Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR970B
Bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Consello da Cultura Galega.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
A duración de cada unha das bolsas será de seis (6) meses e iniciaranse previsiblemente o 1 de xuño de 2016. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa; en calquera caso, a data límite de finalización das bolsas será o 31 de decembro de 2016.
As persoas que non se incorporen no prazo establecido perderán os dereitos inherentes á bolsa concedida, agás causa xustificada de atraso apreciada polo presidente do Consello da Cultura Galega.
As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión da titulación académica requirida para a bolsa para a cal presente solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter acabados os estudos conducentes a el no curso académico 2010/11 ou posterior.
c) Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.
d) Non resultar beneficiario dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.
e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro).
Comunidade Autónoma de Galicia
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar-Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Prazo de presentación: PECHADO
05/04/2016 00:00 - 04/05/2016 23:59
Un mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:
Ser licenciado/a ou graduado/a en Comunicación, Humanidades, Ciencias Socias ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
Valoraranse como méritos:
Posuír experiencia en edición de textos e edición dixital.
Posuír coñecementos de tradución e corrección.
Posuír coñecementos de informática.
2. Requisitos específicos das persoas solicitantes: Dúas bolsas para colaborar na Área de Documentación
Ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:
Ser licenciado/a ou graduado/a en Documentación, Humanidades ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
Valoraranse como méritos:
Posuír coñecementos de catalogación en formatos Marc.
Posuír coñecementos de programas de catalogación.
Posuír coñecementos de informática.
Posuír experiencia en xestión documental.
Xunto coa solicitude (segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución) presentarase, ademais, a seguinte documentación en orixinal ou copia:
DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade
Título academico requirido no anexo correspondente (só no caso de non autorizar a súa consulta) ou, no caso de non telo, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.
Certificación academica oficial completa na cal se fará constar a nota media do expediente academico da titulación, obtida de acordo co baremo establecido na Resolución da Secretaría Xeral Tecnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro). Os/as titulados/as que accederon a estudos de 2º ciclo desde unha titulación de 1º ciclo deberán enviar, ademais, a certificación deste 1º ciclo, igualmente con expresión da nota media do expediente academico.
Os e as solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación academica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xurada. A certificación do expediente academico indicará: a data de iniciación e remate dos estudos, os creditos superados e as cualificacións obtidas. Deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de creditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE núm. 224, do 18 de setembro), como aos que se deben incluír no suplemento europeo ao título (SET). A nota media do expediente academico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola Resolución do 15 de setembro de 2011.
Currículo, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos específicos e meritos alegados.
Copia do título de lingua galega (nivel perfeccionamento ou Celga 4), só no caso de non autorizar a súa consulta.
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos terán a mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Os formularios tamen estarán dispoñibles na páxina web do Consello da Cultura Galega (http://www.consellodacultura.gal).
A presentación das solicitudes poderá, de igual forma, facerse de forma presencial no Rexistro do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar; praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela).
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 10 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria. (DOG nº 63 do 4 de abril de 2016).
-
Corrección de erros. Resolución do 10 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria (DOG nº 71 do 14 de abril de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.
Aberto todo o ano
Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.
Aberto todo o ano
Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.
Aberto todo o ano
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG - GPC.
Prazo pechado: 24/01/2025 00:00 - 24/02/2025 23:59