Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS310Q
Xuventude Crea.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen o programa Xuventude Crea, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017, e que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.
As persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2017 agás o establecido no capítulo II segundo para cada especialidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541689
Fax: 981545843
Prazo de presentación: PECHADO
15/07/2017 00:00 - 31/08/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de agosto de 2017.
1. Poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2017 agás o establecido no capítulo II segundo para cada especialidade.
2. Enténdese por profesional para os efectos da presente disposición, aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta en que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
3. Agás no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
4. Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
5. A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nesta disposición, e unicamente a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non acadarse unha participación mínima de dez solicitantes logo de comunicación a estas persoas.
6. A información contida neste artigo debe ser cumprimentada co disposto no capítulo II (parte específica).
A solicitude das persoas participantes deberá facerse no impreso de solicitude (anexo I).
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Se é o caso, da obra ou da documentación que corresponda de acordo co disposto na parte específica para cada especialidade concreta. Tanto na obra como na documentación citada non figurarán datos que identifiquen o autor ou autora.
b) Un sobre pechado en cuxo exterior figurará exclusivamente o título e o pseudónimo do autor ou da autora, e no cal irá o boletín de inscrición (anexo II) debidamente cuberto, xunto coa seguinte documentación:
1) Copia do DNI polas dúas caras ou de documento oficial que acredite suficientemente a identidade (se a persoa participante é un grupo será a de todos os membros do grupo), só no caso de que a persoa interesada ou os membros do grupo deneguen expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. No caso de denegación expresa por parte dun grupo utilizarase o anexo III, para facer constar esta circunstancia.
2) No caso de que a persoa participante sexa menor de idade precísase autorización do/da pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión con ela relacionada.
3) Certificado de empadroamento, no caso de que a persoa solicitante interesada ou os membros do grupo deneguen expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. No caso de denegación expresa por parte dun grupo utilizarase o anexo III, para facer constar esta circunstancia.
4) Calquera soporte audiovisual que se envíe (CD, DVD...) deberá ter as óptimas condicións de visionado e gravado.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de empadroamento da persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes deberán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 6 de xullo de 2017 pola que se convoca o programa Xuventude Crea (DOG nº 134 do 14 de xullo de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano