Guía de procedementos e servizos

MR241D

Comunicación de cesión de dereitos do RPB.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 01/11/2017 00:00 - 30/04/2018 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Os dereitos de pago base poden ser obxecto de cesión polos agricultores a outros agricultores, ben en venda, arrendamento ou calquera outra forma admitida en dereito.

As formas de cesións dos dereitos poden ser :

a) Definitivas por:

Herdanzas, cambios de personalidade xurídica, fusións e escisións, compravendas, xubilacións, ceses anticipados, finalización anticipada de arrendamentos, incapacidade laboral permanente, renuncias voluntarias a favor da Reserva Nacional e sentencias xudiciais.

b) Temporais por:

Arrendamentos, modificacións de arrendamentos debidos a cambios de titularidade.

Agricultores/as titulares de dereitos de pago básico con explotacions situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805455

Fax: 986805569

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386948

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo de Axudas Gandeiras da Pac

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546270

Fax: 981546182

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294462

Fax: 982294411

Servizo de Axudas Gandeiras da Pac
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/11/2017 00:00 - 30/04/2018 23:59

O período de comunicación iniciarase o 1 de novembro de 2017 e finalizará cando remate o prazo de presentación da solicitude única do seguinte ano.

  • En todos so casos:

    Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es.

  • Xeral:

    • Fotocopia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que non outorguen a autorización para consultar os datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.

    • Fotocopia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.

    • Fotocopia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.

    • Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as fotocopias dos DNI en vigor, de ambos os dous.

  • Específica:

    Dependerá do tipo de cesión e, con carácter xeral pode consistir nalgún dos documentos seguintes:

    • Contrato de cesión, venda ou arrendamento de dereitos de pago básico, de terras (hectáreas admisibles), ou de ambos.

    • Testamento con, de ser o caso, a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou da súa excepción.

    • Documentos acreditativos de xubilacións da actividade agraria na que o ou os cesionarios dos dereitos sexan familiares de primeiro grao do cedente e programas aprobados de cese anticipado ou incapacidade laboral permanente do cedente así como do cambio de titularidade.

    • Documentos acreditativos de cambios do rexime ou estatuto xurídico do titular que inclúan un cambio de NIF.

    • Documentos acreditativos de fusións ou agrupacións en persoas xurídicas ou entes sen personalidade xurídica, ou de excisións de persoas xurídicas ou de agrupacións de persoas físicas.

    • Documentación acreditativa da finalización anticipada de arrendamentos de dereitos de pago básico con terra.

    • De ser o caso, documento de renuncia voluntaria a favor de la reserva nacional

      Nota: Por petición do Fogga deberá presentarse calquera outra documentación xustificativa.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 27 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade á asignación e á denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2019 e se notifican as resolucións pendentes das campañas 2015, 2016, 2017 e 2018 (DOG nº 178 do 2 de setembro de 2020).

    • Orde do 31 de xaneiro de 2017 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2017).

    • Resolución do 26 de setembro de 2017 pola que se aplican determinadas excepcións no cumprimento das obrigas do pagamento verde, na campaña de solicitude 2017, dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, regulados na Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2017).

    • Resolución do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2018).

    • Corrección de erros. Resolución do 29 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018).

    • Resolución do 30 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña, solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2018)

    • Corrección de erros. Resolución do 30 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade da denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña, solicitadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2017 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común (BOE nº 307, do 20 de decembro de 2014).

    • Real Decreto 1172/2015, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, o Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común, e o Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (BOE nº 312, do 30 de decembro de 2015).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237B

Programas de planificación zoosanitaria

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59