Guía de procedementos e servizos

IG534C

Préstamos previstos no Instrumento Financeiro Préstamos Pemes Galicia - Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 31/10/2017 00:00 - 16/10/2019 23:59

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Publicar as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e convocar os ditos préstamos en réxime de concorrencia non competitiva (procedemento IG534C).

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, en particular para as distintas modalidades de préstamo:

– Préstamos IFI Emprende:

Obxectivo temático 03: mellorar a competividade das pemes.

Prioridade de investimento 03.a: promoción do espírito empresarial, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros de empresas.

Obxectivo específico 03.01.02: creación de novas empresas e viveiros de empresas, en particular mellorando o acceso ao financiamento e a servizos de apoio avanzados.

Actuación 3.1.2.1.b: instrumentos financeiros dirixidos aos investimentos en activos tanxibles e intanxibles, aprovisionamentos para a posta en marcha, e outros gastos iniciais para novas persoas emprendedoras ou empresas de recente creación.

Campo de intervención CE067: desenvolvemento empresarial das pemes, apoio ao espírito de empresa e á incubación (incluído o apoio ás empresas incipientes e empresas derivadas).

– Préstamos IFI Industria 4.0 e IFI Relanzamento:

Obxectivo temático 03: mellorar a competividade das pemes.

Prioridade de investimento 03.d: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo, turístico, cultural e comercial.

Actuación 3.4.1.3.b: instrumentos financeiros para proxectos de investimento empresarial para promover o crecemento e a consolidación das pemes.

Campo de intervención CE001: investimentos produtivos xenéricos en pequenas e medianas empresas (pemes).

– Préstamos IFI Innova:

Obxectivo temático 01: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

Prioridade de investimento 01.b: fomento do investimento empresarial en I+i, desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes.

Obxectivo específico 01.02.01: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora.

Actuación 1.2.1.3: instrumentos financeiros para a mobilización de capital privado.

Campo de intervención CE064: procesos de investigación e innovación nas pemes (incluíndo sistemas de vales, procesos, deseño, servizos e innovación social).

Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas pequenas ou medianas empresas ou microempresas, conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Complexo Adtvo. San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Email: informa@igape.es

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

31/10/2017 00:00 - 16/10/2019 23:59

Segundo a Resolución do 27 de decembro de 2018 (DOG nº 247 do 28 de decembro de 2018) amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 31 de decembro de 2019.

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme os requisitos que se detallan no anexo 1.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo 1 poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigacións que como beneficiaria correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en crise. Para estes efectos terase en conta a definición de empresa en crise que para as pemes se establece no punto 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías (DOUE L 187, do 26 de xuño). En todo caso, entenderase que unha peme se atopa nesta situación cando concorra algún dos seguintes supostos:

1º. En sociedades mercantís, cando da dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que consideren «fondos propios») resulte un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito. Para este cálculo terase en conta o balance das contas anuais correspondente ao último exercicio pechado que fosen depositadas no Rexistro Mercantil ou, alternativamente, un balance de situación a unha data máis recente acompañado de informe de auditoría independente favorable, que non poderá incluír limitacións ao alcance nin excepcións que poidan poñer de manifesto unha sobrevaloración dos fondos propios.

2º. Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de insolvencia ou reúna os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia a petición dos seus acredores. En particular entenderanse nesta situación ao atopárense declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 da Lei 22/2003, do 9 de xullo. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do artigo 5.bis da citada Lei 22/2003, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento.

c) As entidades en que concorrese algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) A documentación específica sinalada no anexo 1 para cada modalidade do produto financeiro.

    • b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

    • c) En caso de sociedades mercantís:

      • 1º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se for o caso, no rexistro competente.

      • 2º. Contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado.

      • 3º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

    • d) En caso de sociedades en constitución:

      • 1º. Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai a constituír.

      • 2º. Proxecto de estatutos da sociedade.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de resolución. Para tal fin, terá que ser presentada no Igape a escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, no prazo máximo dun mes desde a presentación da instancia de solicitude. Transcorrido o devandito prazo sen presentala ou se a documentación presentada for incorrecta, e logo de requirimento para a súa corrección no prazo de dez días, o Igape arquivará o expediente.

  • e) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

  • f) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

  • g) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas ou declaración responsable de non estaren as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

  • h) Se for o caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

  • i) Relación detallada dos investimentos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

  • j) Copia do contrato de aluguer/concesión das instalacións obxecto do proxecto de investimento, se for o caso.

  • k) Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa representante.

  • b) NIF da entidade solicitante.

  • c) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

  • d) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa AEAT.

  • e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

  • g) Declaración do imposto da renda das persoas físicas do último exercicio no caso de persoas físicas ou comunidades de bens.

  • h) Para o estudo da solicitude e o seguimento posterior das operacións, será necesario cualificar o risco de crédito. Exclusivamente con esta finalidade poderanse solicitar informes de solvencia financeira da solicitante e dos seus avalistas, dos rexistros mercantís e da propiedade, da Central de Información de Riscos do Banco de España, así como de bases de datos, públicas e privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que participen no financiamento do proxecto, así como das sociedades de garantía recíproca.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Unha vez xerada a solicitude, deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo 5.1), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As solicitudes de préstamo e achega da documentación realizaranse por medios electrónicos, incluídas persoas físicas, tendo en conta que, tendo a condición de empresarios, considérase acreditado o acceso e dispoñibilidade de medios para o efecto, sen prexuízo do cal se poñen á disposición as oficinas do Igape e un número de teléfono específico de información especializada, para prestarlles a asistencia e medios técnicos para o efecto.

No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considérase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a corrección.

  • Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

    • a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura baste para acreditar a vontade do solicitante.

    • b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG núm. 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

    • c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá anexar necesariamente un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

    • d) Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

    • e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante de recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

  • De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirir ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

Así mesmo, de conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 7.2. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá dixitalizar previamente os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do devandito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 16 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2017).

    • Extracto da Resolución do 16 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2017).

    • Corrección de erros. Resolución do 16 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 230 do 4 de decembro de 2017).

    • Resolución do 21 de setembro de 2018 pola que se lles dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas por este organismo durante o primeiro trimestre de 2018 (DOG nº 189 do 3 de outubro de 2018).

    • Resolución do 26 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o segundo trimestre de 2018 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2018).

    • Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se modifica a Resolución do 16 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 247 do 28 de decembro de 2018).

    • Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se modifica a Resolución do 16 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 247 do 28 de decembro de 2018).

    • Resolución do 2 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestre de 2018 (DOG nº 179 do 20 de setembro de 2019).

    • Resolución do 21 de abril de 2021 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o primeiro e segundo trimestres de 2020 (DOG nº 82 do 3 de maio de 2021).

    • Resolución do 19 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2020 (DOG nº 210 do 2 de novembro de 2021).

    • Resolución do 1 de febreiro de 2022 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas por este instituto durante o primeiro trimestre de 2021 (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano