Guía de procedementos e servizos

IG638A

Axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 10/03/2017 00:00 - 09/05/2017 23:59

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto destas bases é facilitar a incorporación ou reinserción no mercado laboral –de mozos/as profesionais e de profesionais sénior experimentados en situación de desemprego–, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización. Póñense á disposición das pemes os profesionais con formación especializada, a subvención para a súa contratación e a titorización do xestor durante o período de contratación subvencionable.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídos os autónomos/as, que cumpran os seguintes requisitos:

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Xerencia - Igape

Igape - Oficina de Lugo

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294032

Fax: 982294801

Email: lugo@gape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Xerencia - Igape

Igape - Oficina de Ferrol

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

15403  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981337101

Fax: 981337106

Email: ferrol@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Xerencia - Igape

Igape - Oficina da Coruña

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182239

Fax: 981182240

Email: coruña@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Xerencia - Igape

Igape- Oficina de Pontevedra

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805305

Fax: 986805308

Email: pontevedra@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Xerencia - Igape

Igape- Oficina de Ourense

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988687289

Fax: 988687290

Email: ourense@gape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Xerencia - Igape

Igape- Oficina de Vigo

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817366

Fax: 986817361

Email: vigo@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

10/03/2017 00:00 - 09/05/2017 23:59

Comezará ao día seguinte de publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará transcorridos dous meses desde a dita data.

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que teñan, na data de publicación destas bases no DOG e ata a data de presentación da solicitude de cobramento, algún empregado por conta allea en Galicia distinto da contratación obxecto desta axuda.

e) As beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas empresas en crise. Para os efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Condicións da contratación.

1. O xestor deberá pertencer a algunha das seguintes categorías:

a) Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1981.

1º. Deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional.

2º. En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación específica de postgrao en comercio internacional:

i) Bolsa de prácticas de postgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou

ii) Mestrado de comercio exterior ou

iii) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

3º. Non teren desempeñado en España con anterioridade –antes da contratación obxecto destas bases– traballos por conta allea dados de alta no grupo de cotización 1 ou 2 por un período total superior a 185 días (experiencia laboral en España distinta a bolsas de formación ou prácticas), nin ter estado dado de alta como autónomo en España con anterioridade –antes da contratación obxecto destas bases– por un período superior a 185 días, nun CNAE relacionado con comercio por xunto, intermediarios do comercio ou con actividades profesionais de consultoría (CNAE 46 e 70).

4º. No caso de estaren inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil, a contía da axuda incrementarase segundo o establecido no artigo 5.2.a).

b) Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1973):

1º. Deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional.

2º. En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación ou experiencia laboral relacionada coa internacionalización empresarial:

i) Bolsa de prácticas de postgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou

ii) Master de comercio exterior ou

iii) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

iv) Experiencia laboral igual ou superior a 12 meses na categoría profesional que corresponda coa titulación exixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

c) En ambos os dous casos, profesionais mozos ou sénior, deberán cumprir as seguintes condicións:

1º. Estaren dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia.

2º. Un mesmo xestor poderá ser obxecto dun máximo de dúas contratacións subvencionables na mesma convocatoria.

3º. Estaren dados de alta na base de datos de xestores de internacionalización do Igape, na páxina web: www.igape.es. A validación da alta nesta base de datos é en virtude do declarado polo xestor, o Igape non solicita documentación acreditativa dos requisitos de acceso á base no momento de validar a dita alta, polo que o solicitante da axuda debe reunir a documentación acreditativa dos requisitos de acceso á base e declarados polo xestor.

2. O contrato:

O obxecto do contrato é a realización baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación (excepto contratos de alta dirección) –para un centro de traballo en Galicia de actividades relacionadas coa internacionalización empresarial.

3. Exclusións:

a) Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.

b) Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante ou con outras empresas vinculadas antes da convocatoria (ser bolseiro non se entende como relación laboral).

c) A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

Enténdese por vinculación entre empresas ás que cumpran os requisitos establecidos no artigo 42 do Código de comercio.

