Guía de procedementos e servizos

MR441B

Declaración de colleita de uva.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Pechado

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Este decreto ten por obxecto regular o potencial de produción vitícola da Comunidade Autónoma de Galicia, contribuíndo á súa ordenación territorial, no marco da regulamentación do sector vitivinícola na UE e da normativa básica estatal, fundamentalmente no que atinxe:

a) O sistema de dereitos de plantación de viñedo.

b) As plantacións ilegais de viñedo.

c) A xestión e o control do potencial produtivo no sector vitivinícola mediante o Rexistro Vitícola de Galicia (RVG).

d) A viticultura e o seu desenvolvemento sustentable.

As disposicións contidas neste decreto son necesarias para o seguimento da evolución do potencial produtivo e serán de aplicación unicamente ás plantacións destinadas á produción de uva de vinificación e ao cultivo de viñas nais de enxertos no territorio galego.

Viticultores.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540079

Fax: 981546268

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294462

Fax: 982294411

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, 22 - 1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386948

Fax: 988386940

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, 7-1º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805455

Fax: 986805569

Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas
Requisitos e documentación

Pode obter máis información sobre este procedemento na pestana "Vitivinícola" do portal do FOGGA

Prazo de presentación: PECHADO

O prazo de presentación de solicitudes para a campaña do ano 2020 é ata o 10 de decembro de 2020.

Persoas obrigadas a presentar a declaración:

Todos os colleiteiros definidos como a persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, que obtén o produto anual da parcela de viñedo ben por ser o propietario dela ou por ter atribuído un dereito sobre ela.

Persoas exentes de presentar a declaración:

As que destinan a totalidade da súa colleita ao consumo en estado natural, á pasificación ou á transformación directa en zume de uva.

Aquelas cuxas explotacións teñan menos de 0,1 hectáreas de viñedo en produción e que non teñan comercializado, nin vaian comercializar, ningunha parte da súa colleita.

Aqueles cuxas explotacións teñan menos de 0,1 hectáreas de viñedo e que entreguen a totalidade da colleita a unha adega cooperativa ou a unha agrupación da cal sexan socios ou membros.

Número de declaracións que debe presentar cada persoa obrigada:

O colleiteiro cubrirá unha declaración por cada unidade territorial establecida pola Comunidade Autónoma na cal posúa superficie de viñedo en produción, utilizando un único exemplar do presente anexo II a referido ao viñedo situado na devandita unidade territorial.

  • Declaración segundo o Anexo D:II a.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2012).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237B

Programas de planificación zoosanitaria

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59