Guía de procedementos e servizos

CT402C

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 31/03/2017 00:00 - 31/08/2017 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.

No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

E, supletoriamente:

d) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.

e) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

f) Lei 39/2015, do 16 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, do réxime xurídico do sector público.

Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017:

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

- Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a cal solicita a subvención.

- Ter asinado no momento da solicitude o/s contrato/s ou convite/s con contido económico.

Poderanse acoller a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións/concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Beneficiarias: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

- Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a cal solicita a subvención.

- Ter asinado no momento da solicitude o/s contrato/s ou convite/s con contido económico.

Modalidade A.3: subvencións para asistir a feiras e mercados culturais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para asistir a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.

Requisitos:

- Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a cal solicita a subvención

- Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado

- Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria

Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.

Beneficiarias: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderanse acoller a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. Polo menos, a metade deberán ser en espazos que non formen parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Se o número de representacións é impar, exixirase que a metade menos un sexan en espazos que non formen parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.

Requisitos:

- Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a cal solicita a subvención

- Ter asinado no momento da solicitude o/s contrato/s ou cesións.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077 / 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano