Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED702B
Obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Apróbase a convocatoria para a presentación de solicitudes por parte dos interesados que desexen obter a avaliación para poder ser contratados como persoal docente e investigador por algunha das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia (SUG), como profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor (ED702B), de conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e que debe emitir a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor e non se atopen en ningún dos supostos regulados no artigo 4 da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e informe da ACSUG previos á contratación de profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981534173
Fax: 981534174
Prazo de presentación: PECHADO
21/06/2017 00:00 - 20/07/2017 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de avaliación, de conformidade co disposto no artigo 9 da citada Orde do 17 de setembro de 2009, formalizaranse no modelo de solicitude (anexo I) que se deberá cubrir e validar dixitalmente a través da aplicación informática da ACSUG, á cal se poderá acceder a través da páxina web www.acsug.es. Deberá indicarse para cal ou cales das figuras contractuais se solicita a avaliación. No caso de que se pida máis dunha figura, farase na mesma solicitude.
Unha vez cuberta e validada a solicitude na aplicación da ACSUG, e realizado o pagamento da taxa correspondente, poderá presentarse destas dúas formas:
a) Por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderá dirixirse ao teléfono de información 012.
b) De forma presencial, impresa e debidamente asinada, en calquera dos lugares e rexistros relacionados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Con independencia da opción elixida para a presentación da solicitude será imprescindible, para a súa admisión á trámite, a achega da seguinte documentación:
Anexo I (solicitude) que xera a aplicación informática da ACSUG.
O xustificante do pagamento das taxas que corresponda, en función do número de figuras solicitadas.
A documentación a que se fai referencia no parágrafo anterior presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo coa copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Cando as solicitudes presentadas en prazo non vaian acompañadas dos documentos exixidos nesta base, ou non reúnan os requisitos exixidos no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como nestas bases, requirirase o interesado para que proceda á súa emenda de conformidade co disposto no artigo 68 da citada norma. De non facelo, considerarase desistida a petición e arquivarase o expediente.
O curriculum vitae formalizarase no formato dixital dispoñible na aplicación informática á cal se poderá acceder a través da páxina web www.acsug.es. Só se valorarán os méritos que aparezan alegados no curriculum vitae cubertos deste xeito. No caso de que un mérito sexa susceptible de ser alegado en distintas epígrafes do currículo, o interesado elixirá o lugar onde desexa que aquel sexa valorado.
A documentación xustificativa dos méritos curriculares alegados deberase presentar en soporte dixital (CD-ROM) xunto coa solicitude, na forma establecida na base quinta.
Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes non se admitirá ningunha documentación xustificativa dos méritos curriculares. As correspondentes avaliacións faranse con base nos xustificantes dos méritos que achegase o interesado ata ese momento, sen prexuízo do cal a ACSUG poderá requirir dos solicitantes as aclaracións e concrecións que considere oportunas.
Coa excepción dos documentos indicados na base quinta, non se admitirá ningún documento xustificativo en formato papel, sen prexuízo do cal a ACSUG poderá solicitar ao interesado, ao longo da tramitación do procedemento, os orixinais ou copias compulsadas da documentación achegada.
Tendo en conta que o solicitante asina unha declaración respecto da veracidade dos datos que fai constar na solicitude e no curriculum vitae, así como de toda a documentación xustificativa que se xunta á solicitude, os interesados asumirán as responsabilidades que poidan derivar das inexactitudes que consten nestes documentos.
Os solicitantes deberán xustificar da maneira máis adecuada e completa posible a realización dos méritos curriculares alegados. Sen prexuízo do anterior, os méritos que se relacionan a continuación soamente serán tidos en conta cando se xustifiquen da forma que expresamente se indica:
A docencia universitaria regrada xustificarase cun certificado da autoridade académica competente emitido pola universidade en que se prestase aquela, no cal deberán constar as materias e o número de horas ou créditos impartidos.
O expediente académico xustificarase a través dun certificado expedido pola autoridade competente, no cal figurará a nota media calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificación nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Os cursos e másters recibidos xustificaranse co correspondente certificado en que conste o número de horas destes.
As bolsas e as axudas acreditaranse a través da credencial emitida polo organismo pagador destas.
Os proxectos e contratos de investigación competitivos e non competitivos xustificaranse coa documentación en que conste a súa concesión por parte do organismo pagador, as características, o posto ocupado como membro do proxecto e o seu carácter internacional, nacional, autonómico, interuniversitario ou interdepartamental.
A actividade profesional desenvolvida xustificarase prioritariamente coa presentación da copia dos correspondentes contratos de traballo e o certificado de vida laboral da Seguridade Social.
Para acreditar libros, artigos e demais publicacións será suficiente con entregar unha copia escaneada da primeira e última folla, índice e folla onde figure o ISBN, ISSN, depósito legal, etc.
No caso de publicacións telemáticas, se son de acceso libre, sinalarase o modo de acceso. En caso contrario xuntarase o arquivo da publicación en que figure o ISBN, ISSN, depósito legal, etc.
No caso de traballos aceptados e pendentes de publicación xustificaranse coa aceptación da editorial ou organismo responsable da publicación.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
O documento acreditativo da personalidade do solicitante (DNI ou equivalente).
O título universitario de doutor.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se regula a avaliación e o informe da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia previos á contratación de profesor contratado doutor, profesor axudante doutor, profesor de universidade privada e profesor colaborador (DOG nº 189 do 25 de setembro de 2009).
-
Resolución do 26 de abril de 2017 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59
Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59
Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Prazo pechado: 06/09/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59