Guía de procedementos e servizos

PR770I

Bolsas de formación na área de ciencia económica no sector público.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Prazo pechado: 13/12/2016 00:00 - 12/01/2017 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público.

A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva.

Poderán solicitar estas bolsas todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan os seguintes requisitos no momento de terminar o prazo de presentación de solicitudes:

- Acreditar ter terminados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en economía.

- Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.

- Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou, no caso do ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, un compromiso expreso de renunciar a eses con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.

O/a bolseiro/a seleccionado/a comprometerase a:

a) Desempeñar as actividades de formación e de colaboración na materia que se describe nos artigos anteriores, de luns a venres, en horario de mañá e/ou tarde, de acordo coa distribución que realice a EGAP.

b) Cumprir co programa de formación establecido pola directora da EGAP, baixo o asesoramento, orientación e dirección dos/as funcionarios/as que se designen a tales efectos, e asistir ás actividades formativas que a escola considere convenientes. Os gastos ocasionados con motivo destas actividades serán pagos pola escola con cargo á aplicación orzamentaria 05.80.122B.480.0 na que se habilitará previamente o crédito para este fin, despois de que o/a xefe/a do servizo de Estudos, Investigación e Publicacións certifique os gastos producidos. Os gastos de desprazamento, aloxamento e mantemento non poderán superar a contía establecida para o grupo II do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre as indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

c) Colaborar nas accións formativas da EGAP, de estimarse oportuno.

d) Presentar os informes, formularios e demais documentos que lle exixa a EGAP con motivo da xestión do programa de formación e, ao finalizar a bolsa, informe de todas as actividades desenvolvidas durante o tempo de goce da bolsa, así como da formación recibida.

e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control interno.

f) Reintegrar as cantidades percibidas no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a concesión da bolsa.

g) Presentar antes do último pagamento declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546041

Fax: 981546336

Email: egap@xunta.gal

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Outros procedementos relacionados

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA680A

Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI900A

Designación de asociacións, organizacións e colectivos LGTBI e outras entidades relacionadas coa defensa dos dereitos das persoas LGTBI.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano