª.- Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite

6ª.- Axuda asociada para as explotacións de ovino

7ª.- Axuda asociada para as explotacións de cabrún

8ª.- Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de cebo e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pago básico

9ª.- Calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.

2. Tamén se inclúen as solicitudes de axuda da medida de agricultura ecolóxica así como as solicitudes de pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:

a) Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

b) Pagamentos a zonas con limitacións naturais.

c) Agroambiente e clima.

d) Agricultura ecolóxica.

Nas axudas incluídas neste punto, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) contribuirá cunha participación do 75 % ao cofinanciamento destas.

3. Por último, inclúense as solicitudes da axuda excepcional de adaptación ao sector produtor do vacún de leite que abarca dúas medidas:

a) A medida destinada a non incrementar a produción.

b) A medida destinada a incentivar a execución de proxectos de cooperación.

Prazo de resolución:

a) Para as axudas dos pagamento directos á agricultura e á gandería: Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os coeficientes previstos, se é o caso, a Subdirección Xeral de Xestión da PAC.

b) Para as solicitudes de indemnización compensatoria, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica: nove meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Agricultores/as activos e con actividade agraria con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386948

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo de Axudas Agrícolas da Pac

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546262

Fax: 981546268

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805455

Fax: 986805569

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294462

Fax: 982294411

Servizo de Axudas Agrícolas da Pac
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/02/2017 00:00 - 15/05/2017 23:59

Segúndo a Orde do 25 de abril de 2017, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 15 de maio de 2017.

Para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación estea nesta comunidade autónoma.

b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia.

Para que un agricultor se considere activo e que unha actividade se considere actividade agraria deberán:

Acreditar o cumprimento do establecido respectivamente nos capítulos I e II, do título II do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

  • En todos os casos:

    Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es.

  • Xeral:

    • Fotocopia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que non outorguen a autorización para consultar os datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.

    • Fotocopia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.

    • Fotocopia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.

    • Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as fotocopias dos DNI en vigor, de ambos os dous.

  • Solicitude única:

    Ademais da documentación xeral anterior, presentarase a documentación que se relaciona a continuación:

    • 1. Para as solicitudes con declaración de parcelas:

      • Certificado da entidade xestora, segundo o modelo do anexo 4-A, no caso de superficies de uso en común onde existan pastos permanentes utilizados conxuntamente por varios produtores. No caso de superficies que xa dispoñen de código, a relación de recintos SIXPAC e os tipos de pasto que a compoñen, deberán ser remitidas polo representante da entidade ao servizo territorial do Fogga.

    • 2. Para acreditar a condición de agricultor activo:

      • a) Persoas físicas que deneguen expresamente a autorización para recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a información fiscal necesaria ou ben para persoas físicas que pertencen a unha integradora de gando:

        1º.- Declaración do IRPF correspondente ao período impositivo dispoñible máis recente ou impreso de alta censual (modelo 036 ou 037)

        2º.- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos os dous.

      • b) Persoas xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas. A petición do órgano xestor deberán achegar a documentación xustificativa dos ingresos agrarios declarados na súa solicitude única.

    • 3. Para o pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente:

      • Certificado que acredite a produción ecolóxica nos recintos declarados con este tipo de produción cando non se outorgue a autorización para consultar os datos de consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control ou entidades asociativas.

    • 4. Pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola:

      • Cando o solicitante non sexa persoa física, documentación que permita verificar que os agricultores mozos forman parte da xunta reitora ou do órgano de goberno da entidade á que pertencen.

    • 5. Para as axudas ao desenvolvemento rural:

      • a) Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias

        1º.- Factura

        2º.- Xustificante de pagamento da mesma

        3º.- No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia.

        4º.- Declaración doutras axudas segundo o modelo do anexo XII.

      • b) Pagos a zonas con limitacións naturais:

        1º.- Declaración do IRPF do ano 2015, ou compromiso de presentar a do ano 2016, se e novo solicitante.

        2º.- Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estes.

        3º.- Informe de vida laboral do solicitante. Non será esixible se o solicitante autoriza ao Fogga para a súa solicitude á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

      • c) Agroambiente e clima e agricultura ecolóxica

        No caso de non autorizar ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos, os solicitantes deberán achegar a documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos e compromisos aplicables a cada liña de axuda:

        1º.- Para todas as liñas de axuda: Informe dunha entidade inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega) que acredite que o solicitante recibe o aconsellamento especializado.

        2º.- Razas autóctonas en perigo de extinción:

        - Certificado da Asociación xestora do Libro Xenealóxico Oficial da Raza ou da asociación oficialmente recoñecida.

        - Certificado asinado polo tecnico responsable do Programa de Mellora Xenetica de participación do solicitante no citado programa.

        3º.- Produción integrada: Certificado dunha entidade acreditada.

        4º.- Agricultura ecolóxica: Certificados do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 27 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade á asignación e á denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2019 e se notifican as resolucións pendentes das campañas 2015, 2016, 2017 e 2018 (DOG nº 178 do 2 de setembro de 2020).

    • Orde do 31 de xaneiro de 2017 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2017).

    • Orde do 25 de abril de 2017 pola que se modifica a Orde do 31 de xaneiro de 2017 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 83 do 2 de maio de 2017).

    • Resolución do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2018).

    • Corrección de erros. Resolución do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018).

    • Resolución do 30 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña, solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2018)

    • Corrección de erros. Resolución do 30 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña, solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural (BOE nº 307 do 20 de decembro de 2014).

    • Real Decreto 1172/2015, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, o Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común, e o Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (BOE nº 312, do 30 de decembro de 2015).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237B

Programas de planificación zoosanitaria

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59