4. Só se concederá unha axuda do tipo da descrita nestas bases por solicitante e convocatoria.

5. Para reforzar a formación do xestor e/ou para que o labor do xestor sexa máis produtivo para a empresa que o contrate, estes xestores serán titorizados polo Igape e asignarase para a súa supervisión e axuda un profesional con experiencia en internacionalización empresarial.

A titorización consistirá en:

a) O xestor poderá consultar dúbidas sobre cuestións de internacionalización empresarial co titor.

b) Convocaranse reunións do titor, individuais e/ou en grupo con varios xestores, para os efectos de poñer en común dúbidas e interactuar entre eles.

c) Solicitaranse ao xestor informes trimestrais do tipo de tarefas realizadas.

Artigo 7. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude, as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

3. A presentación da solicitude por parte da persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, entón deberá presentar a certificación nos termos establecidos regulamentariamente.

4. As propostas que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro.

  • Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante, das tarefas a que se dedicará o xestor, dos obxectivos xerais e do orzamento do proxecto, así como de declaracións relativas ao condicionado nestas bases, a traves da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

  • No suposto de que o solicitante sexa unha persoa física e non teña capacidade tecnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderá dirixirse ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais, para que lle presten asistencia e medios para cubrir o formulario electrónico; ou a traves do número de telefono 900 81 51 51. Deste xeito obterase o formulario de solicitude. Unha vez cuberto o formulario, obterase o formulario normalizado de solicitude que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo.

  • Xunto co formulario de solicitude, presentarase a seguinte documentación:

    • 1º. DNI da persoa representante da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

    • 2º. NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

    • 3º. Escritura de constitución e modificacións inscrita/s no rexistro competente.

    • 4º. Documento público acreditativo do poder con que actúa o seu representante.

    • 5º. Informe de traballadores en alta (ITA) emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, de data igual ou posterior á da publicación no DOG desta convocatoria.

    • 6º. Informe da vida laboral da empresa emitido con data igual ou posterior á da publicación destas bases no DOG e por un período mínimo dun ano.

    • 7º. Declaración responsable do representante legal da empresa de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto, que se cubrirá no formulario de solicitude.

      De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

  • No caso de ser o solicitante unha persoa xurídica, deberá presentar a solicitude por vía electrónica, a traves do formulario de solicitude normalizada (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, de conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.3. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o cal poderá requirirse a exhibición do documento orixinal. Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

    No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude, a da presentación da emenda.

  • Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou da entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

    b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a Norma X.509 V3, válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG núm. 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

    c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

    d) Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

    e) No momento da presentación, o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo no cal quedará constancia do feito da presentación.

    f) Os interesados tamen empregarán a vía electrónica para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Neste caso, o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace de tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

    g) Todos os trámites administrativos que as persoas xurídicas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

  • No caso de que o solicitante sexa unha persoa física, alternativamente, tamen a poderá presentar en soporte papel no Rexistro Xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, xunto coas copias simples dos documentos relacionados no artigo 8.3. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape.

    No caso de que o solicitante persoa física opte pola via electrónica para relacionarse co Igape na tramitación do seu expediente, seralle de aplicación o que corresponda dos números 4 e 5 do artigo 8 desta Resolución.

    Poderán presentar presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, os modelos normalizados dos trámites máis comunmente empregados na tramitación administrativa, que a sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas.

    As notificacións efectuaranse por medios electrónicos, se teñen indicado no formulario de solicitude a súa preferencia polo emprego da notificación electrónica neste procedemento de axudas, ou presencialmente, noutro caso. Poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos.

  • Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es

Despois de presentar

Prazo de resolución: O prazo máximo para resolver será o 31 de xullo de 2017

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 2 de marzo de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 48 do 9 de marzo de 2017).

    • Corrección de erros. Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 88 do 9 de maio de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA901A

Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG302A

Avais do Igape.

Aberto todo o ano

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano