Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE402B
Inscrición no censo de embarcacións autorizadas na reserva mariña os Miñarzos.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996052
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
22/04/2016 00:00 - 21/05/2016 23:59
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
a) O permiso de explotación da embarcación que estará en vigor deberá conter algunha das modalidades autorizadas no ámbito da Remip-Os Miñarzos, de acordo co establecido nos artigos 5 e 6 bis do Decreto 87/2007, do 12 de abril, o artigo 4 da Orde do 27 de novembro de 2007, e o Plan de xestión integral aprobado para o ano 2016.
b) A embarcación terá porto base na Comunidade Autónoma galega e deberá estar inscrita no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.
As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
a) Copia cotexada do DNI ou NIE da persoa solicitante, en caso de non ter autorizado á Consellería do Mar a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As persoas propietarias e/ou armadoras das embarcacións xa inscritas no censo aprobado pola Resolución do 13 de abril de 2015, non teñen que presentar unha nova solicitude para continuar inscritas no censo.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).
-
Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 88 do 8 de maio de 2007).
-
Corrección de erros.-Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 137 do 16 de xullo de 2007).
-
Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 236 do 7 de decembro de 2007).
-
Corrección de erros.-Orde do 27 de novembro de 2007 pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 243 do 18 de decembro de 2007)
-
Decreto 241/2008, do 2 de outubro, polo que se modifica o Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 210 do 29 de outubro de 2008).
-
Resolución do 11 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 76 do 21 de abril de 2016).
-
Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifica a Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e a xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 48 do 10 de marzo de 2009).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.
Prazo aberto: 19/12/2025 00:00 - 19/01/2026 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Permiso de explotación para embarcación.
Aberto todo o ano